Blogia
SD PONTE CARREIRA

FORTE A DOMICILIO (0 -4)

FORTE A DOMICILIO (0 -4)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Jose Lino, Marco, Raúl, Cristian, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES: Lano, Elías, Budiño, Zaca e Kiko.

  Partido cómodo para o equipo de Kike, que presentou un once inicial baseado na verticalidade e baseando o xogo nas bandas do equipo.

  Tras un primeiro cuarto de hora con dominio claro de balón , e tímidos ataques sen ocasións reseñables de gol, a SD, foi quen de tomar as rendas do encontro e por medio de David , abriría o marcador no min  20 despois de anticiparse ó cancerbeiro local e por o 0 a 1 no electrónico. Cando un partido se pon tan cedo de cara, o que marca soe botarse atrás para defendela arremetida do rival, e sobretodo cando se xoga fora da casa nun campo moi compricado polas reducidas dimensións do terreo, pero lonxe disto, o lider da categoría, continua con ataques e chegadas a meta local, Gonzalo e Cristian dispoñen de sendas ocasións que a piques estan de por o segundo tanto antes de que o colexiado sinale o camiño dos vestiarios.

  Na reanudación, os carreirenses tratan de finiquitar o partido e nun córner botado maxistralmente por Daniel, Gonzalo acada o 0 a 2. Dende aí , o Dorneda B, perdeu o o sitio sobre o terreo de xogo, a clave nos próximos minutos, unha vez mais sería o medio do campo onde Raul e Marco con un gran traballo de desgaste saben interpretar á perfección o rol, e convirtense nos gardaespaldas da defensa menos goleada do campionato.

  Ó mesmo tempo, o desgaste físico e agobiante presión da primeira liña azulona era un escollo insalvable para o equipo de Oleiros que o intentaba colgando balóns  dende a portería pero nada podian facer ante a embergadura da defensa visitante, que, unha vez mais se mostrou intratable.

  A medida que os minutos ian pasando, a SD, moito mais metida no partido, puña a proba ó cancerbeiro local, erixíndose no mellor xogador do Dorneda B. O 0 - 3, sería obra de Raul, despois dun corner dende a dereita. O equipo de Kike, sabe o que quere e nunca se conforma co resultado, e así no saque do terceiro gol, Gonzalo rouba o balón e dende o frontal da area fai o cuarto por toda a escadra.

  Era o momento das rotacións, e nos seguintes minutos, Zaca, Budiño e Lano poideron aumentar a renda goleadora.

  A SD PONTE CARREIRA acada a oitava vitoria consecutiva e ahora xa só pensa no San Martiño o vindeiro Domingo ás 16.15 na Chousa.

10 comentarios

a segunda oée.. -

ola xente. pos dirixome a aficion da sd pa comunicar o animo a todolos xogadores...
non se pode deixar escapar esta oportunidade tan clara de ascender...seria unha autentica animalada con 6 pts de vantaxa. igual co madrid qe ye leva 6 o barsa. e vai pasar o mesmo. o final da liga o madrid campeon e a sd campeona logrando o ascenso directo. animo!!!

é buenisimo -

Doulle un punto a zaka, porque é un recambio imprescindible par a sd xa que sae con moitas ganas e sempre groza de oportunidades de marcar.
Venga sábado laconada na de chelo.

Oscar -

Gracias Victor, quedan moitos puntos por disputar e non se pode botar o carro diante dos bois, a trayectoria é boa pero o Cire e o Boimorto están a facer tamén unha fenomenal tempada. Sorte para o Sobrado que o pasado domingo acadou unha importante vitoria.

sagus -

boaaaass pos aki k m paso
eu a dar 1 volta
despos d tanto tempo
enga este ano ascenso
kuidansee
peis

Víctor Cabanas -

Impresionante a tempada que estades a facer, eu son dos que penso que tedes todo moi encarrilado para ascender pero está claro que os partidos gañanse no terreo de xogo como din máis arriba e calqueira rival te pode poñer en serios apretos.

Deserxarlle o mellor a S.D. Pontecarreira e o máis importante de todo: que a xente disfrute xogando e non se manque ninguén.

Saudos dende Sobrado

Luisma -

Vaya fenómeno ese tal Zaca. El mejor delantero de la historia de
la SD. Este año a 2ª!!!.

LUIS -

VOS SI QUE SODES GUAPAS E ADEMAIS UNHAS BELLEZAS....... VIDE O VENRES DESPOIS DO EN TRENO QUE VOS ESTARA AGARDANDO... E SE NON É ESE É OUTRO!!!!!! O IMPORTANTE NON É ALTURA.

anónimo -

Non sei se somos os mellores ou non, a tempada está sendo moi boa, pero hai que recordar que fai menos de 2 meses estábamos de terceiros e a oito puntos do líder.... non nos vaia a pasar a nós o mesmo. Só temos que pesar na xornada que ven e non menospreciar a ningún rival por moi abaixo que vaia na clasificación. Teñamos ós pes na terra.

Lucía -

Mi amiga Soni os hizo ayer una pregunta y nadie contestó.
Ya no juega ese xabal en este equipo
En la primera vuelta jugó y era el mejor.
Tiene novia?
Cómo se llama?
Era delantero, guapo aunq no muy alto
Nos ayudáis!!!!!!!!!!!!

Anónimo -

Kedan 10 finais, cinco partidos na casa e outros tantos fóra. Espectacular a tempada, non fagades caso da xente que divulga que non hai equipos que fagan fronte...cada partido gañase no terreo e non na taberna. Noraboa unha vez mais.