Blogia
SD PONTE CARREIRA

TRES PUNTOS DE OURO (0 - 2)

TRES PUNTOS DE OURO (0 - 2)   ALIÑACIÓN: David Gómez, Cristian, Michel, Gonzalo, Lino, Raul, Martín, Kiko, Budiño, Pablito e Daniel.
  SUPLENTES: Elías e Zaca.

  GOLES: 0 - 1 Zaca, 0 - 2 Daniel.

   Partido sen moita historia o disputado en Visantoña entre dous equipos que xogan a distintas velocidades, os goles sairon das botas dun expléndido Zaca e Daniel que deron algo de lustro a nun encontro no que o cadro local nunca inquedou a meta da SD.

  Este é a SD de verdade, a qe sempre da a cara, nun partido que se presentaba moi dificil polas numerosas baixas e ante un Visantoña que se crece cando se enfronta os equipos mellor clasificados. O cadro de Kike comeza moi forte e cun esquema netamente ofensivo dende o minuto un sen dar un respiro os locais, que se defendían con orden a hora de patear o balón pero sen ideas claras a hora de sácalo controlado xa que Raúl e Kiko exercían unha constante presión polo interior. Sen embargo, serían os locais os primeiros en dispoñer dunha ocasión de gol que David Gómez envia a corner.

  A partir de ahí so existiu un equipo no terreo de xogo, a SD fíxose ca situación do encontro, o balón pasa a propiedade dos visitantes que o moven con soltura e precisión pero non con tanta eficacia cara a portería, ó Visantoña comezan a compricárselle as cousas cando Raul parece un imán para os segundos balóns, e por conseguinte Pablito e Budiño teñen que retrasar a sua posición a altura da medular, o partido pasa a un descomunal atasco onde era imposible acadar dous pases seguidos, e así con ese descontrol pasan varios minutos ata que chegan as mellores accións individuais onde Pablito e Daniel recepcionan e canalizan varias asistencias de Kiko que a piques están de terminar en gol.

   Os carreirenses saen nesta segunda metade máis ofensivamente e coa intención de poñer as cousas no su sitio mete en apreto os locais, que se tiveron que multiplicar por mil para sacudir esa agobiante presión da SD, pero o gol non quería facer acto de presencia e o cancerbeiro local envia a saque de esquina un maxistral tiro dende fora da area de Martín. Kike, move fiche e Pablito deixa o seu lugar a Elías.

   Pasban os minutos e o líder non acadaba o ansiado gol nun campo onde o inmediato perseguidor, o Cire Melide, caera derrotado polos locais. Budiño e Daniel en varias arrancadas dan algo de mordente o xogo ofensivo e presiaxaban un final movido nos minutos que faltaban, pero é cando aparece Zaca en escea, recordando a filmatografía de Richard Harris "Un home chamado cabalo", e o bravo dianteiro azulón sube o equipo as suas costas e comeza a levantar o numeroso público das bancadas con varias xogadas e remates que case terminan en gol.

   E chega o gol que rompe o encontro en mil anacos e a moral dos lcais bota trizas, e non podia ser outro que Zaca, despois dun barullo na area empuxa o balón o fondo das mallas, a afección réndese ós seus pes e corea o seu nome, impresionante Zaca. Este é a SD que tanto desexamos os siareiros, un cadro peleón que nunca tira o partido nas primeiras de cambio e Daniel nun contraataque pon o 0 - 2 en xogada individual.

   Un partido menos e a SD continua coa renta de 4 puntos nesa loita co Cire Melide que será o vindeiro rival na Chousa o Domingo 30 ás 16.30 horas. Partido no que pedimos unha vez mais os folgos desta afección que nunca nos defrauda, FORZA SD!!!!!

  

  

  

5 comentarios

FORZA CIRE!!!! -

Agora somos nos os que decidimos,non comprendo porque non fixechedes a entrada do partido do CIRE,un saúdo e a liga xa ten un gañador,FORZA CIRE!!!!

cire -

Agora dependemos de nos mesmos!!!un por arriba!!!xD Sorte no k keda de tempada!!!

azul -

ian ser 7 pro aora e un,imos ter unha bonita loita dende aki ata o final, actualizade a pax q xa kero ver o q poñedes,je. un saudo e sorte(se pode ser pa promocionar). en serio sorte pa todos

A Ponte Mola -

Este domingo temos que dar o penúltimo esforzo e gañarlle o Melide. Con sete puntos de marxen tan só quedará saber que domingo se ascende pa celebralo. Pero temos que GAÑAR O DOMINGO , VOS PODEDES. FORZA SD!!!!!!

gustame_o_futbol -

o comentario é ben pouco afortunado. Se "laverinto" tentaba crispar,... á vista está de que non o conseguiu.