Blogia

SD PONTE CARREIRA

A SD PONTE CARREIRA MERECEU MÁIS (2-0)

A SD PONTE CARREIRA MERECEU MÁIS (2-0)

ALIÑACIÓN: Manolo, Meixde, Michel, Jose Lino, Gonzalo, Raul, Marco, Martín, David, Daniel e Chino.
SUPLENTES: Lano, Pablito, David Otero, Zaca e Cristian.

Gran partido o que se celebrou en Melide entre a SD PONTE CARREIRA e o Cire, que soupo aproveitar mellor as ocasións das que despuxo e sen facer nada doutro mundo acadou o 2-0 co que se chegou ó remate.
Os pupilos de Kike demostraron ser un gran equipo, compacto, moi serio e disciplinado e sen ningunha dúbida darán moito que falar se continuan con este xogo e entrega.
Comezou o PONTE CARREIRA dominando claramente o encontro pero sería o cadro local ó que se adiantaría no min 15 cun tiro potente que lle cae a Jechu e ante o que Manolo non pode facer nada. A SD pronto se recupera do mazazo e Chino da o primeiro aviso. A medida que pasan os minutos comeza unha ofensiva dos visitantes e os siareiros azulóns que se desprazaron ata terras Melidenses "mascan" o gol do empate pero a falta de puntería era a nota predominante. David Gómez tivo tamén a sua oportunidade nun balón de ouro que lle puxo Daniel pero o seu remate de cabeza sae fora.
Na segunda metade, cando aínda non se cumprira o minuto 1, Jechu intérnase pola banda, desfaise de tres contraios e dalle en bandexa a Mark o que sería o 2-0.
Costa arriba se lle poñía o partido a SD xa que na seguinte xogada tiña que abandoar o terreo de xogo Manolo por lesión muscular. David Otero, que voltaba despois dun mes inactivo, era o que levaba o perigo pola banda dereita, con criterio, pero os seus centros non atopaban rematador. Pablito, Zaca e Dino non eran quen de enviar o esférico o fondo das mallas.
De vez en cando, o PONTE CARREIRA da señais de vida en zonas onde verdadeiramente fabrícase o gol, pero xa un crecido Melide, mostrábase moi ordenado e cada xogador sabía o que tiña que facer.
Con ese 2-0 remataría o encontro, con demasiado premio para un Cire que colle un pequeno colchón de seis puntos pero que seguramente serán recortados co bo xogo e magnífica impresión que está a amosar a SD, cando recupere a senda do gol.


A SD EMPATA NUN PARTIDO QUE FOI SUPERIOR (1-1)

A SD EMPATA NUN PARTIDO QUE FOI SUPERIOR (1-1)

ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Jose Lino, Chino, Gonzalo, Raul, Cristian, Martín, David e Juan Carlos.
SUPLENTES: Lano, Pablito, Marco, Zaca e Kiko.

Pronto se poñería de cara o partido para a SD PONTE CARREIRA, xa que David inauguraba o marcador ós poucos minutos de iniciarse o partido (1-0). Pero despois do gol acadado polos locais, chegaría o primeiro contratempo nunha xogada desafortunada na que Juan Carlos quedou mancado e tivo que abandoar o terreo de xogo (desexámosche unha pronta recuperación...Ánimo!!!!). Kike dou entrada a Pablito.
Os carreirenses dominaban o partido con constantes chegadas a meta visitante, movendo o balón con criterio ofensivo polas bandas.Con este resultado pola mínima chegouse o descanso.
Na reanudación o equipo azulón relaxouse e foi cando o Visantoña nunha xogada un pouco dubidosa encontrou o premio cun penalti moi discutido pola SD. Jacobo transformaríao no empate (1-1).
A partires dese momento o PONTE CARREIRA  recobra o mando da situación e comeza a despregar un xogo con constantes cambios de ritmo e rotacións, xogando muy directo e chegando a meta contraria con moita claridade, destacar a entrega no medio do campo feita por Rata.Kike da entrada a Marco, e Chino forma tripleta ofensiva con David e Pablito. A pesares deste dominio, eran poucas as ocasións que disparaban entre os tres paos. Con Lano, Kiko e Zaca no terreo de xogo, a SD siguiu intentando conseguir a victoria sen conseguilo. Asi chegouse o remate do partido co mencionado empate.
Destacar que a actuación do árbitro non foi do agrado dos siareiros da SD.

  A SD continua na segunda plaza da clasificación a tres puntos do Cire Melide que será o próximo rival o vindeiro domingo 18 a partir das 16.15 horas. Pedimos unha vez mais á afección que se desprace masivamente para dar os folgos que o euipo necesita nestes intres.

F.C. VISANTOÑA - S.D. PONTE CARREIRA

F.C. VISANTOÑA - S.D. PONTE CARREIRA

XORNADA  10 ª   --  F.C. VISANTOÑA - S.D. PONTE CARREIRA  --  Domingo 11 ás 16:15 h

O vindeiro domingo a S.D. PONTE CARREIRA recibe o F.C. VISANTOÑA , que dende o inicio do Campeonato está nos últimos postos da clasificación, pero chegará A Chousa cargado de enerxía despois de acadar a sua segunda vitoria  o pasado domingo diante do San Martiño (2-1). Un Visantoña que tan só suma oito puntos dos 27 posibles pero non será presa fácil para a SD, posto que, conta con mais potencial do que marca a clasificación. Pola sua parte o equipo local , despois dos tres puntos conseguidos ante un rival dificil e correoso como é o San Estevo, chega a este encontro con moitas gañas de acadar o tan ansiado liderato que obstenta o Cire Melide. Asi pois a partires das 16:15, a SD tratará de conseguir a sua novena vitoria sin ter coñecemento do posible once que presentará Kike, posto que , ca baixa xa coñecida de Fontes e David Otero, son moitas as dúbidas de algunhas demarcacións que ainda non están perfiladas. Esperámosvos  na Chousa e...que rode o balón.