Blogia

SD PONTE CARREIRA

COMEZA A TEMPADA 09/10

  A SD comezou a tempada 09/10 cunha derrota na Chousa fronte o San martiño ( 1 - 2 ). En vindeiros días voltará a información a este blog nunha nova campaña de fútbol.

PREVIA ARZÚA - SD PONTE CARREIRA

PREVIA ARZÚA - SD PONTE CARREIRA

Domingo 15, 16:15 h.   , O Viso (Arzúa)

  Chega a SD a este encontro fronte o Arzúa no mellor momento da tempada despois de colleitar duas vitorias consecutivas e abandoar a derradeira posición da taboa que agora obstenta o Cire Melide. Pero non o terá nada doado o cadro de Kike, pois o CSD ARZÚA non sabe o que é perder nos seus sete últimos enfrontamentos.

  Na primeira volta, o partido xogado na Chousa, acabou cun empate sen goles, pero os arzuanos xa deron mostras do perigo que teñen os seus dianteiros. Pola sua parte, os carreirenses, parece que van esquecendo esa alarmante falla de gol e viaxarán ó Viso con todos os efectivos para poder acadar tres puntos que o alonxen da zona baixa da táboa.

  O Domingo 15 a partir das 16:15 horas no campo do Viso esperamos de novo a marea azulona que nunca abandoa a SD PONTE CARREIRA. CORAZÓN AZULÓN!!!!!

PREVIA IMPERATOR - SD PONTE CARREIRA

PREVIA IMPERATOR - SD PONTE CARREIRA

    PARTIDO SUSPENDIDO POLA FEDERACION

 Dous equipos moi necesitados de puntos, pero con distintas situacións, disputarán o vindeiro Domingo día 1 de Febreiro en Elviña un encontro marcado polas numerosas ausencias e onde o cadro dirixido por Kike quere reafirmar a sua progresión na taboa clasificatoria.

  As baixas, xa coñecidas de Chino e David Gómez, hai que engadirlle a de Lino, que non poderá ser alineado fronte un dos mellores cadros da categoría. Así pois , a SD viaxará coa intención de dar a campanada e poder sair dos postos de descenso. FORZA SD!!!!!!

SD PONTE CARREIRA - MARINO ( 0 - 1 )

 A SD comezou a segunda volta deixando tres puntos importantísimos fronte ó Marino na Chousa. Os homes, que dirixe Kike, non foron quen de perforar a portería Merense e ven como os inmediatos perseguidores se escapan. Forza SD !!!

PREVIA SD PONTE CARREIRA - LARIN

PREVIA SD PONTE CARREIRA - LARIN

   O vindeiro Domingo 3 de Xaneiro, o Larín visitará a Chousa. O encontro que está previsto para ás 16.00. horas será unha nova final para os xogadores que dirixe Kike. A SD, que non podrá contar con Budiño, Lano e Chino, debe reaccionar inmediatamente para poder acadar o seu obxetivo,  que non é outro que, a salvación.E para iso so hai unha saída, gañar si ou si. A vitoria será o comezo dun convencemento de que o manterse na categoría depende de nos mesmos.Os azulóns teran que poñerse a xogar e olvidarse da situación, porque hoxe por hoxe, é a lousa que ten agarrotado ó equipo. Esperamosvos a tod@s e desexamosvos un FELIZ ANINOVO.

VITORIA MOI TRABALLADA ( 0 - 1)

VITORIA MOI TRABALLADA ( 0 - 1)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, David Gómez, Jose Lino, Chino, Marco, Jorge Souto, Martín, Daniel, Rata e Toni.

  SUPLENTES: Pablito, Cristian, Michel,  Budiño e Saad.

  GOLES: 0 – 1 Pablito.

  Encontro correspondente a Undécima Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo do Carrizo, que presentaba unhas  excelentes condicións para a práctica do fútbol. 110 espectadores.

   Unha SD que se amosou lixeiramente superior o Portazgo nun encontro onde o colexiado non quixo pasar desapercibido senon todo o contrario. O trencilla erixiuse no triste protagonista nun partido marcado polo exceso de nerviosismo.

   O encontro xa da os primeiros coletazos co dominio da SD PONTE CARREIRA mediante unha acentuada posesión do esférico e mostra disto é que os locais chegarían por primeira vez a meta defendida por Manolo no minuto 22 da primeira parte. O cadro de Kike fabricaba máis fútbol, distribuese raso e tocando o balón as bandas onde Toño e Daniel eran un pesadelo para a defensa branquivermella, ainda asi, serían os pupilos de Acuña os que gozarían da primeira ocasión de gol pero o cancerbeiro azulón nunha maxistral intervención envía a corner.

  O encontro continua o seu curso con gran intensidade, as chegadas da SD sucédense, Daniel xa era un quebradeiro de cabeza para a defensa local, que por intres distancia as suas liñas, e como resultado disto, dispón dunha clara ocasión de gol co porteiro xa batido pero o seu disparo envíao a saque de esquina a defensa local.

  Moi disputado estaba  a ser o encontro, cun xogo máis físico e con  moitas  faltas que impedían adquirir un ritmo que favorecía os intereses da SD, proba disto está na expulsión dun xogador local que lle propina un pisotón ó bravo mediocentro Raul, tendo que abandoar o terreo de xogo con cartón roxo directo. No minuto 45, o árbitro anula un gol a SD, nunha xogada que Chino remata co calcaño o fonfo da rede, todo un golazo que nin os locais nin os visitantes entenden o porqué o invalida.

   Chega o seugundo tempo onde o partido se ralentiza e os locais repléganse en busca dun contraatque pero a defensa azulona non da opcións e unha e outra vez sacan o esférico sen compricacións. A lixeira posesión de balón dos pupilos de Kike non estaba a dar os seus frutos que unha e outra vez abusaba do regate. 

  No minuto 28 desta segunda metade, chegaría o ansiado gol da SD, nunha internada por banda esquerda de Daniel, que estaba a romper unha e outra vez a defensa local, centra e Pablito remata inapelablemente ó fondo das mallas. Este tanto facía xustiza o que se estaba a presenciar no campo.

  A partires de ahí, os carreirenses, moito máis concienciados por acadala vitoria, dedicáronse a aguantelo resultado, salpicado pola mala actuación do colexiado que quixo rematalo partido expulsando a Raul e escudándose na autoridade das tarxetas para olvidarse do diálogo na conducción do encontro.

   O vindeiro Domingo 23 na Chousa, ás 16:15,  a SD PONTE CARREIRA recibe a un Victoria que chegará coa moral por todo o alto despois dos resultados acadados nas últimas xornadas. ALI ESTAREMOS!!!! FORZA SD!!!!

A SEGUIR LOITANDO (1 - 2)

A SEGUIR LOITANDO (1 - 2)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, David Gómez, Jose Lino, Gonzalo, Marco, Jorge Souto, Martín, Daniel, Pablito e Toni.

  SUPLENTES: Lano, Cristian, Elías e Saad.

  GOLES: 0 – 1 , 1 – 1 Gonzalo e 1 – 2 .

 Décima Xornada da Segunda Autonómica no seu Grupo I  da SD PONTE CARREIRA ante 100 siareiros e  cun céspede pesado  e resbaladizo.

  Unha SD PONTE CARREIRA que necesita máis tranquilidade co balón nos pes e voltar a ser o de sempre, cada recepción, conducción, regate ou pases o compañeiro reflexa síntomas de ansiedade, a solución a esta situación tena o propio fútbol que dende sempre destilaron estes xogadores, son intres para recapacitar.

  Non se pode falar de falla de motivación, nin falla de entrega, nin falla de garra, porque os xogadores entréganse, dano todo no céspede e sudan a camisola, están comprometidos coa causa pero no fútbol, un equipo que atravese un estado de gracia, gañao todo, do mesmo xeito, como un equipo se meta nun bache de xogo é moi compricado sair. E ahí é onde os SIAREIROS xogan un papel fundamental, en dar folgos os xogadores e corpo técnico xa que son os mellores que calquera cadro dexesaría e estan traballando moi duro para solventar esta delicada situación.

  Con todo o arriba exposto , a nova a ser real, sincera, valente e honesta, dende este blog, temos un serio compromiso con todos os nosos lectores diarios que ven en nos a legalidade a hora de facerlles chegar as novas, e por suposto que cremos no plantel e consideramos que teñen calidade mais que suficiente para lograla permanencia.

  Asi pois, dende o blog da SD, creemos total e absolutamente nos xogadores e corpo técnico, sabemos ata onde pode dar cada un e consideramos que son grandes xogadores, este é un bache moi pronunciado, as cousas como son,  pero do mesmo xeito que nos metimos nel, así vamos a saír adiante , todos xuntos e unidos, xogando o balompé como tan ben o fan os nosos xogadores, e dende estas liñas pedimos o máximo apoio para o vindeiro Sábado 15 no campo do Portazgo, que tan bos e recientes recordos nos trae. QUE VOLTE O BOMBO DE BRAISINHO E OS FOLGOS DOS SIAREIROS!!!!

EMPATE DA SD (2 - 2)

EMPATE DA SD (2 - 2)

A SD acadou un empate a dous tantos en Vilaboa fronte o Olimpico. A vindeira semana recibirá ó Betanzos B na Chousa a partir das 16.30. NON FALLEDES!!!!!

XUSTA IGUALADA NA CHOUSA (By Jorge Souto) (0 - 0)

   ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Gonzalo, Meixide, Marco, Jorge Souto, Dani , Lano, David Gómez e Saad.
   SUPLENTES:  Víctor, Elías, Budiño e Cristian.

  Encontro correspondente a Quinta Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo da Chousa, que presentaba unha boa entrada de espectadores.

   A SD PONTE CARREIRA acadou un empate no seu campo no que acada 4 puntos de 9 posibles.

   O Arzúa comezaría  moi metido no encontro, moi ben posicionado sobre o céspede e tentando xogar  o balón o primeiro toque. O cadro  local, pola sua parte, comeza o partido algo frío, pero bastante seguro en tareas defensivas. As primeiras ocasións  do Arzúa viran dadas pola  velocidade o contragolpe  do centrocampista Sergio e o mediapunta Miguel.

  Os pupilos  de Tono Insua continuaran  levando o xogo durante toda a primeira parte,  con chegadas polas bandas nas que  dispoñen de varias ocasións de gol. O porteiro local e a defensa azulona lograrán manter o  empate a cero. Estés esperarán  a chegada do descanso con ansia para tentar cambiar de rumbo o seu xogo.

 Na segunda metade todo comezaría a cambiar, o equipo local consegue dominar o coiro. O mister  da SD tratará de aproveitar as bandas e o contragolpe; através de Dani chegaria unha gran ocasión local, na cal o coiro pasaría moi cerca do travesaño visitante.

  O entrenador local realizaria todos os cambios  para tentar dar frescura o equipo, Budiño que entraria na segunda metade sería recolocado na posición de mediocentro onde máis tarde  sería expulsado de forma un pouco rigurosa polo colexiado do encontro.

  Nos últimos 20 minutos o equipo local xogaría con un home menos, pero tentaría buscar os tres puntos, na cal Elías faría  unha xogada por banda, entrando  case ata a area pequena. Nesta xogada os xogadores locais pediría penalti que non sería sinalado polo arbitro.

   Partido moi físico e duro  no campo da Chousa, na cal os dous equipos quedarían pouco satisfeitos co resultado obtido e co arbitraxe.

  A SD visitará o vindeiro domingo 19 en  Vilaboa ó Olímpico as 4:30 da tarde, que conta todos os seus partidos por victorias, sendo líder da categoría. NON FALTEDES A SD SOMOS TODOS!!!!!

O IMPER FOI SUPERIOR (1 - 2)

O IMPER FOI SUPERIOR (1 - 2)

ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Jose Lino, Gonzalo, Marco, Jorge Souto, Martín, Daniel, David Gómez e Toni.

  SUPLENTES: Budiño, Zaca, Pablito, Elías e Saad.

  GOLES: 0 – 1 Borja, 1 – 1 Daniel e 1 – 2 Alberto.

   Segundo encontro disputado na Chousa da SD PONTE CARREIRA correspondente a cuarta Xornada do Campeonato de Liga ante 100 siareiros e nunha tarde soleada co céspede en perfectas condicións.

  Luis Moya e Carlos Sainz deron a volta ó mundo no ano 1998, cando ó piloto madrileño a 500 metros da meta lle rompeu unha biela do Toyota Corolla e perdeu o mundial na proba do RAC de Inglaterra. As caras de Moya e Sainz eran todo un poema e de resignación, o mesmo lle sucedeu o numeroso grupo de siareiros da SD que asistiron o partido de A Chousa e que non comprendían o porqué de esa "soberbia" amosada.

  Unha maldita biela truncou a exitosa tempada de Sainz e Moya, unha peza en principio tan básica no funcionamento, xa que fai un movemento sempre en líña recta, nun dos extremos atópase o eixe da roda que transforma ese movemento nunha acción de rotación e enganche sobre as bandas de rodadura. Xustamente o que non fixoo a SD o domingo pasado fronte o Imperátor no primeiro tempo, nin fixo rotacións, nin enganchou as liñas, e moito menos tivo circulación do balón nun equipo que precisamente se leva ben co coiro. A "Biela" encasquillouse unha e outra vez nun xogo ramplón e sen ideas.

  E chegada á Chousa, o "Imper", un equipo que sabe ó que xoga, con moi bos xogadores nas suas filas e que dende o pitido inicial se fai co control do balón. O cadro coruñés, con moito peso específico nos pés, físicamente como un roble e tácticamente moi ben traballado foi o encargado de inaugurar o marcador cando tan só se levaban disputados 10 minutos de encontro nunha desafortunada saída de Manolo na que o dianteiro vermellón se adianta e de tiro cruzado coloca o 0 a 1 no electrónico.

  A SD, estaba a amosar a cara máis oscura da tempada e baseaba o seu xogo en balóns longos que facilitaban a labor da defensa visitante. O que está moi claro é que hai que meterse dentro do partido e machacar ó rival, con ou sen balón e a día de hoxe nin os máis "sabios do fútbol" poden explicar o porqué un equipo non ten a mesma mentalidade no minuto 20 que nas segundas partes.

  Continua o "Imper" co dominio abrumador e con continuas aproximacións a area carreirense pero sen conseguir matalo partido, quizais pola maxistral actuación do cancerbeiro, Manolo, que se convertiría no home máis destacado dos locais. E cando un equipo perdoa, xa se sabe o que pasa, os xogadores de Kike nunha das escasas chegadas acadarían o empate despois dun gran lanzamento de falta por obra de Dani que se cola pola escadra.

  O resultado non estaba a reflexar o que se podía apreciar no campo e antes de chegar o tempo de lecer, o xoven dianteiro Tito desanivelaría a contenda nun tiro dende 25 metros, e ante o que Manolo non pode facer nada.

  Na segunda metade, Kike deixou na caseta a Marco e Martín, dando entrada a Budiño e Saad, que debutaba co cadro azulón, pero máis do mesmo, outra vez tocaba o Imper, outra vez chegaba con perigo e outra vez Manolo era o salvavidas.

  Ó cuarto de hora da reanudación, chegaría a xogada polémica do encontro que recolleu moi ben o noso fotógrafo,  na que o cancerbeiro Juancar comete penalti sobre David pero, o colexiado non quixo ver nada, convertíndose así no protagonista do encontro. O empate non faría xustiza ó amosado no campo pero o Imperátor , puído perder dous puntos despois de ter controlado en todo momento o encontro.

  Un conxunto que exerce como local debería de amosar un pouco máis de resistencia os seus rivais e non deixar case en bandexa os tres puntos que nesta Liga non se poden agasallar baixo ningún concepto porque están moi caros.

  O vindeiro domingo, a SD PONTE CARREIRA ten a oportunidade fronte o Eirís de recuperar o terreo perdido a partir das 18:30 no campo de Elviña. Os siareiros non lle darán as costas o equipo. ACUDIDE ¡!!!!!! A SD SOMOS TODOS!!!!!!

RESULTADO XUSTO (1 - 1)

RESULTADO XUSTO (1 - 1)

   ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Gonzalo, Meixide, Marco, Jorge Souto, Dani ,Lano, David Gómez e Toni.
   SUPLENTES:  Víctor, Martín, Elías, Pablito e Chino

   GOLES: 1 - 0 Suso Corral, 1 - 1 Gonzalo.

  Encontro correspondente a Terceira Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo do Castro, que presentaba unhas  excelentes condicións para a práctica do fútbol. 120 espectadores.

   A SD PONTE CARREIRA acadou un máis que merecido empate nun campo no que poucos equipos podrán puntuar.

  O Carral comeza o encontro moi ben posicionado sobre o céspede e xogando o balón o primeiro toque. O cadro de Kike, pola sua parte, deixa un descomunal oco polo flanco esquerdo que os locais aproveitan para chegar cómodamente pero sin perigo.  Sería Dani, o encargado en dispoñer da mellor ocasión da primeira parte, nun penalti cometido sobre Toni que envía fora para desanimo dos numerosos siareiros visitantes.

  Os pupilos  de Carlos Alberto continuan levando a batuta e xogando ben o esférico, con chegadas pola banda dereita dispoñen de varias ocasións de gol que a defensa azulona envía a corner. Os locais pronto se dan conta da ausencia da SD, xa que por momentos non estreitan os marcaxes e así chegaria o gol do Carral. Suso Corral recolle un balón de costas, desfaise do seu marcador e bate a Manolo por baixo.

  Este gol foi unha lousa para os visitantes e comezan a perder moitos balóns que terminan con claras ocasións para os carralenses pero que non conseguen materializar. Con este resultado de 1 a 0 chegaríase o descando.

  A entrada no campo na segunda metade de Martín trocou por completo a imaxe da SD. Os carreirenses fóronse ó ataque, moi ambiciosos, buscando a igualada, Dani e Martín recibían con facilidade, aínda que moito tiña que ver o incansable traballo de David e Toni co balón nos pes. A diferencia agora era esa sexta velocidade que a SD PONTE CARREIRA imprimía as suas accións. E chega o recital dos visitantes, presionando, recuperando, distribuindo, xogando e con innumerables ocasións de gol como esa vaselina de Daniel ou esa falta o borde da area de David ou ese centro de Martín o que Gonzalo non pode chegar..o gol máscase nas gradas a prol dos de Kike.

   Soese decir que o fútbol é inxusto pero nesta ocasión rompeuse o dito e no derradeiro saque de esquina o bravo xogador Gonzalo, pondría a igualada no marcador, despois dun remate coa testa no que o cancerbeiro local nada pode facer.

   Este é o equipo que queremos presenciar o longo da tempada, correoso, involucrado e que en ningun momento da o partido por perdido. De seguro que o resultado será o esperado polos siareiros azulóns.

  A SD recibirá o vindeiro domingo 28 ó Imperator, que non coñece a derrota. Na chousa a partir das 5 da tarde. A SD SOMOS TODOS!!!!!

GOLPE DE AUTORIDADE (5 - 3)

GOLPE DE AUTORIDADE (5 - 3)

   ALIÑACIÓN: Manolo, Víctor , Lino, Gonzalo, Meixide, Marco, Jorge Souto, Elías ,Lano, David Gómez e Toni.
   SUPLENTES:  Zaca, Martín, Dani, Pablito e Michel.

   GOLES: 1 - 0 David Gómez, 1 - 1 Manu, 2 - 1  David Gómez (Penalti) , 3 -1 Toni, 4 - 1 Lano, 4 -2 Manu, 4 -3 Suso  e 5 - 3 Toni.

  Encontro correspondente a Segunda Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo da Chousa, que presentaba unhas  excelentes condicións para a práctica do fútbol. 90 espectadores.

  Os amantes do balompé presenciaron o domingo na Chousa un partido que dificilmente esquecerán. Goles, calidade, intensidade e derroche físico nun encontro que máis ben parecía dunha categoría superior. 

  A SD PONTE CARREIRA acadou a primeira vitoria da tempada cunha dinamita que fixo cinzas as ilusións do Paiosaco. Os locais saltaron o campo cunha presión descomunal e titánica, como se foran a subir o alto do Angliru, e cos machos marcando a bragueta do calzón, comezaron metendo o encontro nunha constante presión que daría o seu fruto no minuto 7, despois dunha falta fabricada por Toni, que David Gómez envía o fondo das mallas convertindo no 1 a 0.

  Os coruñeses, lonxe de virse abaixo, buscaban o gol do empate mediante un xogo de posesión e este chegaría despois dun erro defensivo, entre Manolo e Lino, no que Manu "pica" o balón para igualar a contenda.

  A SD decídese a xogar máis en corto polo interior e pola banda dereita buscando as costas ó cadro verdibranco mediante balóns xogados o pé onde Toni e David son un pesadelo para a defensa visitante, de ahí chegaría o claro penalti que o xoven cancerbeiro coruñés comete sobre Toni e onde o colexiado lle perdoa a cartulina vermella. David Gómez sería o encargado de convertilo, anotando o segundo gol na sua conta particular (2 -1).  Con este resultado chegaríase o descando.

  Non puido comezar mellor o segundo periodo para o cadro de Kike. Saque de centro, David abre en banda dereita a Pablito, que acababa de entrar en sustitución de Elías, este chega ata línea de fondo e pon un centro onde Toni só ten que empurrar de cabeza o fondo das mallas (3 - 1). Os carreirenses non dan un respiro e saen dispostos a rematalo resultado, e dispoñen de varias ocasións de gol, no centro do campo estábase fraguando un gran binomio, Marco-Jorge Souto, que estaba resultando un auténtico filón ofensivo dende a medular, con Pablito e Lano como referencia nas bandas abrindo campo e creando uns enormes ocos na defensa visitante. Así, Lano asinaría o 4  a 1 despois dunha gran xogada individual na que se foi de ata tres defensas e de tiro raso bate o porteiro coruñés. Cando se quixeron dar conta a SD xa estaba coa moral polas nubes e impoñendo un fútbol machacón, laborioso e intelixente.

   O Paiosaco busca o balonazo en largo e buscando as costas da adiantada defensa local, a SD cedelle a posesión de balón e comeza a xogar ó fora de xogo, así en duas arrancadas dende a dereita en posición moi dubidosa os visitantes vólvense a meter no encontro con goles de Manu (4 - 2) e Suso (4 -3).

  A SD estaba ausentada do partido e esa páxara dos locais aproveita o Paiosaco para chegar unha e outra vez polas bandas. Co 4 - 3 no marcador os visitantes reclamaron un posible penalti nun forcexeo entre Lino e Manu que se solventou cunha tarxeta vermella para o mediocentro coruñés por dirixirse o colexiado. Na seguinte xogada, o incansable e bravo dianteiro azulón, Toni, faría o 5 a 3 definitivo.

  O resultado é un gran golpe de moral para a SD PONTE CARREIRA xa que enfrente estaba un Paiosaco que incou o xeonllo a base dun gran fútbol despregado polos locais.

  O vindeiro sábado 20 a SD desprázase o compricado campo do Carral, que conta os seus partidos por citorias, para enfrontarse o cadro local a partires das 6 da tarde. SABEMOS QUE ACUDIREDES. FORZA SD!!!!

EXCESIVO CASTIGO (3 - 0)

EXCESIVO CASTIGO (3 - 0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Víctor , Jorge Souto, Gonzalo, Meixide, Marco, Elías ,Lano, Toni, David Gómez e Pablito.
  SUPLENTES:  Zaca, Lino e Budiño.

  GOLES: 1 - 0 Abel, 2 -0  Iván Farto e 3 - 0 Ravelo.

   Encontro correspondente a Primeira Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo do Xabrón, que se amosaba en pésimas condicións e con media entrada.

  Resultado moi avultado o que sufriu a SD PONTE CARREIRA na sua volta a Segunda, onde ambos cadros tiveron as suas ocasións de gol. Os dous primeiros goles a balón parado e o terceiro despois dun erro defensivo ó deixalo balón corto ó borde da area.

  Comeza o encontro cun Marino máis asentado e levando lixeiramente a iniciativa, ainda que tamén é certo que, axudado polos segundos balóns que a SD cedía con excesiva facilidade. Asi, nun saque de esquina, o cadro local acada o primeiro tanto sen oposición algunha e sen estar a xerar grandes ocasións de gol.

  A partir de ahí, o conxunto merense foise crecendo e a medida que van transcurrindo os minutos faise coa posesión do esférico buscando as zonas de circulación e asentamento do xogo, mentras a SD recolle o balón dende atrás pero sen ideas. Antes de chegar o tempo de lecer,  sería o Marino en por o 2 -0 no electrónico, de novo a balón parado e sen que Manolo poida facer nada.

  Na segunda metade, a SD co resultado moi costa arriba, móstrase con máis empuxe e ousadía ofensivamente e sen compricarse a vida, os locais van deixando o protagonismo e o  cadro de Kike comeza a xogar polos extremos buscando as costas pero as reducidas dimensións do terreo, así como o pésimo estado, fan que, unha e outra vez,  o balón acabe nas mans do cancerbeiro Javi.

  Amplíase o marcador, e o 3 - 0 anotao Carlos estando libre de marcaxe e de fenomenal disparo. E se o partido xa non tiña moita historia con este gol esfumarónse todas as opcións de levantalo resultado por parte da SD.

  A SD PONTE CARREIRA é máis equipo do que se puido ver o domingo no Xabrón, onde lle costou manter o estado de concentración durante os 90 minutos e a sua autoestima necesita un chute de orgullo. Unha vez máis, agradecer  os numerosos siareiros que acudiron a Mera e de seguro serán a adrenalina do cadro azulón.

   O VINDEIRO DOMINGO 14 A S.D. PONTE CARREIRA RECIBE A U.D. PAIOSACO ÁS 5 DA TARDE NA CHOUSA. AGARDAMOSVOS.

 

 

 

QUE RODE O BALÓN

QUE RODE O BALÓN

   A SD PONTE CARREIRA comeza o vindeiro Domingo 7 de Setembro ás 5 da tarde unha nova etapa na Segunda Autonómica, categoría na que xa militara anteriormente. En fronte terá a un rival que parte como claro favorito para acadalo ascenso, o Marino de Mera.

  O colectivo azulón, acostumado a pelexar polo ascenso nas derradeiras tempadas, loitará agora pola permanencia. Para isto, Kike conta coas incorporacións de Jorge, Víctor e Toño que están a realizar unha gran pretempada. A ilusión, a intensidade no xogo e a imaxinación ofensiva serán os pilares para acadar a primeira victoria lonxe da Chousa.

 Pola sua parte, o novo adestrador do Marino, Pachi,  podrá contar coas novas caras: Javi (Once Caballeros) Guismo (Sta. Cruz) Tito, Luisete (Victoria) e Hugo (Dep. Ciudad).

  O preparador carreirense, que non podrá alinear a Chino por problemas no xeonllo e Rata, formará un once que será a continuación do equipo que acadou o ascenso o ano pasado, cas incorporacións xa coñecidas. Asi pois, o 7 de Setembro en Mera a partir das 5 da tarde .....TODOS OS SIAREIROS COA SD.

 

  

COMEZA A PRETEMPORADA

COMEZA A PRETEMPORADA

  A SD PONTE CARREIRA , despois de acadar o ascenso a Segunda Autonómica, comeza hoxe na Chousa ás 21 horas a pretemporada.

  O conxunto de Kike, que presentará novas caras, parte co obxetivo de manterse na categoría que comezará o vindeiro 7 de Setembro no campo do Marino de Mera.

   Dende aquí, darlle a benvida ás novas incorporacións e xogadores que o ano pasado nos deron tantas tardes de gloria. MOITA SORTE PARA A TEMPADA 08/09.

ENTREVISTA Ó MISTER DA SD (KIKE)

ENTREVISTA Ó MISTER DA SD (KIKE)

   Non dubidedes en visitar WWW.SIGUETULIGA.ES, onde atoparedes a mellor información do fútbol da montaña. Noraboa pola web.

 

Había rumores incluso de desaparición para o próximo ano, xa que a plantilla coa que conta a Pontecarreira é moi veterana e as motivacións estabanse a acabar.  Supoño que con este ascenso os rumores estarán zanxados. ¿non?

Nunca se pensou en desaparecer, salvo excepcións a plantilla está na idade idónea para acadar o ascenso que tanto desexábamos. 

 

Tras varios anos sen loitar polo ascenso, mantendo prácticamente o equipo ó completo, ¿Qué cambiou este ano para conseguir este logro?

A unión do grupo e o apoio da afección.

 

¿Cando viches a opción real de conseguir subir?

Tras gañar no terceiro partido no campo do Boimorto xa que eles eran uns dos candidatos ó ascenso.

¿víchelo peligrar?

Nunca

Foi unha tempada teóricamente sinxela, xa que mediada a liga os posto de ascenso e o da promoción era cousa de dous equipos ¿foi tan fácil como pareceu desde fora?

Foi más complicado do que pareceu, xa que moitos partidos sacámolos nos últimos minutos e pola mínima.

 

¿Qué foi o que fixo que finalmente se decidira o posto de ascenso directo do lado do Cire?

O partido que xogamos na Ponte Carreira contra o eles xa que nos colleron co equipo moi mermado debido as lesións e  sancións.

 

¿Qué xogadores da Pontecarreira foron claves esta tempada?

Todo o equipo pero anque pareza difícil de crer, para min uns dos mais importantes foron os xogadores que menos participaron como titulares xa que eles estiveron sempre dispostos a participar cando fose necesario sen ter en conta os poucos minutos dos que dispoñian e incluso en  ocasións vendo o partido dende a grada, metendo presión os seus compañeiros titulares para que o fixeran o mellor posible se non querían que o seu posto peligrase.

 

Unha vez cedida esa primeira praza, que o voso equipo mantivo bastante tempo, ¿cómo afrontastes a promoción?¿cal era o obxetivo no partido de ida?

A promoción afrontámola coma se fora unha final, xa que nos estabamos xogando todo o traballo da temporada.O obxectivo era manter a nosa portería a cero e conseguir unha diferencia que nos permitira afrontar o partido de volta con tranquilidade.

 

Solventastes ese partido con unha victoria por 1-0, ainda que puido ser maior a tenor das ocasións das que gozou a Ponte, temeches pola eliminatoria?

Anque o resultado non era moi abultado, ó conseguir manter a nosa portería a cero e con un gol a favor partiamos cunha vantaxe importante para a volta.

 

Xa na volta, o marcador púxose favorable, con un 0-1 o Portazgo necesitaba tres goles para eliminarvos e parecía pouco probable pero… na segunda parte despois dun penalti en contra que puxo ó Portazgo a tan so un gol do ascenso e a expulsión dun xogador importante quedáronnos 20 minutos de gran sufrimento, pero que o final valeu a pena o sufrimento vivido.

¿Qué se sinte ó lograr un ascenso, nun equipo formado por xente do pobo e que levan toda a vida xogando xuntos?

Unha gran satisfacción sobre todo por eles que o tiñan ben merecido.

 

¿Seguirás o próximo ano ó frente do grupo?

Sería importante para o equipo que houbese aires novos no banquillo.

 

A segunda é unha liga moi exixente, ¿haberá reforzos para a vindeira campaña?

Son necesarios pero  é difícil  conseguir xente que aporte ó grupo algo novo.

 

¿Cal cres que debe ser o papel da Ponte o próximo ano?

Manter a categoría.

 

¿Con qué xogadores do teu equipo relacionarías as seguintes palabras?

 

Capitán: Marco, José Lino, Michel…

 

Home chave: Varios, pero quizais a destacar Dino

 

Defensa: Chino, José Lino, Meixide, Michel, Gonzalo…

 

Regate: Dani

 

Fútbol: Rata, Marco,..

 

Gol: Gonzalo, Dani, Dino, “Fontes”,…

 

Pontecarreira: Todos en xeral.

 

Calidad: Dani, Gonzalo, Rata, Dino, José Lino, Chino, Martín

 

Ascenso: Todo o equipo.

 

Moitas gracias por atendernos, desexamosche unha boa tempada en segunda o próximo ano e moitos anos de éxitos á Pontecarreira.

XA SOMOS DE SEGUNDA (2 - 1)

XA SOMOS DE SEGUNDA (2 - 1)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Gonzalo, Meixide, Raul, Cristian , Kiko , Martín, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES:  Zaca, Pablito, Lano, Budiño e Juan Carlos.

 GOLES: 0 - 1 Daniel, 1 - 1 Luis e 2 - 1 David.

   A SD PONTE CARREIRA acadou o ascenso a 2ª Autonómica fronte o Portazgo a pesar de perder por dous tantos a un, nun campo onde o cadro de Kike parecía xogar na casa polos numerosos e ruidosos siareiros que se desprazaron a terras coruñesas.

   Non foi tarefa sinxela, os locais puxeron toda a carne no asador e despois dunha primeira media hora con ocasións dos dous equipos, Daniel adiantaría a SD nun contragolpe perfectamente finalizado que deixaría muda a afección coruñesa.

  Os carreirenses mostrábanse atrevidos, xogando o fútbol e pelexando cada centimetro, co resultado a prol, presionando ata o derradeiro minuto da primeira parte e sabendo moi ben o que se xogaba neste encontro. Lino e Gonzalo, axudados por Meixide e Michel fan un muro defensivo onde os locais carecen de ideas. Con este resultado chegaríase o remate dos primeiros cuarenta e cinco minutos.

   Na reanudación, o partido dou un xiro de cento oitenta grados e o Portazgo comezou a medrar e a ver que a sua proposta lle facía dano a unha nerviosa SD. Deste xeito, chegaria o primeiro tanto no minuto 22 despois dun corner que Luis remata a rede e establecendo o empate no electrónico.

  Os locais estaban a empregar un fútbol de toque e moi directo, a SD cedía metros e iso beneficiaba os branquivermellos que atopaban a sua recompensa cun penalti que transformaría David a falta de quince minutos.

  Mais costa arriba se lle poñía o encontro os pupilos de Kike despois da expulsión do mediocentro Raul. Tocaba sufrir, pero nesta ocasión a sorte tiña que estar do noso lado e asi o facía ver a afección que non paraba de dar folgos os bravos xogadores azulóns.

  Os derradeiros minutos foron de bombardeo contra a meta defendida maxistralmente por Manolo pero o destino situaría a SD en Segunda Autonómica pese o magnífico segundo tempo do Portazgo.

   P.D....Portazgo s.d. vémonos na seguinte tempada.

   Esta crónica, como non podía ser doutra forma, vai adicada a fenomenal e incansable afección...GRAZAS.  SEMPRE SD!!!!

PLAN DE VIAXE O PORTAZGO

PLAN DE VIAXE O PORTAZGO

  A Sd Ponte Carreira disputará o vindeiro Domingo 18 o partido máis importante da tempada, onde estará en xogo o ascenso á Segunda Autonómica. O pasado fin de semana acadou unha vitoria pola mínima na Chousa e agora tan só queda un pasiño, que de seguro se conseguirá este fin de semana. Pero para iso necesitamos, máis que nunca que os siareiros acudan en masa ó campo do Carrizo en Portazgo, e celebralo ansiado ascenso xunto co equipo.

  Colorido, pancartas, camisolas, berros de ánimo e o bombo de Braisiño serán o preludio a unha gran festa. O plan de viaxe comezará coa saída dende a Ponte sobre ás 15:00 horas para que os xogadores sintan ruxir a bancada xa dende o quecemento....A MAREA AZUL NON FALLARÁ!!!! .......e que rode o balón.

 

A SD PUIDO SENTENCIAR (1-0)

A SD PUIDO SENTENCIAR (1-0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Chino, Meixide, Raul, Cristian , Kiko , Daniel, David Gómez e Gonzalo.
  SUPLENTES: Marco, Zaca, Pablito, Lano e Juan Carlos.

 GOLES: 1 - 0 Daniel. 

   A SD PONTE CARREIRA perdonoulle a vida a un Portazgo que tan só dou sensación de equipo na primeira media hora de partido.

  O Portazgo S.D. saíu enchufado e moi motivado polo que se xogaba no encontro, fútbol preciosista e de toque, con velocidade, verticalidade, provocando espacios, con numerosas chegadas pero sen demasiado perigo. Pola sua parte, os locais comezan o encontro moi nerviosos e desbordados polos acontecementos. Pero esta disposición no campo, duraría trinta minutos, os que tardou a SD en meterse de cheo na eliminatoria. Os locais borraron do campo os coruñeses, que tiveron que facer o primeiro troco pouco antes da conclusión da primeira metade despois dun encontronazo entre dous dos seus xogadores. Gonzalo tería a mellor ocasión da SD cun  remate de cabeza nun centro dende a esquerda de Michel pero o balón sae lamendo o longueiro.

  Na reanudación, aparece a SD de verdade, a do coitelo entre os dentes e o fusil na cadeira, xa amosaba as gañas por resolver ó sair o terreo de xogo 5 minutos antes de terminar o tempo de lecer. Os visitantes intuen esa forza dos azulóns e deciden esperar atrás para aguantar o chaparrón inicial, pero a pesar de esas medidas non son capaces de parar a arremetida local que dispón da primeira ocasión clara no minuto 2 por medio de David Gómez.

  A medida que o cronómetro marca os minutos, o cadro dirixido por kike vaise facendo co mando do partido, cas pilas cargadas e sen dar opción a un rival sen "fuelle" e que en ningún momento da sensación de querer gañar o partido. Con este xogo estaba claro que pronto a SD acadaría o gol e foi dende os once metros por mediación de Daniel facendo xustiza o que se estaba a ver no terreo de xogo.

   Os avisos continuan por parte dos carreirenses, e comeza a despregar o típico xogo de toque toque o que nos ten acostumados, pero nesta ocasión con diagonais onde Daniel e Cristian teñen licencia para arriscar. No minuto 15 desta segunda metade, David prántase so diante do cancerbeiro visitante pero o seu remate sae lixeramente alto. Estabamos a ver a un equipo machacón, constante, moi serio e intelixente pero que nos metros finais non era quen de sentenciar a eliminatoria. No medio do campo, Raul mostrábase impresionante, multiplicábase por mil e cortaba todo o bacalao tanto no medio defensivo como polas bandas, de esa entrega sairon varias xogadas de Gonzalo e David pero Kike, o meta visitante, estábase a convertir no mellor xogador do Portazgo. Tanto e asi, que minutos despois o equipo local dispon dunha nova ocasión de ouro para acadar o segundo tanto, pero Daniel erra a pena máxima.

  Non obstante, ós dous equipos véselle físicamente castigados, Kike le o encontro buscando a efectividade dende a frescura mental e da entrada a Juan Carlos reforzando asi o xogo aereo.  O acoso era constante e antes da conclusión do encontro Crsitian e Lano non poden materializar sendas ocasións.

   A SD toma vantaxe nun encontro que tivo un comezo desastroso pero unha segunda metade impresionante dende o porteiro ata a dianteira, e deixou vivo a un Portazgo que puido colleitar unha goleada.

   O vindeiro domingo ás 17.00 horas no campo do Carrizo (Portazgo) a SD pode ser novo equipo de SEGUNDA!!!!!

E AGORA O ...PORTAZGO (2-3)

E AGORA O ...PORTAZGO  (2-3)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Chino, Meixide, Raul, Lano, Marco , Budiño, David Gómez e Gonzalo.
  SUPLENTES: Martín, Zaca e Lano.

 GOLES: 0 - 1 David Gómez,  0 - 2 David Gómez, 1 - 2, 1 - 3 Meixide, 2 - 3.

  A SD Ponte Carreira felicita o Cire Melide polo seu retorno á 2ª AUTONÓMICA, noraboa.

   Partido disputado na tarde do domingo fronte a un Vilarmaior que sempre estivo a espensas da SD. E é que, os pupilos de Kike saltaron o terreo de xogo dispostos a resolver o encontro canto antes e despois a esperar un posible "pinchazo" do Cire que recibía a un Visantoña que tan so aguantou dez minutos.

   Pronto se adiantarían os visitantes por obra de David Gómez, que unha vez máis, non lle torceu a cara ó gol e pondría o 0 - 1 no minuto dous de partido. O dominio nos primeiros intres era abrumador para os azulóns e así Gonzalo en duas ocasións preséntase diante do cancerbeiro local pero sen acadalo gol da tranquilidade. Pola sua parte, ó Vilarmaior costáballe moito chegar con claridade a portería defendida por Manolo e poucas veces daba sensación de perigo.

   A SD, continua xogando como se lle require, como un grupo compacto e homoxeneo, onde o balón transita por zonas de influencia de gol con chispa para chegar fresco a dianteira, e así, antes de chegar ó descanso David Gómez que estaba a realizar un gran traballo machacón e de continuidade, convértese no pesadelo da defensa granate e acda o 0 - 2 co que se chegaría o remate do primeiro tempo.

   Na reanudación, cambiou totalmente o panorama, e Kike, co resultado xa coñecido do Cire, da descanso a Lino, David e Gonzalo,  o Vilarmaior faise dono da posesión de balón e do partido. Deste xeito, recurtaría distancias no minuto cinco da prolongación e creando numerosas ocasións de perigo. A SD, coa cadeza posta na promoción, cóstalle buscar o pívote de saída e non consegue encontrar o interruptor que lle de algo de luz o seu xogo.

  Pouco duraría este acoso dos locais, xa que Meixide, amosou nos derradeiros minutos de encontro o porqué é o xogador con máis poderío físico do equipo e despois de varias galopadas en solitario, remata un rechace de Chino o longueiro e pon o 1 - 3 que sentenciaba o partido.

   Xa no desconto, os locais conseguirían o seu segundo gol nun despiste defensivo da SD.

   O fútbol débelle un ascenso os carreirenses e esperemos acadalo o vindeiro Domingo 18 na Coruña. FORZA SD.