Blogia
SD PONTE CARREIRA

SEN CREATIVIDADE (1-1)

SEN CREATIVIDADE (1-1)

ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, David Otero, Jose Lino, Gonzalo, Raul, Marco, Martín, David, Cristian e Zaca.
SUPLENTES: Lano, Pablito e Budiño.

  Outro dous puntos que voan da Chousa e neste caso non se pode decir que o Toques C.F. non o merecera. Comezou o partido con intensidade e xogando, sobre todo, polo centro do campo, onde moi pronto se estableceron ás marcaxes pero na primeira ocasión de perigo, nun balón dividido, David Gómez gañalle a partida ó porteiro visitante e consegue o 1-0 para a SD. Parecía que o partido non ía ter cor pero os visitantes non se viñeron abaixo e mostráronnse moi ben posicionados sobre o terreo, xogándolle de "tú a tú" o equipo dirixido por Kike. 

  Ían pasando os minutos e a SD non era quen , de matalo partido. Foi Zaca,o xogador máis activo na primeira metade, o que despuxo da mellor ocasión para poñer o 2-0 pero o seu disparo sae lamendo o longueiro. O Toques métese atrás e  cede moitos metros ó borde da area grande pero os carreirenses, en xogadas individuais, non conseguen chegar con claridade, e o esférico case sempre morre a pes da ordenada defensa visitante. Remata, con este resultado pola mínima a primeira metade.

  Na segunda metade, os toquenses, saen máis metidos no partido e comezan a chegar a meta local con moito perigo, a SD, pola súa parte, non se atopa cómodo no campo e a conexión co medio de enganche deixa moitos metros entre liñas e por conseguinte o balón nunca chega con suficiente frescura a dianteira. Nun descoido defensivo, o Toques consegue bater a Manolo cun bonito gol que facía xustiza o que os siareiros estaban a presenciar.

  O partido entra nunha fase de dominio alterno, a SD realiza dous novos trocos dando entrada a Pablito e Lano, pero para marcar goles é imprescindible tirar entre os tres paos. Con excesiva lentitud e sen garra, os locais non poideron pasar do empate nun partido que contaban con numerosas baixas pero non pode ser desculpa para acadar o ansiado ascenso.

  O próximo partido, o sábado fronte o Oza dos Ríos, será a volta ó bo camiño de resultados que este equipo nos ten afeitos.....sen lugar a dúbidas. ENCARRILEMOS O ASCENSO!!!!!

 

7 comentarios

Mascotas -

Espero que con el empate no se conformaran porque es un resultado que no convence a nadie y por ello tienen que luchar mas y mas.

anonim03 -

grazs victor
pasaremns xl0 vos0 flog e sorte pos partid0s


aupa a s.D ponte carreiraa!!!!!!


oxe gran partid0:
oza 1-5 ponte

xau

Víctor Cabanas -

Moi boas. Son Víctor do Atlético Sobrado, quería felicitarvos por este blog que está moi currado e moi ben documentado. Xa sabedes que o noso equipo ten páxina web www.casx.tk e blog onde pasarei a escribir as crónicas dos partidos atleticosobrado.blogspot.com,nada máis, sorte na tempada, tedes un bo equipo.

Vémonos no fútbol

anonimo -

O equipo está funcionando ben, ainda cos resultados non estean axudadando, xa virán tempos mellores; falta o goleador nato pero o oza vai a ser a seguinte victima.

anonimo2 -

ese pase!!k razon tes!!jajaj empezamos moi ben coma sempre pero partido a partido a cousa vaise desanimando cada vez mais!! tenhen k ponherll un pouco mais de ganhas!! tamen e certo k nestes partidos notouse a falta de xogadores con Fontes,Gerolo e neste último Chino!! animo a todos!!

Paseo -

a verdade eq levantarse 1 domingo de resaca pa ver o asqeroso partido q ns ofreceu desta vez o ponte carreira nn merece a pena( a rajar)

tan acostumados q stabamos este ano a bo xogo e resultados
rapaces deixando escapar estes puntos nn ascendemos eh!! asiq a espabilar

Anónimo -

Quedan moitos puntos por disputar aínda!!!! Conseguirémolo rapaces. AUPA A PONTE!!!!