O LÍDER NON CEDE (1-3)
ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Lino, Marco, Martín, Kiko, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
SUPLENTES: Lano, Elías, Cristian, Zaca e Pablito.
Presentábase un partido moi compricado e coa importante baixa de Raul, pero a SD nunha segunda metade pletórica, acadou os tres puntos que o fin de contas é o que reflexará a clasificación o final da tempada.
Comeza os locais metidos no seu propio campo pero, en varias contras detectan a unha SD apática nas marcaxes, sen explosividade de saída e sen moitas ideas no cruce, enormes boquetes facían do céspede unha auténtica autopista onde Jose Lino e Chino sembran un caos e os dianteiros locais se convirten nun pesadelo.
No minuto 15, a SD atópase co primeiro contratempo, Marco ten que abandoar o terreo de xogo por lesión e Kike vese na obriga de restructurar o esquema e dá entrada a Zaca que sería o gran protagonista do encontro. O equipo azulón marcou tres puntas conxugando velocidade e destreza, Daniel pola esquerda, Zaca en punta e David Gómez na segunda liña, a consigna parecía moi clara a hora de lanzar ós extremos pero non tan clara a hora de xogar o balón nos derradeiros 20 metros encarando a portería. O gol parecía vir en calquer momento e, así chega nun pase en profundidade onde Daniel se desmarca como os grandes dianteiros, o seu centro non é atallado polo meta local e Zaca moi ben colocado acada 0 a 1.
O Mesía comeza a movelos fios do partido o seu antoxo e nótase que sabe moi ben o que quere nos seus desprazamentos buscando unha e outra vez as costas da lenta defensa carreirense, o que propicia a mellor ocasión local que Manolo aborta cunha fenómenal parada amosando o porqué é o porteiro menos goleado do campionato. Chégase con este resultado pola mínima o remate da primeira metade pero con un Kike moi enfadado polo xogo que estaba a facer a SD PONTE CARREIRA.
Na reanudación, o eqipo visitante busca o ADN do seu xogo e desmarque, e abofé que consegue reencontrarse co verdadeiro xogo, pero a defensa local moi expeditiva facíase unha e outra vez coa situación do esférico.
Acto seguido, Gonzalo deixa o seu sitio a Lano que se vai a banda dereita, Martín colle o mediocentro con Kiko e a SD comeza a xogar balóns o pé, Zaca en varias ocasións encara a portería co balón controlado pero a defensa local parecía ter as pilas cargadas e mostrábase moi contundente. Con tanto dominio visitante, tiña que chegar o segundo tanto e foi nunha xogada de tiraliñas onde Daniel lle pon a Zaca un balón raso o primeiro pao que maxistralmente toca para acadar o segundo gol na sua conta particular. Mesía 0 - Zaca 2.
A partir de ese intre, a SD intensifica a circulacion do balón con mais toques e buscando unha saída de balón polo interior que se convertía en numerosos ocos polas bandas aproveitando a movilidade de Meixide que sería o encargado de anotar o terceiro gol despois dunha galopada pola banda dereita no minuto 35 da segunda. Todo un portento físico.
Pablito, Elías e Cristian tamén tiveron a sua oportunidade nun encontro no que o Mesía acadaría o seu gol a piques do pitido final despois de un mal despexe da defensa visitante.
A SD PONTE CARREIRA agradece, unha vez mais , o apoio da afección que se desprazou a Mesía e convidaos o vindeiro Domingo ás 16.15 na Chousa a presenciar un novo encontro fronte o Atl. Sobrado que está a ser un dos mellores equipos nesta segunda volta.
9 comentarios
Anónimo -
Víctor Sobrado -
Saudos
azulón -
Siareiro da Ponte -
un do cire -
VERGONZOSO -
Víctor Sobrado -
O domingo non poderei ir A Chousa pois debo ir animar o Depor nestes momentos onde o alento de cada afeccioado importa máis que nunca para sacar o equipo a flote desta delicada situación.
Nada máis, un saudo dende Sobrado.
Alberto Sobrado -
Polo demais desexarvos o millor que acadedes o ascenso etodas esas cousas
PD:SOBRADO VICTORIA O MUERTE
Anónimo -