Blogia
SD PONTE CARREIRA

UN RODETE (6-1)

UN RODETE (6-1)

ALIÑACIÓN: Cristian, Lano, Michel, Chino, Lino, Marco, Martín, Raúl, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
SUPLENTES: Meixide, Budiño, Pablito e Piti.

 Gran partido da SD que acadou tres puntos de ouro para porse de novo no segundo posto da táboa. O equipo local non tivo rival e derrotou a un frouxo Poulo por 6-1. A primeira parte rematou cun 2-1 a prol dos de Kike con goles de Gonzalo e David Gómez.

 Ó pouco de comezar a segunda metade sería David Gómez o encargado de por o 3-1 no marcador, os azulóns que foron de menos a máis acadarían o 4-1 por obra de Meixide. Daniel e Pablito, fixeron o quinto e sexto gol nunha tarde no que o equipo venceu con autoridade  e sen cpmplicacións. Destacar  a volta os terreos de xogo de Elías que saiu na segunda metade e recibiu unha forte ovación.

 

5 comentarios

Oscar -

Rapaces, espero que este fin de semana gañemos en Vizoño e dar un pasiño máis para poder acadar o tan ansiado ascenso...ESTAREMOS CONVOCSCO!!!!

Quique -

O partido contra o Vizoño será o domingo 16 as 16:00.Estar as 15:15 no campo.

Marco -

¿alguén sabe se xa está confirmado se o partido do Vizoño é o domingo?

Víctor Cabanas -

Espectacular a tempada que está a facer a S.D. tanto vos coma o CIRE merecedes ascender, ogalla teñades sorte e poidades ascender os dous. Un directo e outro na promoción. Que se demostre o poder dos equipos da Montaña.

Saudos dende Sobrado

ToquesCF -

Pois enhoraboa pola clara victoria ante o Poulo. A verdade e q sodes os únicos capaces de faderlle frente o Cire. Seguide así