Blogia
SD PONTE CARREIRA

ARROLLADOR (1-5)

ARROLLADOR (1-5)

ALIÑACIÓN: Cristian, Meixide, Michel, Chino, Lino, Marco, Budiño, Raúl, Gonzalo, David Gómez e Daniel.
SUPLENTES: Lano, Elías, Pablito, Zaca e Kiko.

  Impresionante a SD PONTE CARREIRA, que acada a sua terceira vitoria consecutiva e uns números de equipo campeón con 16 goles a prol nos últimos compromisos. Enfronte tiña a todo un  Vizoño "B" que vendeu moi cara a derrota.

  ¿Será este o equipo que veremos  o longo da tempada? Esa é a pregunta do millón que se fan os siareiros carreirenses. A verdade é que ata o momento nada se lle pode decir o equipo dirixido maxistralmente por Kike.

  O partido en Vizoño púxose moi pronto de cara e sería Budiño con un gran cabezazo o encargado de por o 0-1 no electrónico no minuto 8. Continua a SD presionando e chegando con moita claridade a meta local, David Gómez, envia un tiro o longueiro no que precedería o segundo gol...por non decir "golazo", porque foi nunha xogada de "tiki-taka", na que o balón pasa "mimado" polas botas de ata seis xogadores da SD e finaliza en Gonzalo que acada o 0-2.

 O Vizoño "B", pola sua parte, busca as costas da defensa visitante unha e outra vez e nun despiste defensivo pon o 1-2. O gol desperta os xogadores de KIke que comezan a montar perigosos contraataques e dan outro aviso cun tiro duro que se vai de novo o longueiro, o equipo sabía o que quería e non o pensan duas veces, presionan por todo o campo cun derroche físico non exento de calidade e conseguen o terceiro tanto antes de rematar a primeira metade, 1-3.

 Na segunda metade, Kike dá entrada a Pablito e Lano, os visitantes seguían amosando intelixencia co desenrolo do partido e por tanto co balón en posesión abrían liñas moi escalonadamente e asegurando o pase o compañeiro dispoñen de varias ocasións de gol nas que o cancerbeiro local se mostra moi seguro evitando goles cantados. O público, que unha vez máis viaxou ca SD masivamente, estaba a disfrutar dun partido cheo de emocións e continuas chegadas. Foi nunha desas chegadas, onde se consegue o 1-4 por obra de Budiño. Tan só faltaba o gol de Pablito que conseguía o 1-5 de forte disparo, é a sua terceira semana consecutiva marcando.

 Rematou asi o encontro, no que a nota negativa puxoa o colexiado ensinandolle a Lino, que está a facer unha gran campaña, unha amarela inxusta que lle impedirá xogar o vindeiro domingo fronte o Vilarmaior. Esperamos seguir vendo á SD, un ciclón, con xogadores que parecen ter dez anos menos e mostran o camiño  a seguir impregnando un ambiente ideal.

3 comentarios

Víctor Cabanas -

Boas pasaba por eiquí en nome da Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude para desexarlle a directiva, xogadores, corpo técnico, socios, afeccioados e toda a xente relacionada coa S.D. Pontecarreira un bo nadal e un próspero 2008.

Saudos dende Sobrado

Jorge -

Ánimo rapaces que este ano e o noso, inda coas dificultades das
lesións de importantes goleadores e porteiro,estamos tirando para diante con grandes resultados,A POLO CIRE!!!!!!!!

Marco -

Cabe salientar que o de Vizoño é un deses campos onde a SD soía facer bos partidos pero raramente se concretaba nun bo resultado, algo está cambiando, este ¡¡equipo promete!!