Blogia
SD PONTE CARREIRA

A SD ENSINA OS DENTES (1 - 3)

A SD ENSINA OS DENTES (1 - 3)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Budiño, Lino, Gonzalo, Meixide, Raul, Martín, Marco , Daniel, David Gómez e Zaca.
  SUPLENTES: Chino, Michel e Lano.

  GOLES: 0 - 1 Raul, 0 - 2 Chino, 0 - 3 David Gómez, 1 - 3 (---).

  A SD PONTE CARREIRA non xogou un bo partido fronte a un Poulo que estivo desaparecido ata os derradeiros vinte minutos de encontro.

  Comezan os locais moi metidos atrás, deixando enormes espacios para a maniobra e non era de extranar que nos primeiros dez minutos xa dispuxeran Daniel e David Gómez de duas ocasións para inaugurar o marcador. A SD basaba todo o seu fútbol na constante presión no medio do campo, non deixando en ningún momento mover o esférico o Poulo, e as aperturas á banda esquerda eran aproveitadas pola velocidade de Daniel que creaba moitos problemas á defensa ordense forzando numerosas faltas o borde da área.

  Con esta situación no campo, o Poulo non aparecía en ataque e nesta primeira metade non conseguiu inquedar ó cancerbeiro carreirense. Todo o contrario que o equipo de Kike que se amosaba moi activo nos derradeiros metros e Zaca, Daniel, David e Martín dispoñen de varias ocasións para adiantarse no electrónico pero o porteiro local por duas veces e a mala puntería fan que o resultado sexa inalterable.

  Todo era producto da liberdade qe daba o Poulo no xogo da SD, xa que non fixaban as marcas e a inspiración de Daniel creaba mordente ós visitantes, e así, antes de que o colexiado sinalara o camiño dos vestiarios, Raul fai o único tanto co que se chegaria o decanso.

  No tempo de lecer, Kike da entrada no terreo a Michel e Chino, no sitio de Zaca e un lesionado Meixide. Sería precisamente Chino o encargado de por o 0 a 2, despois dun centro do hábil extremo Daniel, que o dianteiro visitante envía o fondo das mallas.

  Na seguinte xogada, a presión feita polo cadro carreirense, propicia un despiste defensivo nos locais e David Gómez fai o terceiro para a SD. 0 - 3 no minuto 65, todo indicaba unha goleada pero o Poulo comeza a achegarse a portería de Manolo e nunha internada pola dereita, o pase da morte é enviado o pao no que podía ser o 1 - 3. A partires de ahí, pásase o típico partido que se lle atraganta a SD e na seguinte xogada os locais poñen o 1 - 3 no marcador.

  A cousa non ía ben cando ós azulóns estaban defendendo máis que atacando, o tráfico polo medio do campo xa era descomunal e ningún balón xogado os extremos xeraba perigo, a banda esquerda estaba orfa e incluso o Poulo se permite o luxo de facer do seu lateral dereito un extremo que en momentos chega con suma facilidade.

  Os derradeiros cartuchos foron para os locais pero xa non quedaba tempo para máis, o colexiado sinalaría o final do encontro con ese reultado coñecido de 1 - 3.

  Este equipo ten moita calidade e moito amor propio, ca actitude amosada no primeiro tempo moi poucos equipos poden gañarlle a SD. FORZA PONTE CARREIRA!!!!

11 comentarios

jay jay -

non sqezades q o partido é este sabado á mañá...... non vaia aparecer un o domingo...( por exemplo budiño en plan
"metistesma doblada")

dominó -

Vaia granxa tedes montada ahí na Ponte: Un "chino" q pola raza ben podia ser coreano, un "Lano" q non paran de furarlle o ano, unha zoca, un "Lino" q se la casca subido a un pino e ata un Budiño q t la chupa con cariño...

de melide -

jajajaj ;) , canta razón

eu -

Era hora d k a xente razonara un pouco o fin e o cabo so e balompe!!! temos k deixarnos d parvadas e oxala k ascendamos os dous!!!! por suposto a sd directamente e os d melide ca promocion !!!jajja
FORZA SD!!!!!!

Anónimo -

Boas, creo que o de perder os dous encontros co Melide non fai fe, creo recordar que o Cire non foi quen de gañarlle o Oza Dos Rios en ningun encontro e sen embargo sacádeslle 19 puntos. Alégrome de uqe voltara a cordura a este blog e nos deixemos de mandar picadas uns os outros. Disfrutade do momento que os dous equipos estremos en Segunda. Despois da Liga ainda quedan duas repescas....para o Melide claro

de melide -

Ninguén en Melide dubida que a Ponte é un gran equipo, e que este ano está a realizar unha campaña espectacular, ó igual que o Cire. Son os dous mellores equipos desta liga e tiñan que subir os dous directos, aínda así en canto a números, o Cire gañoulle os dous partidos á Ponte.
Pero son só anécdotas ó final será o máis regular quen se leve o campionato.
San Estevo, Viarmaior, Vizoño-b e Visantoña xuices da liga. Quen non falle direto pra segunda e o outro a promocionar.
Un saúdo a xente da SD e en xeral a todos os fradenses.
PD: Como ben dixo un comentario anterior, hai xente que non representa a ninguén.

xurxo -

Rapaces seguide asi que levamos unha gran tempada feita pase o que pase,pero desde logo tou convencido de que ascenderemos dunha maneira ou doutra.Gustariame poñer estes datos informativos, a SD Ponte Carreira e o equipo máis goleador da liga, pero tamen o menos goleado, e tamen o equipo con menos derrotas, isto vai sobre todo para aquela xente de melide que pensa que son moi superiores o noso equipo, os datos estatísticos non fallan.Forza SD.

um melidao -

animos desde melide pra pasar a promoción. non fagades caso de comentarios coma o de arriba, os xogadores saben q a rivalidade é só deportiva, seguro q pra o ano nos atopamos en segunda e tomamos algo na fundacón. brasilia, non representas a ninguém

Brasilia -

Ánimo rapaces q xa estamos en segunda!!!! ... Hostia, pero se me confundín de páxina, esta é a dos perdedores da Ponte, os choróns q pa ó ano seguirán en 3, e nós a 2 de cabeza!!!!
Brigadas AZUIS!!!!!

un de melide -

coná, xa hai electrónico en Poulo, jjaja, un saúdo dende Melide, sorte meus, moi boas as crónicas e moi bon o bló, só dicirvos unha cousa, pero non vos enfadedes, o melide non creo que pinche ;)
o dito, sorte para o que resta, e se xogades a promoción seguro que pasades, veña o dito, vémonos en Segunda para o ano¡¡¡¡

jefe -

buen o q val e qe consigueu os 3 ptos.
veña a gañalos todos. posto q a promocion esta asegurada ai q intentar o ascenso directo!!

o melide vai pinchar!!!

a por todas xogadores!!
po ano en 2a!!