Blogia
SD PONTE CARREIRA

NOVENA VITORIA CONSECUTIVA (1-0)

NOVENA VITORIA CONSECUTIVA (1-0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, David Gómez, Marco, Raúl, Cristian, Gonzalo, kiko e Daniel.
  SUPLENTES: Lano, Elías, Budiño, Zaca e Martín.

  O San Martiño demostrou ser un equipo rocoso e moi competitivo na Chousa, sen embargo, o que non contaban os visitantes era ca reacción da SD que na segunda metade levou o peso do partido co seu toque e desmarque xerando claras ocasións de gol.

  Moi forte empezan os locais e os primeiros avisos serios chegan nos minutos iniciais, como ese balón que Cristian, dende o vértice da área grande, golpea salvando ó cancerbeiro pero o defensa visitante envia a córner con moitos apuros. A iniciativa é, por momentos do San Martiño, que cun fútbol moi elástico e criterio posicional presenta diversas opcións para ir o ataque e monta contragolpes pola esquerda pero que son anulados maxistralmente pola inespugnable defensa azulona. A SD, tarda bastantes minutos en presentarse o ataque con solvencia, e é por medio de Gonzalo que dispón de duas ocasións pero non é quen de alterar o resultado do encontro. O atasco dos carreirenses viña pola posición un tanto retrasada de Kiko e Raúl, que recibían moi de costas para distribuir, e o San Martiño cunha gran presión nos tres cuartos ofensivos mete unha e outra vez o xogo local nunha espiral de precipitacións e descontrol onde os pases non chegan o seu destino. Acababa asi a primeira metade co resultado inicial de 0 - 0.

  Kike toma nota do acontecido e dende o minuto un da segunda parte, vese unha SD mais ambiciosa, intelixente e que pelexa todos os balóns posibles cunha tatuaxe na fronte "NON SE ESCAPARÁN OS TRES PUNTOS".

  Gonzalo dá o primeiro aviso ós cincos minutos, onde engancha un balón que sae fora por ben pouco, os laterais da SD convirtense en carrileiros de fondo e por varias veces consiguen centrar dende a liña, é nun centro dende a dereita que salva o porteiro e Daniel de cabeza acada o 1 -0 no minuto vinte da segunda.

 A partir de aí, as novas incorporacións dispoñen de varias ocasións. Ó San Martiño entralle o cosquilleo co xogo desbordante dos locais, retrasan operativos, e asi Zaca e Piti comezan a romper o armanzón visitante e o gol rolda a portería dos de Cerceda pero a sorte e o pao fan que o colexiado sinale o final do encontro sen alterarse o marcador.

   A SD continua no primeiro posto da táboa unha xornada mais. O vindeiro encontro será en Mesía o domingo 17 de Febreiro ás 16.15 horas. 

0 comentarios