¡¡¡¡¡ CAMPIÓN DE INVERNO !!!!! (2-0)
ALIÑACIÓN: Cristian, Meixide, Michel, Chino, David Gómez, Marco, Budiño, Raúl, Martín, Gonzalo e Daniel.
SUPLENTES: Lano, Elías, Pablito, Zaca e Kiko.
Non se lle pode pedir mais nesta primeira volta o corpo técnico, xogadores e siareiros da SD PONTE CARREIRA que rematan o 2007 ....LÍDERES!!!!!!
Partido complicado para o equipo de Kike, que a pesares de non ver perigar o resultado en ningun momento encontrou no Vilarmaior un equipo forte, rocoso e moi disciplinado.
Sería Gonzalo o encargado de dar o primeiro aviso nun contragolpe cun disparo frouxo que o meta visitante atrapa sen apuros. Os seguintes trinta minutos foron sen dominio claro de balón, o equipo local busca a verticalidade e entrada polas bandas pero con tímidos ataques e sen ocasións reseñables de gol. A piques de chegar o descanso un centro de Martín dende a dereita, onde o gardamallas visitante non mide ben a sua saída, é aproveitado por Gonzalo para porlle en bandexa a Marcos Meixide que so ten que empuxar o esférico para facer 1-0.
Na reanudación, o equipo azulón saiu en busca do segundo gol para finiquitar o encontro. Kike, que está a facer unha maxistral tempada no banco coas famosas "rotacións", da entrada no terreo de xogo a Pablito en sustitución de Michel, para intentar acadar o segundo tanto buscando as costas da defensa visitante coa sua velocidade. Lano e Zaca son as novas incorporacións, e con eles chega o 2-0 nunha internada novamente pola dereita que remata o primeiro na liña do gol.
A falta de un cuarto de hora para a conclusión do partido, Elías e Kiko son os seguintes en pisar a Chousa e deixan sendos detalles de calidade nunha xogada que poñería fin o encontro.
Dende aquí o meu apoio a xogadores, adestrador, presidente, siaeiros e entorno azulón polo esforzo que están a amosar para acadar o ansiado ascenso. Non baixedes a garda!!!!!
Desexámosvos a TODOS unhas FELICES FESTAS E UN FELIZ 2008. Lembrámoslle que o vindeiro partido da SD PONTE CARREIRA terá lugar o Domingo 6 de Xaneiro ás 16.00 horas na Chousa fronte o Encrobas C.F.
2 comentarios
ToquesCF -
Q pasou onte??? pq aplazouse??
Moita sorte na liga
Anónimo -