Blogia
SD PONTE CARREIRA

RESULTADO INXUSTO (2 -1)

RESULTADO INXUSTO (2 -1)   ALIÑACIÓN: Manolo, Lano, Meixide, Michel, Chino, Lino, Raul, Martín, Kiko, Gonzalo e Daniel.
  SUPLENTES: Zaca, Elias, Budiño,Pablito e Fontes.

  GOLES: 1 - 0 Óscar, 1 - 1 Daniel, 2 - 1 Óscar.

   A Sd Ponte Carreira puxo o fútbol e o Ordes os goles. As vitorias dos rivais nunca se poden por en tea de xuizo, aplaudeselle, felicitaselle e deséxaselle o mellor pero é de lei recoñecer que a SD lle dou un baño de fútbol a un Ordes que chegou tres veces a portería e acadou dous tantos.

   Comeza o partido con dominio de balón dos locais que pronto encontran o seu premio nun disparo dende 40 metros que sorprende a Manolo e pon o partido moi costa arriba para o lider da categoría. O equipo de Kike, acostumado a xogar co resultado a favor, tiña a dificil papeleta de remontar o encontro ante un Ordes que, despois do gol, comeza a replegarse ante o acoso dos carreirenses que se mostran moi ambiciosos e cun claro debuxo ofensivo. Gonzalo, Daniel e Raúl dispoñen de senllas ocasións de gol pero non son quen de acadar o ansiado empate.

  No medio do campo a batalla era librada ó ritmo do Ponte Carreira que facía circular o balón as bandas, varias galopadas de Martín e Daniel culminan con sendos centros moi pechados, pero a envergadura da defensa ordense afasta o perigo. O partido estaba a ser un monólogo e parecía que o gol dos visitantes non tardaría en chegar, así no minuto 30 un mal despexe do cancerbeiro local recolleo Daniel e pon o empate no electrónico (1 - 1).

  Dende ese momento o cadro local perde o sitio no terreo de xogo e por moitos minutos e cando o típico xogo raso a un toque entre Kiko, Raúl, Gonzalo e Daniel comeza a causar estragos na defensa do Ordes, e non lle queda mais remedio que forzar ata tres faltas o borde da area en tan só 10 minutos, das que unha se vai o pao. Nos derradeiros minutos deste periodo a SD dispuxo de outra ocasión por medio de Martín que o gardamallas envia maxistralmente a córner.

   Na segunda metade só existiu un equipo, o Ponte Carreira, para o bo e o menos bo, xa que o segundo gol dos locais foi un agasallo dos carreirenses. Tras o descanso o Ordes métese atrás e o dominio é total e absoluto do equipo dirixido por Kike que da entrada no campo a Fontes. Parecía que o Ordes non tiña delanteiros e os once xogadores se colgaran do longueiro pa defendelo resultado, Fontes por duas veces  a piques está de marcar pero do que podía ser o 1 - 2 pásase o agasallo dos tres puntos da Sd despois dun mal despexe da defensa visitante que bate nun xogador do Ordes e só ten que sortear a Manolo para por o 2 -1. Increíble pero certo.

    Saques de esquina, faltas o borde da area, xogo raso a un toque, abrindo xogo ás bandas, xogadas individuais, xogadas colectivas, colgando balóns moi pechados, a Sd xa non podía facer mais do que estaba a facer xa que o Ordes estaba á defensiva total.

   A Sd Ponte Carreira bateuse o cobre sobre o terreo de xogo, Kike mostrouse moi valente e os xogadores derono todo pero cando as cousas se torcen e o balón non quere entrar, o mellor é esquecerse do encontro e pensar no próximo rival.

   O vindeiro Domingo visita a Chousa o sempre compricado San Estevo, esperamos a axuda da afección a partir das 16.30. Agora mais que nunca....... FORZA SD!!!!!!

 

4 comentarios

EU -

Quero primordialmente dar a noraboa a todo o equipo!!!
Tamén quero pedirlle encarecidamente a manolo, o porteiro, que por favor se retire!!!!!!!
Grazas.

-

Espero que non se crispe o afectado, pero vai a haber que atar a Manolo á portería porque senon...

Toquescf -

A verdade e q parece q tivedes moi mala sorte. Da moita rabia perder desa forma tan inxusta, pero bueno... cousas do futbol. Ainda así tivedes a sorte de q o cire non pasara do empate.

Por certo da votación do mellor equipo xa podedes borrar ao Perillo e na vindeira xornada oxalá volvo a escribir para contaros q tamen podedes borrar ao Boimorto.

Yony -

Ese Revol...e esta canción non é comercial pero a nos danos igual...buenisima. Avisanos cando actuedes, mola mogollón...e todos a MERCAR O DISCO DE RUXE RUXE. Noraboa amigo. Saudos.