Blogia

SD PONTE CARREIRA

ALTO VOLTAXE (5 - 0)

ALTO VOLTAXE (5 - 0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Chino, Meixide, Raul, Cristian, Marco , Daniel, David Gómez e Gonzalo.
  SUPLENTES: Martín, Budiño e Lano.

 GOLES: 1 - 0 David Gómez, 2 - 0 Gonzalo, 3 - 0 David Gómez, Gonzalo, 5 - 0 Daniel.

  Encarrilaba o partido a SD PONTE CARREIRA que xa no descanso con goles de David e Gonzalo  gañaba con claridade, cimentando a victoria nun gran ataque  e sen permitir os locais apenas acercarse a portería defendida por Manolo. 

  Na segunda metade os locais volcados sobre a portería visitante e marcando un ritmo de menos a máis, dispón de innumerables ocasións de gol e deste xeito consegue facer o terceiro gol os poucos minutos da reanudación. Os dianteiros de kike continuan dando avisos en sendos disparos ante a pasividade da defensa visitante e ata se permiten errar un penalti que Daniel envía a esquerda do meta do Vizoño B.

  Os carreirenses non alteran o seu sistema de xogo e seguen creando moitos ocos onde Daniel e Martín a base de cintura fan estragos. Así nunha internada pola esquerda o centro do bravo interior esquerdo rematao Gonzalo o fondo das mallas.

  Antes de que o colexiado sinalara o remate do encontro Daniel faría o quinto da maña para o cadro azulón.

  Resultado corto para a Sd que ben puido meterlle un serio correctivo a un Vizoño B que en ningun momento amosou sinais de perigo. O vindeiro Domingo a SD PONTE CARREIRA visitará Vilamaior nun encontro que se disputará ás 17.00 horas e si o fútbol é xusto....permitirá o MERECIDO ASCENSO A SEGUNDA. FORZA SD!!!!!!!

A SD ENSINA OS DENTES (1 - 3)

A SD ENSINA OS DENTES (1 - 3)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Budiño, Lino, Gonzalo, Meixide, Raul, Martín, Marco , Daniel, David Gómez e Zaca.
  SUPLENTES: Chino, Michel e Lano.

  GOLES: 0 - 1 Raul, 0 - 2 Chino, 0 - 3 David Gómez, 1 - 3 (---).

  A SD PONTE CARREIRA non xogou un bo partido fronte a un Poulo que estivo desaparecido ata os derradeiros vinte minutos de encontro.

  Comezan os locais moi metidos atrás, deixando enormes espacios para a maniobra e non era de extranar que nos primeiros dez minutos xa dispuxeran Daniel e David Gómez de duas ocasións para inaugurar o marcador. A SD basaba todo o seu fútbol na constante presión no medio do campo, non deixando en ningún momento mover o esférico o Poulo, e as aperturas á banda esquerda eran aproveitadas pola velocidade de Daniel que creaba moitos problemas á defensa ordense forzando numerosas faltas o borde da área.

  Con esta situación no campo, o Poulo non aparecía en ataque e nesta primeira metade non conseguiu inquedar ó cancerbeiro carreirense. Todo o contrario que o equipo de Kike que se amosaba moi activo nos derradeiros metros e Zaca, Daniel, David e Martín dispoñen de varias ocasións para adiantarse no electrónico pero o porteiro local por duas veces e a mala puntería fan que o resultado sexa inalterable.

  Todo era producto da liberdade qe daba o Poulo no xogo da SD, xa que non fixaban as marcas e a inspiración de Daniel creaba mordente ós visitantes, e así, antes de que o colexiado sinalara o camiño dos vestiarios, Raul fai o único tanto co que se chegaria o decanso.

  No tempo de lecer, Kike da entrada no terreo a Michel e Chino, no sitio de Zaca e un lesionado Meixide. Sería precisamente Chino o encargado de por o 0 a 2, despois dun centro do hábil extremo Daniel, que o dianteiro visitante envía o fondo das mallas.

  Na seguinte xogada, a presión feita polo cadro carreirense, propicia un despiste defensivo nos locais e David Gómez fai o terceiro para a SD. 0 - 3 no minuto 65, todo indicaba unha goleada pero o Poulo comeza a achegarse a portería de Manolo e nunha internada pola dereita, o pase da morte é enviado o pao no que podía ser o 1 - 3. A partires de ahí, pásase o típico partido que se lle atraganta a SD e na seguinte xogada os locais poñen o 1 - 3 no marcador.

  A cousa non ía ben cando ós azulóns estaban defendendo máis que atacando, o tráfico polo medio do campo xa era descomunal e ningún balón xogado os extremos xeraba perigo, a banda esquerda estaba orfa e incluso o Poulo se permite o luxo de facer do seu lateral dereito un extremo que en momentos chega con suma facilidade.

  Os derradeiros cartuchos foron para os locais pero xa non quedaba tempo para máis, o colexiado sinalaría o final do encontro con ese reultado coñecido de 1 - 3.

  Este equipo ten moita calidade e moito amor propio, ca actitude amosada no primeiro tempo moi poucos equipos poden gañarlle a SD. FORZA PONTE CARREIRA!!!!

RESULTADO CÓMODO(4 - 0)

RESULTADO CÓMODO(4 - 0)

ALIÑACIÓN: Manolo, Budiño, Lino, Gonzalo, Meixide, Kiko, Martín, Marco , Cristian , David Gómez e Zaca.
SUPLENTES: Elías e Lano.

GOLES: 1 - 0 David Gómez, 2 - 0 Kiko, 3 - 0 Zaca, 4 - 0 Elías.

  Tarde soleada e apetecible para a práctica do fútbol a vivida este domingo na Chousa. Non parecía un partido de trámite nin moito menos o disputado fronte a un Oza dos Ríos que sempre se mostra moi valente contra os equipos da parte alta da táboa, pero os xogadores da SD amosaron a sua mellor cara e acadaron os tres puntos nun partido que puido acabar en goleada.

  Comeza o encontro con iniciativa dos locais que xa nos primeiros 15 minutos dispoñen de varias ocasións claras de gol por medio de Zaca e un inspiradísimo David Gómez. O cadro local chegaba unha e outra vez buscando sempre a verticalidade e sentido no pase onde nos deradeiros 20 metros era unha constante fonte de recursos e David, Zaca, Martín e Cristian rompían o entramado defensivo visitante, e asi no minuto 32 unha falta que saca Kiko dende a esquerda e enviada ó fondo das mallas por David Gómez.

  O Oza dos Ríos pola sua parte, apenas inquedaba a portería local, agás nun disparo lonxano que Manolo despexa sen apuros. A Sd, ante a pasividade visitante, continua chegando polas bandas onde Martín encontra unha autopista para pór esas asistencias ás que nos ten acostumados, e así nunha internada pola dereita o cancerbeiro visitante comete un claro penalti sobre David que Kiko transformaría no 2 a 0, resultado co que se chegaría o descanso.

  Na prolongación, o equipo carreirense, cun Oza totalmente entregado, continua cun dominio abrumador e non tarda en facer o terceiro gol da tarde por obra de Zaca, que acto seguido deixaría o seu sitio a Elías recibindo unha calurosa ovación. O partido queda totalmente destrozado e ás ocasións son constantes, metidos totalmente no partido e recordando os mellores tempos da Sd, con intensidade e despregando un fútbol raseado que fai levantar das bancadas os siareiros locais.

  Estaba sendo un partido no que tan só había un equipo sobre o terreo de xogo e non era outro que o PONTE CARREIRA, mostra desta superioridade é que o porteiro visitante se converteu no mellor xogador do Oza. Con Lano no campo en deprimento de Marco, os pupilos de Kike conseguen o 4 - 0 ó transformar unha pena máxima por medio de Elías.

  A SD PONTE CARREIRA desprazárase o vindeiro Domingo a terras ordenses para enfrontarse ó Poulo ás 17.00 horas. A SD NUNCA CAMIÑARÁ SOA!!!!!!!

PASO ATRÁS (1 - 1)

PASO ATRÁS (1 - 1)

  ALIÑACIÓN: Cristian, Michel, Chino, David Gómez, Meixide, Raul, Martín, Marco , Gonzalo , Pablito e Daniel.
  SUPLENTES: Elías, Budiño, Lano, Kiko e Zaca.

  GOLES: 1 - 0 Exposición, 1 - 1 Chino.

   Presentábse a SD no Municipal de Toques despois da derrota na casa pola mínima fronte o Melide, e ante un cadro local moi forte na casa e que xa na primeira volta acadara un empate na Chousa. O equipo azulón saltou o céspede ca consigna de gañar, si ou si, e deste modo nos primeiros minutos foi o encargado de levar o peso do encontro, ainda que sería o Toques por medio de Carril o primeiro en dispoñer dunha clara ocasión de gol que Cristian saca fenomenalmente a córner. A SD, demostra porque é o líder e nos seguintes minutos acosa a portería toquense, Pablito e Gonzalo non son quen de inaugurar o marcador, nun balón que saca debaixo dos paos un defensa local.

  Pola sua parte, o Toques continua creando perigo e nunha internada pola dereita envía un balón o longueiro, o rechace cae a pes de Exposición e fai o 1 - 0 para os locais. A partir de ahí, o cadro visitante, con máis corazón que cabeza, busca o empate con balóns o eixe do ataque pero Pablito atopábase moi só e non consegue rematalas xogadas. Con este resultado chegaríase o remate da primeira parte.

  Na segunda metade, o cadro de Kike, sabendo o que xoga, sae volcado na portería local e o gol do empate era cuestión de tempo, xa que por varias veces prodúcense sendos disparos entre os tres paos que Iker despexa con apuros, a SD móstrase como un bloque sólido e compacto moi ben posicionado onde cada xogador sabe das suas cualidades e limitacións, e unha gran selección de pases que chegan o seu destino, precisamente nunha desas xogadas chegaría o penalti que daría pé o empate por medio de Chino (1 - 1).

  A SD tiña a díficil papeleta de darlle a volta ó partido, e máis compricado se lle puxo ca expulsión de Daniel por dobre cartulina amarela, o Toques mostrábase conformista co resultado, sen protagonismo e deixando que o rival movera ficha, buscando máis o erro do contrario que xerando o seu xogo propio, e así na derradeira xogada, Gonzalo non pode acadar o segundo tanto despois dunha maxistral asistencia de Elías. Antes do pitido final, o colexiado deixou ben claro que o mundo da  arbitraxe non é o seu, mandando a Chino os vestiarios.

  Con este empate a SD cae a segunda praza da táboa e de seguro que non vai deixar de loitar nos catro partidos que restan para ACADALO ASCENSO!!!!!    FORZA SD!!!!

   O vindeiro partido será o Domingo 13 ás 17.00 horas na Chousa fronte o Oza Dos Rios, esperamos un día máis a masiva afluencia dos siareiros carreirenses que nos levarán moi pronto ó liderazgo do campionato.

TRES PUNTOS DE OURO (0 - 2)

TRES PUNTOS DE OURO (0 - 2)

  ALIÑACIÓN: David Gómez, Cristian, Michel, Gonzalo, Lino, Raul, Martín, Kiko, Budiño, Pablito e Daniel.
  SUPLENTES: Elías e Zaca.

  GOLES: 0 - 1 Zaca, 0 - 2 Daniel.

   Partido sen moita historia o disputado en Visantoña entre dous equipos que xogan a distintas velocidades, os goles sairon das botas dun expléndido Zaca e Daniel que deron algo de lustro a nun encontro no que o cadro local nunca inquedou a meta da SD.

  Este é a SD de verdade, a qe sempre da a cara, nun partido que se presentaba moi dificil polas numerosas baixas e ante un Visantoña que se crece cando se enfronta os equipos mellor clasificados. O cadro de Kike comeza moi forte e cun esquema netamente ofensivo dende o minuto un sen dar un respiro os locais, que se defendían con orden a hora de patear o balón pero sen ideas claras a hora de sácalo controlado xa que Raúl e Kiko exercían unha constante presión polo interior. Sen embargo, serían os locais os primeiros en dispoñer dunha ocasión de gol que David Gómez envia a corner.

  A partir de ahí so existiu un equipo no terreo de xogo, a SD fíxose ca situación do encontro, o balón pasa a propiedade dos visitantes que o moven con soltura e precisión pero non con tanta eficacia cara a portería, ó Visantoña comezan a compricárselle as cousas cando Raul parece un imán para os segundos balóns, e por conseguinte Pablito e Budiño teñen que retrasar a sua posición a altura da medular, o partido pasa a un descomunal atasco onde era imposible acadar dous pases seguidos, e así con ese descontrol pasan varios minutos ata que chegan as mellores accións individuais onde Pablito e Daniel recepcionan e canalizan varias asistencias de Kiko que a piques están de terminar en gol.

   Os carreirenses saen nesta segunda metade máis ofensivamente e coa intención de poñer as cousas no su sitio mete en apreto os locais, que se tiveron que multiplicar por mil para sacudir esa agobiante presión da SD, pero o gol non quería facer acto de presencia e o cancerbeiro local envia a saque de esquina un maxistral tiro dende fora da area de Martín. Kike, move fiche e Pablito deixa o seu lugar a Elías.

   Pasban os minutos e o líder non acadaba o ansiado gol nun campo onde o inmediato perseguidor, o Cire Melide, caera derrotado polos locais. Budiño e Daniel en varias arrancadas dan algo de mordente o xogo ofensivo e presiaxaban un final movido nos minutos que faltaban, pero é cando aparece Zaca en escea, recordando a filmatografía de Richard Harris "Un home chamado cabalo", e o bravo dianteiro azulón sube o equipo as suas costas e comeza a levantar o numeroso público das bancadas con varias xogadas e remates que case terminan en gol.

   E chega o gol que rompe o encontro en mil anacos e a moral dos lcais bota trizas, e non podia ser outro que Zaca, despois dun barullo na area empuxa o balón o fondo das mallas, a afección réndese ós seus pes e corea o seu nome, impresionante Zaca. Este é a SD que tanto desexamos os siareiros, un cadro peleón que nunca tira o partido nas primeiras de cambio e Daniel nun contraataque pon o 0 - 2 en xogada individual.

   Un partido menos e a SD continua coa renta de 4 puntos nesa loita co Cire Melide que será o vindeiro rival na Chousa o Domingo 30 ás 16.30 horas. Partido no que pedimos unha vez mais os folgos desta afección que nunca nos defrauda, FORZA SD!!!!!

  

  

  

MAL ENCONTRO MELLOR RESULTADO (1-0)

  ALIÑACIÓN: David Gómez, Lano, Meixide, Chino, Lino, Raul, Martín, Kiko, Gonzalo,Elías e Daniel.
  SUPLENTES: Budiño e Pablito.

  GOLES: 1 - 0 Raúl.

   Nada mellor que o compromiso dos xogadores, todo iso suple a posesión do balón, calidade e estilismo en monótonas xogadas individuais que nada aportan o xogo colectivo, nunha tarde de domingo na que o fútbol saiu ferido de gravedade do céspede da Chousa.

  Moi pronto se observa que o fútbol ía a ser rácano hasta a extunuación, ben porque se trataba dun derbi local ou ben polas infinitas baixas que presentaba a SD. Kike, unha vez máis tivo que inxeniar un novo once no que destacaba a presencia de Elías na punta do ataque e a ausencia de Manolo era suplida por un "tocado" David Gómez.

   O San Estevo  comeza ensinando as suas cartas xogando de farol, fai a seña dun as pero na man tan só tiña unha sota para intentar levala partida, e outro tanto a SD POPNTE CARREIRA que dende o primeiro minuto amosa unhas alarmantes lagunas na transición de balón na medular.  Os locais son os primeiros en pisala area dos visitantes co balón controlado pero sen moita convicción no seu propio fútbol, as internadas polas bandas son as que propician as mellores ocasións de gol onde Raúl e Elías non son quen de bater o fenómenal porteiro de Abella. Con este resultado de empate a cero goles chegaríase o descanso.

   O segundo tempo comeza cun troco que a posteriori sería definitivo para a SD. Elías abandoa o terreo de xogo e Pablito é o encargado de sustituílo. Con este troco Kike busca máis velocidade nos derradeiros metros e pegada. Así despois dos primeiros 15 minutos que se podrían denominar "minutos da basura" sen desmarques, sen relevos nin xogadas encarando a portería, sen un tiro con perigo e sen ideas claras, Pablito consegue chegar a liña de fondo pola esquerda e o seu magnífico centro, rematao Raúl na boca do gol acadando o 1 - 0, nun partido que se puxera moi costa arriba.

   O San Estevo, toma as rendas do encontro, acoso permanente para a defensa azulona, onde Lino, Chino, Lano e Meixide son os encargados de afastar o perigo e amosar o porqué somos o equipo menos batido do campeonato. Cos visitantes volcados o ataque, a SD monta un contrataque no que Daniel non pode acadar o gol da tranquilidade despois dunha maxistral intervención do gardamallas visitante. A falta de 5 minutos, o San Estevo desperdicia unha ocasión de ouro nun remate de cabeza do Quinto pero o seu disparo sae lamendo o pao cando na grada xa se via o esférico no fondo das mallas. 

   Esta non é a SD de verdade, a que tantas tardes de gloria ten obsequiado a afección, pero as baixas e as gañas dos rivais por gañarlle ó LIDER da categoría poñen dende o minuto un e ata o noventa a emoción no marcador.

  Quedan sete finais e a SD dispon dos mellores xogadores da categoría para acadar cinco vitorias que nos levarian de novo a Segunda Autonómica, para iso é imprescindible gañar os dous próximos partidos e......A DISFRUTALO.

RESULTADO INXUSTO (2 -1)

RESULTADO INXUSTO (2 -1)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Lano, Meixide, Michel, Chino, Lino, Raul, Martín, Kiko, Gonzalo e Daniel.
  SUPLENTES: Zaca, Elias, Budiño,Pablito e Fontes.

  GOLES: 1 - 0 Óscar, 1 - 1 Daniel, 2 - 1 Óscar.

   A Sd Ponte Carreira puxo o fútbol e o Ordes os goles. As vitorias dos rivais nunca se poden por en tea de xuizo, aplaudeselle, felicitaselle e deséxaselle o mellor pero é de lei recoñecer que a SD lle dou un baño de fútbol a un Ordes que chegou tres veces a portería e acadou dous tantos.

   Comeza o partido con dominio de balón dos locais que pronto encontran o seu premio nun disparo dende 40 metros que sorprende a Manolo e pon o partido moi costa arriba para o lider da categoría. O equipo de Kike, acostumado a xogar co resultado a favor, tiña a dificil papeleta de remontar o encontro ante un Ordes que, despois do gol, comeza a replegarse ante o acoso dos carreirenses que se mostran moi ambiciosos e cun claro debuxo ofensivo. Gonzalo, Daniel e Raúl dispoñen de senllas ocasións de gol pero non son quen de acadar o ansiado empate.

  No medio do campo a batalla era librada ó ritmo do Ponte Carreira que facía circular o balón as bandas, varias galopadas de Martín e Daniel culminan con sendos centros moi pechados, pero a envergadura da defensa ordense afasta o perigo. O partido estaba a ser un monólogo e parecía que o gol dos visitantes non tardaría en chegar, así no minuto 30 un mal despexe do cancerbeiro local recolleo Daniel e pon o empate no electrónico (1 - 1).

  Dende ese momento o cadro local perde o sitio no terreo de xogo e por moitos minutos e cando o típico xogo raso a un toque entre Kiko, Raúl, Gonzalo e Daniel comeza a causar estragos na defensa do Ordes, e non lle queda mais remedio que forzar ata tres faltas o borde da area en tan só 10 minutos, das que unha se vai o pao. Nos derradeiros minutos deste periodo a SD dispuxo de outra ocasión por medio de Martín que o gardamallas envia maxistralmente a córner.

   Na segunda metade só existiu un equipo, o Ponte Carreira, para o bo e o menos bo, xa que o segundo gol dos locais foi un agasallo dos carreirenses. Tras o descanso o Ordes métese atrás e o dominio é total e absoluto do equipo dirixido por Kike que da entrada no campo a Fontes. Parecía que o Ordes non tiña delanteiros e os once xogadores se colgaran do longueiro pa defendelo resultado, Fontes por duas veces  a piques está de marcar pero do que podía ser o 1 - 2 pásase o agasallo dos tres puntos da Sd despois dun mal despexe da defensa visitante que bate nun xogador do Ordes e só ten que sortear a Manolo para por o 2 -1. Increíble pero certo.

    Saques de esquina, faltas o borde da area, xogo raso a un toque, abrindo xogo ás bandas, xogadas individuais, xogadas colectivas, colgando balóns moi pechados, a Sd xa non podía facer mais do que estaba a facer xa que o Ordes estaba á defensiva total.

   A Sd Ponte Carreira bateuse o cobre sobre o terreo de xogo, Kike mostrouse moi valente e os xogadores derono todo pero cando as cousas se torcen e o balón non quere entrar, o mellor é esquecerse do encontro e pensar no próximo rival.

   O vindeiro Domingo visita a Chousa o sempre compricado San Estevo, esperamos a axuda da afección a partir das 16.30. Agora mais que nunca....... FORZA SD!!!!!!

 

MÁIS LÍDER (2 - 0)

MÁIS LÍDER (2 - 0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Lino, Raul, Martín, Kiko, Zaca, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES: Lano, Gonzalo, Cristian,Budiño e Pablito.

  GOLES: 1-0 Raúl, 2-0 Daniel.

  Cumprironse os pronósticos e a SD acadou unha nova vitoria fronte a un crecido e en racha Atl. Sobrado que malia non dispoñer de grandes ocasións prantou cara nun partido marcado polas numerosas baixas do cadro local.

  Moi pronto chegan as ocasións para a SD, e no primeiro minuto do encontro, un centro dende a esquerda de Daniel non atopa rematador e pasease pola area visitante. O equipo de kike, parecía ter as ideas moi claras e chega en varias xogadas con moito perigo pero Zaca, que voltaba o once inicial, Cristian e David Gómez non son quen de bater o meta visitante despois das magníficas asistencias de Daniel, que estaba a ser o auténtico pesadelo da defensa do Sobrado. O equipo de Lito acusa estas internadas, monta unha liña defensiva moi atrás e intenta saír en contragolpes combinados e por varias veces consegue disparar dende a media distancia pero sen levar perigo a meta defendida por Manolo.

  Pero pronto tería Kike que debuxar un novo esquema, pois David Gómez tiña que abandoar o terreo de xogo por lesión e engadíase ás baixas de Marco, Fontes, Piti, Juan Carlos e Elías. Lano entraba no campo como lateral esquerdo e Michel adianta a sua posición. O que parecía ser un contratempo, convertiríase na clave do encontro. Antes de que o colexiado sinalara o camiño dos vestiarios, a SD dispuxo da maís clara ocasión nun lanzamento que se foi o longueiro.

   Seguramente nos vestiarios se tivo que falar da falta de gol, pois na primeira chegada local, unha xogada moi ben levada polo incansable Daniel, remata Raúl a pracer facendo xustiza o que se estaba a presenciar na Chousa.

   A partir do gol local é o Atlético Sobrado o que domina o esférico e a piques está de conseguilo empate nunha xogada na que Lano saca o balón debaixo do paos despois dunha fenómenal intervención de Manolo. O líder, non podía deixar escapar dous puntos de ouro e vólcase o ataque. Gran intensidade de circulación do coiro, posicionamento mais riguroso e marcando o medio defensivo tan só uns metros por diante da defensa Sobradense pero sacando o balón con moita frescura, así se amosa a SD que chega en numerosas ocasións e consegue o seu segundo gol por mediación de Daniel de forte disparo. O equipo visitante que demostrou o porqué da sua fenómenal marcha nesta segunda volta, nunca perdeu a sua identidade e  fixo un gran desgaste físico.

   Terminaría o encontro con este 2 - 0 a prol da SD, que ve como os seus inmediatos perseguidores van perdendo fuelle, disputará o próximo encontro en Ordes o vindeiro sábado ás 19.00 horas no sempre compricado campo de Vista Alegre. SIAREIROS....ESPERAMOS A CONFIANZA QUE ESTADES A AMOSAR PARTIDO A PARTIDO!!!

O LÍDER NON CEDE (1-3)

O LÍDER NON CEDE (1-3)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Lino, Marco, Martín, Kiko, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES: Lano, Elías, Cristian, Zaca e Pablito.

  Presentábase un partido moi compricado e coa importante baixa de Raul, pero a SD nunha segunda metade pletórica, acadou os tres puntos que o fin de contas é o que reflexará a clasificación o final da tempada.

  Comeza os locais metidos no seu propio campo pero, en varias contras detectan a unha SD apática nas marcaxes, sen explosividade de saída e sen moitas ideas no cruce, enormes boquetes facían do céspede unha auténtica autopista onde Jose Lino e Chino sembran un caos e os dianteiros locais se convirten nun pesadelo.

  No minuto 15, a SD atópase co primeiro contratempo, Marco ten que abandoar o terreo de xogo por lesión e Kike vese na obriga de restructurar o esquema e dá entrada a Zaca que sería o gran protagonista do encontro. O equipo azulón marcou tres puntas conxugando velocidade e destreza, Daniel pola esquerda, Zaca en punta e David Gómez na segunda liña, a consigna parecía moi clara a hora de lanzar ós extremos pero non tan clara a hora de xogar o balón nos derradeiros 20 metros encarando a portería. O gol parecía vir en calquer momento e, así chega nun pase en profundidade onde Daniel se desmarca como os grandes dianteiros, o seu centro non é atallado polo meta local e Zaca moi ben colocado acada 0 a 1.

  O Mesía comeza a movelos fios do partido o seu antoxo e nótase que sabe moi ben o que quere nos seus desprazamentos buscando unha e outra vez as costas da lenta defensa carreirense, o que propicia a mellor ocasión local que Manolo aborta cunha fenómenal parada amosando o porqué é o porteiro menos goleado do campionato. Chégase con este resultado pola mínima o remate da primeira metade pero con un Kike moi enfadado polo xogo que estaba a facer a SD PONTE CARREIRA.

   Na reanudación, o eqipo visitante busca o ADN do seu xogo e desmarque, e abofé que consegue reencontrarse co verdadeiro xogo, pero a defensa local moi expeditiva facíase unha e outra vez coa situación do esférico.

   Acto seguido, Gonzalo deixa o seu sitio a Lano que se vai a banda dereita, Martín colle o mediocentro con Kiko e a SD comeza a xogar balóns o pé, Zaca en varias ocasións encara a portería co balón controlado pero a defensa local parecía ter as pilas cargadas e mostrábase moi contundente. Con tanto dominio visitante, tiña que chegar o segundo tanto e foi nunha xogada de tiraliñas onde Daniel lle pon a Zaca un balón raso o primeiro pao que maxistralmente toca para acadar o segundo gol na sua conta particular. Mesía 0 - Zaca 2.

  A partir de ese intre, a SD intensifica a circulacion do balón con mais toques e buscando unha saída de balón polo interior que se convertía en numerosos ocos polas bandas aproveitando a movilidade de Meixide que sería o encargado de anotar o terceiro gol despois dunha galopada pola banda dereita no minuto 35 da segunda. Todo un portento físico.

  Pablito, Elías e Cristian tamén tiveron a sua oportunidade nun encontro no que o Mesía acadaría o seu gol a piques do pitido final despois de un mal despexe da defensa visitante.

   A SD PONTE CARREIRA agradece, unha vez mais , o apoio da afección que se desprazou a Mesía e convidaos o vindeiro Domingo ás 16.15 na Chousa a presenciar un novo encontro fronte o Atl. Sobrado que está a ser un dos mellores equipos nesta segunda volta.

 

 

NOVENA VITORIA CONSECUTIVA (1-0)

NOVENA VITORIA CONSECUTIVA (1-0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, David Gómez, Marco, Raúl, Cristian, Gonzalo, kiko e Daniel.
  SUPLENTES: Lano, Elías, Budiño, Zaca e Martín.

  O San Martiño demostrou ser un equipo rocoso e moi competitivo na Chousa, sen embargo, o que non contaban os visitantes era ca reacción da SD que na segunda metade levou o peso do partido co seu toque e desmarque xerando claras ocasións de gol.

  Moi forte empezan os locais e os primeiros avisos serios chegan nos minutos iniciais, como ese balón que Cristian, dende o vértice da área grande, golpea salvando ó cancerbeiro pero o defensa visitante envia a córner con moitos apuros. A iniciativa é, por momentos do San Martiño, que cun fútbol moi elástico e criterio posicional presenta diversas opcións para ir o ataque e monta contragolpes pola esquerda pero que son anulados maxistralmente pola inespugnable defensa azulona. A SD, tarda bastantes minutos en presentarse o ataque con solvencia, e é por medio de Gonzalo que dispón de duas ocasións pero non é quen de alterar o resultado do encontro. O atasco dos carreirenses viña pola posición un tanto retrasada de Kiko e Raúl, que recibían moi de costas para distribuir, e o San Martiño cunha gran presión nos tres cuartos ofensivos mete unha e outra vez o xogo local nunha espiral de precipitacións e descontrol onde os pases non chegan o seu destino. Acababa asi a primeira metade co resultado inicial de 0 - 0.

  Kike toma nota do acontecido e dende o minuto un da segunda parte, vese unha SD mais ambiciosa, intelixente e que pelexa todos os balóns posibles cunha tatuaxe na fronte "NON SE ESCAPARÁN OS TRES PUNTOS".

  Gonzalo dá o primeiro aviso ós cincos minutos, onde engancha un balón que sae fora por ben pouco, os laterais da SD convirtense en carrileiros de fondo e por varias veces consiguen centrar dende a liña, é nun centro dende a dereita que salva o porteiro e Daniel de cabeza acada o 1 -0 no minuto vinte da segunda.

 A partir de aí, as novas incorporacións dispoñen de varias ocasións. Ó San Martiño entralle o cosquilleo co xogo desbordante dos locais, retrasan operativos, e asi Zaca e Piti comezan a romper o armanzón visitante e o gol rolda a portería dos de Cerceda pero a sorte e o pao fan que o colexiado sinale o final do encontro sen alterarse o marcador.

   A SD continua no primeiro posto da táboa unha xornada mais. O vindeiro encontro será en Mesía o domingo 17 de Febreiro ás 16.15 horas. 

ÚLTIMA HORA

ÚLTIMA HORA

 VIZOÑO S.D. "B" / S.D. PONTE CARREIRA 16/12/2007

   FINALIZADA LA INFORMACION ABIERTA ANTE RECLAMACION PRESENTADA POR EL VIZOÑO S.D. "B", Y VISTAS LAS ALEGACIONES FORMULADAS POR LA S.D. PONTECARREIRA, DE TODO ELLO SE DEDUCE QUE EN EL ENCUENTRO DE REFERENCIA ACTUO EN LA S.D. PONTECARREIRA EL JUGADOR ELIAS GOMEZ SANCHEZ, JUGADOR QUE HA SUSCRITO LICENCIA DE ACUERDO CON EL REGLAMENTO ESTABLECIDO, EL 07/12/07, POR LO QUE SE HALLABA EN CONDICIONES VALIDAS PARA ACTUAR, POR LO QUE SE ACUERDA:

  DESESTIMAR LA RECLAMACION, (ART. 77

FORTE A DOMICILIO (0 -4)

FORTE A DOMICILIO (0 -4)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Jose Lino, Marco, Raúl, Cristian, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES: Lano, Elías, Budiño, Zaca e Kiko.

  Partido cómodo para o equipo de Kike, que presentou un once inicial baseado na verticalidade e baseando o xogo nas bandas do equipo.

  Tras un primeiro cuarto de hora con dominio claro de balón , e tímidos ataques sen ocasións reseñables de gol, a SD, foi quen de tomar as rendas do encontro e por medio de David , abriría o marcador no min  20 despois de anticiparse ó cancerbeiro local e por o 0 a 1 no electrónico. Cando un partido se pon tan cedo de cara, o que marca soe botarse atrás para defendela arremetida do rival, e sobretodo cando se xoga fora da casa nun campo moi compricado polas reducidas dimensións do terreo, pero lonxe disto, o lider da categoría, continua con ataques e chegadas a meta local, Gonzalo e Cristian dispoñen de sendas ocasións que a piques estan de por o segundo tanto antes de que o colexiado sinale o camiño dos vestiarios.

  Na reanudación, os carreirenses tratan de finiquitar o partido e nun córner botado maxistralmente por Daniel, Gonzalo acada o 0 a 2. Dende aí , o Dorneda B, perdeu o o sitio sobre o terreo de xogo, a clave nos próximos minutos, unha vez mais sería o medio do campo onde Raul e Marco con un gran traballo de desgaste saben interpretar á perfección o rol, e convirtense nos gardaespaldas da defensa menos goleada do campionato.

  Ó mesmo tempo, o desgaste físico e agobiante presión da primeira liña azulona era un escollo insalvable para o equipo de Oleiros que o intentaba colgando balóns  dende a portería pero nada podian facer ante a embergadura da defensa visitante, que, unha vez mais se mostrou intratable.

  A medida que os minutos ian pasando, a SD, moito mais metida no partido, puña a proba ó cancerbeiro local, erixíndose no mellor xogador do Dorneda B. O 0 - 3, sería obra de Raul, despois dun corner dende a dereita. O equipo de Kike, sabe o que quere e nunca se conforma co resultado, e así no saque do terceiro gol, Gonzalo rouba o balón e dende o frontal da area fai o cuarto por toda a escadra.

  Era o momento das rotacións, e nos seguintes minutos, Zaca, Budiño e Lano poideron aumentar a renda goleadora.

  A SD PONTE CARREIRA acada a oitava vitoria consecutiva e ahora xa só pensa no San Martiño o vindeiro Domingo ás 16.15 na Chousa.

XORNADA REDONDA (1-0)

XORNADA REDONDA (1-0)

 ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Jose Lino, Marco, Raúl, Martín, Budiño, Gonzalo e David Gómez.
SUPLENTES: Lano, Elías, Daniel e Zaca.

Moi poucas veces foi capaz a SD de impoñer o seu estilo de xogo combinativo, o Boimorto C.F. meteu o partido nun embudo cun fútbol trabado e moi físico, pero seria o equipo de Kike o primeiro en por a proba ó cancerbeiro visitante, despois dun centro medido dende a dereita de Martín que, Gonzalo non é quen de enviar o fondo das mallas.

  Foron os mellores minutos dun PONTE CARREIRA, que no min. 29 se adiantaría por obra de Raul nun potente disparo dende o borde da area, facendo xustiza o que os siareiros estaban a presenciar dende as bancadas.

  A partir de aí, a SD perde a sua identidade e segue a estela de xogo do Boimorto, moito contacto físico, sempre con legalidade e pouco fútbol no pesado campo da Chousa.

  No medio de campo, Raul e Marco, gañaban a batalla unha e outra vez ós mediocentros visitantes, o que facilitaba o traballo da titánica defensa da SD, que un encontro mais remata co marcador a cero. Co resultado en contra, o Boimorto colle o dominio do esférico e duas galopadas culminan con sendos centros moi pechados que Manolo desvía a corner maxistralmente.

  Antes de rematala primeira metade, Gonzalo, un pesadelo para a defensa celeste, tivo o segundo tanto nas suas botas pero a fenomenal actuación do porteiro faría que o electrónico non se movera.

  Na segunda metade, nunha aposta moi valente de Kike, Daniel e Lano entran por Budiño e Marco, é o Boimorto o encargado de manexar o balón pero a SD defendía cun orden militar impresionante e digno de eloxio, o que fai, que as escasas chegadas nunca sexan un problema para a meta carreirense.

  Antes de que o colexiado indicase o camiño os vestiairos, Zaca que entrou en lugar de Gonzalo, inventa unha xogada na que se vai de dous contrarios pero o seu tiro morre ás mans do porteiro visitante.

  Con esta vitoria pola mínima, a SD PONTE CARREIRA, continua no mais alto da taboa e a seis puntos do seu inmediato perseguidor, o Cire Melide que caeu derrotado na sua cancha fronte o Oza Dos Rios.

   O vindeiro partido do equipo azulón será o sábado 26 en Dorneda, ás 16.30 horas.

 

APROBADO ALTO (1 - 3)

APROBADO ALTO (1 - 3)

ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Jose Lino, Marco, Raúl, Martín, Cristian, Gonzalo e David Gómez.
SUPLENTES: Lano, Elías, Budiño, Zaca e Kiko.

Unha SD PONTE CARREIRA moi madura, serena e rozando a perfección, así vai sacando os partidos adiante o equipo dirixido por Kike, e si fai un par de meses  detectébase unha obsesión polo medo a perder, hoxe en día xógase a un ritmo frenético e tratando de que o rival non impoña o seu estilo de xogo.

 Presentábase un partido moi compricado en Perillo, onde o equipo local non cedera nin un so punto no que vai de campionato, pero a SD nun magnífico encontro de desgaste físico e técnico acadou a vitoria nun encontro moi intenso dende o primeiro e ata o derradeiro minuto.

  Moi xuntos comezan os dous equipos, e sobre todo polo medio do campo, onde o Perillo trata de xogar pola zona ancha con balóns os seus puntas que tiveron moitos problemas, xa que a defensa carreirense cortaba con solvencia entregando o coiro de cara, o campo contrario. A SD faise co dominio do esférico con continuas chegadas onde Gonzalo e Dino son unha constante ameaza para a defensa local, e nunha internada pola banda esquerda, Cristian dá un pase maxistral a Dino que de forte disparo bate o cancerbeiro coruñés.

 O cadro azulón, lonxe de replegarse, envorcase o ataque e nun saque de esquina, Martín ponlle o balón milimetricamente a Chino que acada o 0 - 2, resultado co que se chegaría o descanso.

 Na reanudación, o equipo visitante "paga" o esforzo físico feito na primeira metade e a medida que o tempo vai pasando, o Perillo comeza a colgar balóns moi pechados sobre a portería de Manolo pero os visitantes mostrábanse moi seguros e en ningun momento os locais deron a sensación de poder marcar. Foi nunha xogada desafortunada onde o Perillo acadaría o único tanto despois de que lle caera o balón nos pes o dianteiro que non perdoa e reduce distancias.

   A SD, non podía deixar escapar estes tres puntos, despois do impecable partido que estaba a desenvolver e na seguinte xogada acadaría o 1 -3 por mediación de Zaca que sentenciaba o encontro. 

  Antes de que o arbitro pitara o final, os locais deixaron a sua nota negativa, despois de propinar un codazo a un xogador carreirense e con continuas provocacións.

  Con esta TRABALLADA E MERECIDISIMA vitoria a SD PONTE CARREIRA continua no mais alto da taboa e xa pensa no vindeiro rival que visitará a Chousa o Domingo 20 de Xaneiro ás 16.00 horas que non é outro que o Boimorto.

ADESTRAMENTO (3 - 0)

    PARTIDO NO DISPUTADO ANTE INCOMPARECENCIA DEL ENCROBAS C.F..
    RECIBIDO ESCRITO DEL ENCROBAS C.F. INDICANDO QUE SU INCOMPARECENCIA ES MOTIVADA POR LESIONES E INDISPOSICIONES DE SUS JUGADORES, PERO NO PUDIENDO PRESENTAR
JUSTIFICANTES AL RESPECTO, SE ACUERDA:
DECLARAR VENCEDOR DEL ENCUENTRO, MEDIANTE LA ADJUDICACION DE LOS 3 PUNTOS Y POR EL RESULTADO DE S.D. PONTECARREIRA (3)-ENCROBAS C.F. (0), A LA S.D.
PONTECARREIRA, Y DESCONTAR 2 PUNTOS AL ENCROBAS C.F. DE SU CLASIFICACION GENERAL (FEDERACIÓN GALLEGA DE FÚTBOL ARTS. 77 Y 103, 1).

  Este fin de semana foi inusual no campo da Ponte pois o Encrobas F.C. non se presentou ás 16.00 horas na Chousa. O equipo de Kike aproveitou esta situación para exercitarse e poder acudir o vindeiro domingo a Perillo na mellor forma posible, xa que, nos espera un partido moi compricado. Pedimos, unha vez mais,  que a afección acuda a  este partido tan importante para as nosas aspiracións.

  Para os siareiros e corpo tecnico que non coñezan o campo, decirlle que o Excmo. Concello de Oleiros nos facilitou a tarea:

    Hola , o campo de futbol onde xoga o Atlético Perillo está na Urbanización Icaria,  en Montrove ( comparte campo co Unión Campestre de Montrove).

Tamén podedes entrar a esta urbanización desde a estrada N-VI,  antes de chegar a Perillo desde Madrid. (desde unha gasoliñeira que está en dirección Coruña)

Saúdos.

Luis H. Alvedro.Técnico Municipal de Deporte

¡¡¡¡¡ CAMPIÓN DE INVERNO !!!!! (2-0)

¡¡¡¡¡   CAMPIÓN DE INVERNO   !!!!!  (2-0)

ALIÑACIÓN: Cristian, Meixide, Michel, Chino, David Gómez, Marco, Budiño, Raúl, Martín, Gonzalo e Daniel.
SUPLENTES: Lano, Elías, Pablito, Zaca e Kiko.

   Non se lle pode pedir mais nesta primeira volta o corpo técnico, xogadores e siareiros da SD PONTE CARREIRA que rematan o 2007 ....LÍDERES!!!!!!

  Partido complicado para o equipo de Kike, que a pesares de non ver perigar o resultado en ningun momento encontrou no Vilarmaior un equipo forte, rocoso e moi disciplinado.

  Sería Gonzalo o encargado de dar o primeiro aviso nun contragolpe cun disparo frouxo que o meta visitante atrapa sen apuros. Os seguintes trinta minutos foron sen dominio claro de balón, o equipo local busca a verticalidade e entrada polas bandas  pero con tímidos ataques e sen ocasións reseñables de gol. A piques de chegar o descanso un centro de Martín dende a dereita, onde o gardamallas visitante non mide ben a sua saída, é aproveitado por Gonzalo para porlle en bandexa a Marcos Meixide que so ten que empuxar o esférico para facer 1-0.

  Na reanudación, o equipo azulón saiu en busca do segundo gol para finiquitar o encontro. Kike, que está a facer unha maxistral tempada no banco coas famosas "rotacións", da entrada no terreo de xogo a Pablito en sustitución de Michel, para intentar acadar o segundo tanto buscando as costas da defensa visitante coa sua velocidade. Lano e Zaca son as novas incorporacións, e con eles chega o 2-0 nunha internada novamente pola dereita que remata o primeiro na liña do gol.

  A falta de un cuarto de hora para a conclusión do partido, Elías e Kiko son os seguintes en pisar a Chousa e deixan sendos detalles de calidade nunha xogada que poñería fin o encontro.

   Dende aquí o meu apoio a xogadores, adestrador, presidente, siaeiros e entorno azulón polo esforzo que están a amosar para acadar o ansiado ascenso. Non baixedes a garda!!!!!

   Desexámosvos a TODOS unhas FELICES FESTAS E UN FELIZ 2008. Lembrámoslle que o vindeiro partido da SD PONTE CARREIRA terá lugar o Domingo  6 de Xaneiro ás 16.00 horas na Chousa fronte o Encrobas C.F.

ARROLLADOR (1-5)

ARROLLADOR (1-5)

ALIÑACIÓN: Cristian, Meixide, Michel, Chino, Lino, Marco, Budiño, Raúl, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
SUPLENTES: Lano, Elías, Pablito, Zaca e Kiko.

  Impresionante a SD PONTE CARREIRA, que acada a sua terceira vitoria consecutiva e uns números de equipo campeón con 16 goles a prol nos últimos compromisos. Enfronte tiña a todo un  Vizoño "B" que vendeu moi cara a derrota.

  ¿Será este o equipo que veremos  o longo da tempada? Esa é a pregunta do millón que se fan os siareiros carreirenses. A verdade é que ata o momento nada se lle pode decir o equipo dirixido maxistralmente por Kike.

  O partido en Vizoño púxose moi pronto de cara e sería Budiño con un gran cabezazo o encargado de por o 0-1 no electrónico no minuto 8. Continua a SD presionando e chegando con moita claridade a meta local, David Gómez, envia un tiro o longueiro no que precedería o segundo gol...por non decir "golazo", porque foi nunha xogada de "tiki-taka", na que o balón pasa "mimado" polas botas de ata seis xogadores da SD e finaliza en Gonzalo que acada o 0-2.

 O Vizoño "B", pola sua parte, busca as costas da defensa visitante unha e outra vez e nun despiste defensivo pon o 1-2. O gol desperta os xogadores de KIke que comezan a montar perigosos contraataques e dan outro aviso cun tiro duro que se vai de novo o longueiro, o equipo sabía o que quería e non o pensan duas veces, presionan por todo o campo cun derroche físico non exento de calidade e conseguen o terceiro tanto antes de rematar a primeira metade, 1-3.

 Na segunda metade, Kike dá entrada a Pablito e Lano, os visitantes seguían amosando intelixencia co desenrolo do partido e por tanto co balón en posesión abrían liñas moi escalonadamente e asegurando o pase o compañeiro dispoñen de varias ocasións de gol nas que o cancerbeiro local se mostra moi seguro evitando goles cantados. O público, que unha vez máis viaxou ca SD masivamente, estaba a disfrutar dun partido cheo de emocións e continuas chegadas. Foi nunha desas chegadas, onde se consegue o 1-4 por obra de Budiño. Tan só faltaba o gol de Pablito que conseguía o 1-5 de forte disparo, é a sua terceira semana consecutiva marcando.

 Rematou asi o encontro, no que a nota negativa puxoa o colexiado ensinandolle a Lino, que está a facer unha gran campaña, unha amarela inxusta que lle impedirá xogar o vindeiro domingo fronte o Vilarmaior. Esperamos seguir vendo á SD, un ciclón, con xogadores que parecen ter dez anos menos e mostran o camiño  a seguir impregnando un ambiente ideal.

UN RODETE (6-1)

UN RODETE (6-1)

ALIÑACIÓN: Cristian, Lano, Michel, Chino, Lino, Marco, Martín, Raúl, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
SUPLENTES: Meixide, Budiño, Pablito e Piti.

 Gran partido da SD que acadou tres puntos de ouro para porse de novo no segundo posto da táboa. O equipo local non tivo rival e derrotou a un frouxo Poulo por 6-1. A primeira parte rematou cun 2-1 a prol dos de Kike con goles de Gonzalo e David Gómez.

 Ó pouco de comezar a segunda metade sería David Gómez o encargado de por o 3-1 no marcador, os azulóns que foron de menos a máis acadarían o 4-1 por obra de Meixide. Daniel e Pablito, fixeron o quinto e sexto gol nunha tarde no que o equipo venceu con autoridade  e sen cpmplicacións. Destacar  a volta os terreos de xogo de Elías que saiu na segunda metade e recibiu unha forte ovación.

 

BOAS VIBRACIÓNS (1-5)

BOAS VIBRACIÓNS (1-5)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, David Otero, Gonzalo, Lino, Marco, Martín, Raúl, Chino, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES: Cristian, Budiño, Zaca, Pablito e Lano.

  GOLES: 0 - 1 Daniel, 1 - 1 Oza, 1 - 2 David Gómez, 1 - 3 Gonzalo, 1 - 4 Martín, 1 - 5 Zaca.

 Xusta vitoria da SD PONTE CARREIRA fronte a un Oza que só aguantou os primeiros 45 minutos.
 Moi igualado comezou o encontro en Abegondo, onde nos primeiros 10 minutos se rifaban os balóns na medular sen crear perigo para os gardamallas.
 O primeiro gol chega no minuto 15, falta medida que saca Martín pola dereita do ataque visitante e que Daniel cabecea, libre de marca, establecendo o 0-1. Pero o Oza, co marcador en contra, continuaba buscando as espaldas da defensa carreirense con balóns largos que  creaban moito perigo para o cancerbeiro. O primeiro contratempo para a SD chega no minuto 30, Manolo ten que abandoar o terreo de xogo por lesión, e unha vez máis o equipo ten que afrontar o partido con Cristian baixo os paos. O Oza, comeza a chegar  e consegue empatar nun balón colgado que remata inapelablemente o dianteiro local.
 Remataría a primeira metade con ese empate a un gol.
 Na segunda metade, Kike, pon en punta a Gonzalo e Chino retrasa a sua posición, o dominio da SD é asoballante con un ritmo frenético e continuas chegadas a meta local. O segundo gol non tardaría en chegar, David Gómez introduce o balón na portería no minuto 8 establecendo o 1-2 no electrónico. A partir de ahí , a SD amosou outra cara ben distinta, serio, disciplinado e intelixente, con máis ímpetu a hora de circular o balón e máis garra a hora de presionar a saída dos locais, a iniciativa era visitante e  sería Gonzalo o encargado de por  o 1-3 no taboleiro despois dunha gran xogada individual. A SD, sabía o que quería e non baixou a garda, parecía que o marcador era de empate e continuou con empuxe ata acadar nunha magnifica xogada de tiraliñas o 1-4 por obra de Martín de potente disparo. O equipo azulón era moi superior a un Oza descolocado e antes do pitido final do partido sería Pablito, nunha boa combinación entre Chino e Zaca o que anotaba o 1-5 definitivo.
   A SD PONTE CARREIRA acadaría asi a sua novena vitoria despois de tres partidos sen coñecela. O vindeiro domingo 9 de decembro contra o Poulo o equipo local ten a oportunidade de reconciliarse coa afección e regresar o segundo posto da clasificación, xa que, está a ser na Chousa onde o cadro dirixido por Kike non consegue sacar os partidos adiante.
 

SEN CREATIVIDADE (1-1)

SEN CREATIVIDADE (1-1)


ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, David Otero, Jose Lino, Gonzalo, Raul, Marco, Martín, David, Cristian e Zaca.
SUPLENTES: Lano, Pablito e Budiño.

  Outro dous puntos que voan da Chousa e neste caso non se pode decir que o Toques C.F. non o merecera. Comezou o partido con intensidade e xogando, sobre todo, polo centro do campo, onde moi pronto se estableceron ás marcaxes pero na primeira ocasión de perigo, nun balón dividido, David Gómez gañalle a partida ó porteiro visitante e consegue o 1-0 para a SD. Parecía que o partido non ía ter cor pero os visitantes non se viñeron abaixo e mostráronnse moi ben posicionados sobre o terreo, xogándolle de "tú a tú" o equipo dirixido por Kike. 

  Ían pasando os minutos e a SD non era quen , de matalo partido. Foi Zaca,o xogador máis activo na primeira metade, o que despuxo da mellor ocasión para poñer o 2-0 pero o seu disparo sae lamendo o longueiro. O Toques métese atrás e  cede moitos metros ó borde da area grande pero os carreirenses, en xogadas individuais, non conseguen chegar con claridade, e o esférico case sempre morre a pes da ordenada defensa visitante. Remata, con este resultado pola mínima a primeira metade.

  Na segunda metade, os toquenses, saen máis metidos no partido e comezan a chegar a meta local con moito perigo, a SD, pola súa parte, non se atopa cómodo no campo e a conexión co medio de enganche deixa moitos metros entre liñas e por conseguinte o balón nunca chega con suficiente frescura a dianteira. Nun descoido defensivo, o Toques consegue bater a Manolo cun bonito gol que facía xustiza o que os siareiros estaban a presenciar.

  O partido entra nunha fase de dominio alterno, a SD realiza dous novos trocos dando entrada a Pablito e Lano, pero para marcar goles é imprescindible tirar entre os tres paos. Con excesiva lentitud e sen garra, os locais non poideron pasar do empate nun partido que contaban con numerosas baixas pero non pode ser desculpa para acadar o ansiado ascenso.

  O próximo partido, o sábado fronte o Oza dos Ríos, será a volta ó bo camiño de resultados que este equipo nos ten afeitos.....sen lugar a dúbidas. ENCARRILEMOS O ASCENSO!!!!!