Blogia
SD PONTE CARREIRA

MAL ENCONTRO MELLOR RESULTADO (1-0)

  ALIÑACIÓN: David Gómez, Lano, Meixide, Chino, Lino, Raul, Martín, Kiko, Gonzalo,Elías e Daniel.
  SUPLENTES: Budiño e Pablito.

  GOLES: 1 - 0 Raúl.

   Nada mellor que o compromiso dos xogadores, todo iso suple a posesión do balón, calidade e estilismo en monótonas xogadas individuais que nada aportan o xogo colectivo, nunha tarde de domingo na que o fútbol saiu ferido de gravedade do céspede da Chousa.

  Moi pronto se observa que o fútbol ía a ser rácano hasta a extunuación, ben porque se trataba dun derbi local ou ben polas infinitas baixas que presentaba a SD. Kike, unha vez máis tivo que inxeniar un novo once no que destacaba a presencia de Elías na punta do ataque e a ausencia de Manolo era suplida por un "tocado" David Gómez.

   O San Estevo  comeza ensinando as suas cartas xogando de farol, fai a seña dun as pero na man tan só tiña unha sota para intentar levala partida, e outro tanto a SD POPNTE CARREIRA que dende o primeiro minuto amosa unhas alarmantes lagunas na transición de balón na medular.  Os locais son os primeiros en pisala area dos visitantes co balón controlado pero sen moita convicción no seu propio fútbol, as internadas polas bandas son as que propician as mellores ocasións de gol onde Raúl e Elías non son quen de bater o fenómenal porteiro de Abella. Con este resultado de empate a cero goles chegaríase o descanso.

   O segundo tempo comeza cun troco que a posteriori sería definitivo para a SD. Elías abandoa o terreo de xogo e Pablito é o encargado de sustituílo. Con este troco Kike busca máis velocidade nos derradeiros metros e pegada. Así despois dos primeiros 15 minutos que se podrían denominar "minutos da basura" sen desmarques, sen relevos nin xogadas encarando a portería, sen un tiro con perigo e sen ideas claras, Pablito consegue chegar a liña de fondo pola esquerda e o seu magnífico centro, rematao Raúl na boca do gol acadando o 1 - 0, nun partido que se puxera moi costa arriba.

   O San Estevo, toma as rendas do encontro, acoso permanente para a defensa azulona, onde Lino, Chino, Lano e Meixide son os encargados de afastar o perigo e amosar o porqué somos o equipo menos batido do campeonato. Cos visitantes volcados o ataque, a SD monta un contrataque no que Daniel non pode acadar o gol da tranquilidade despois dunha maxistral intervención do gardamallas visitante. A falta de 5 minutos, o San Estevo desperdicia unha ocasión de ouro nun remate de cabeza do Quinto pero o seu disparo sae lamendo o pao cando na grada xa se via o esférico no fondo das mallas. 

   Esta non é a SD de verdade, a que tantas tardes de gloria ten obsequiado a afección, pero as baixas e as gañas dos rivais por gañarlle ó LIDER da categoría poñen dende o minuto un e ata o noventa a emoción no marcador.

  Quedan sete finais e a SD dispon dos mellores xogadores da categoría para acadar cinco vitorias que nos levarian de novo a Segunda Autonómica, para iso é imprescindible gañar os dous próximos partidos e......A DISFRUTALO.

3 comentarios

Regeiro -

ola Zaka! contamos contigo pra este domingo ou non volves quedar en Ferrol? a torcida blue bota de menos os teus espléndidos remates a porta!!

Marco -

O venres no adestramento veremos como me atopo, de todas formas o equipo está respondendo ante as numerosas baixas que hai e eso é o máis importante.

Anónimo -

Hola Marco, podemos contar contigo para o vindeiro domingo? Cómo vai esa lesión? Saudos campeón.