Blogia
SD PONTE CARREIRA

APROBADO ALTO (1 - 3)

APROBADO ALTO (1 - 3)

ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Jose Lino, Marco, Raúl, Martín, Cristian, Gonzalo e David Gómez.
SUPLENTES: Lano, Elías, Budiño, Zaca e Kiko.

Unha SD PONTE CARREIRA moi madura, serena e rozando a perfección, así vai sacando os partidos adiante o equipo dirixido por Kike, e si fai un par de meses  detectébase unha obsesión polo medo a perder, hoxe en día xógase a un ritmo frenético e tratando de que o rival non impoña o seu estilo de xogo.

 Presentábase un partido moi compricado en Perillo, onde o equipo local non cedera nin un so punto no que vai de campionato, pero a SD nun magnífico encontro de desgaste físico e técnico acadou a vitoria nun encontro moi intenso dende o primeiro e ata o derradeiro minuto.

  Moi xuntos comezan os dous equipos, e sobre todo polo medio do campo, onde o Perillo trata de xogar pola zona ancha con balóns os seus puntas que tiveron moitos problemas, xa que a defensa carreirense cortaba con solvencia entregando o coiro de cara, o campo contrario. A SD faise co dominio do esférico con continuas chegadas onde Gonzalo e Dino son unha constante ameaza para a defensa local, e nunha internada pola banda esquerda, Cristian dá un pase maxistral a Dino que de forte disparo bate o cancerbeiro coruñés.

 O cadro azulón, lonxe de replegarse, envorcase o ataque e nun saque de esquina, Martín ponlle o balón milimetricamente a Chino que acada o 0 - 2, resultado co que se chegaría o descanso.

 Na reanudación, o equipo visitante "paga" o esforzo físico feito na primeira metade e a medida que o tempo vai pasando, o Perillo comeza a colgar balóns moi pechados sobre a portería de Manolo pero os visitantes mostrábanse moi seguros e en ningun momento os locais deron a sensación de poder marcar. Foi nunha xogada desafortunada onde o Perillo acadaría o único tanto despois de que lle caera o balón nos pes o dianteiro que non perdoa e reduce distancias.

   A SD, non podía deixar escapar estes tres puntos, despois do impecable partido que estaba a desenvolver e na seguinte xogada acadaría o 1 -3 por mediación de Zaca que sentenciaba o encontro. 

  Antes de que o arbitro pitara o final, os locais deixaron a sua nota negativa, despois de propinar un codazo a un xogador carreirense e con continuas provocacións.

  Con esta TRABALLADA E MERECIDISIMA vitoria a SD PONTE CARREIRA continua no mais alto da taboa e xa pensa no vindeiro rival que visitará a Chousa o Domingo 20 de Xaneiro ás 16.00 horas que non é outro que o Boimorto.

8 comentarios

rakel -

sen comentarios a actitude do Perillo!! e nese barrizal imposible xogar!! moita chuleria e moito chalet pero futbol pouco!!!!
este ano pa 2!!!

pablinho_ledoira -

veña veña qe este ano subimosss
ai qe crear un proyecto ilusionante en 2ª e intentar manterse


a 3ª faiselle pekena a sd!!

veña animo xente!!

Pedrito de la montaña -

Parece que en Perillo non están afeitos a perder e cando atopan a un equipo superior teñen que recurrir a montar tanganas

Oscar -

A verdade é que o campo non se corresponde co entorno que o rodea pero para min foi mais lamentable a actitude dos xogadores cando o resultado era desafavorable. Provocacións, insultos, agresións...menos mal que dous non se pelexan si un non quere. Non hai mais que mirar o estadillo cando o Perillo xoga na casa...moito traballo ten o árbitro!!!!

Víctor Cabanas -

Estes campos deberían estar prohibidos, pero como alguén pretende ver bon fútbol nese lamazal? Nos, o Atlético Sobrado sufrimos esta semana un campo similar na categoría xuvenil, o de Oseiro onde xoga o Pastoriza, o único que aportan estes campos o fútbol son lesións.
Nada máis felicidades pola gran campaña que estades a facer.

Sorte.

Anónimo -

A verdade é que da gusto ver xogar a este equipo, en Perillo fixo un "partidazo", con esta ambición, garra, disciplina, orden e derroche físico non será fácil gañarlle. Agora a polo Boimorto rapaces.

jason -

abofé que o é, a pesar da chulería exibida polos locais( xa se sabe " somos de la coruña, ahí vienen los de la montaña"), nós polo menos temos un campo de herba, non a braña q teñen estes poligoneros.

vvv -

Ese es el campo del perillo?