XORNADA REDONDA (1-0)
ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Jose Lino, Marco, Raúl, Martín, Budiño, Gonzalo e David Gómez.
SUPLENTES: Lano, Elías, Daniel e Zaca.
Moi poucas veces foi capaz a SD de impoñer o seu estilo de xogo combinativo, o Boimorto C.F. meteu o partido nun embudo cun fútbol trabado e moi físico, pero seria o equipo de Kike o primeiro en por a proba ó cancerbeiro visitante, despois dun centro medido dende a dereita de Martín que, Gonzalo non é quen de enviar o fondo das mallas.
Foron os mellores minutos dun PONTE CARREIRA, que no min. 29 se adiantaría por obra de Raul nun potente disparo dende o borde da area, facendo xustiza o que os siareiros estaban a presenciar dende as bancadas.
A partir de aí, a SD perde a sua identidade e segue a estela de xogo do Boimorto, moito contacto físico, sempre con legalidade e pouco fútbol no pesado campo da Chousa.
No medio de campo, Raul e Marco, gañaban a batalla unha e outra vez ós mediocentros visitantes, o que facilitaba o traballo da titánica defensa da SD, que un encontro mais remata co marcador a cero. Co resultado en contra, o Boimorto colle o dominio do esférico e duas galopadas culminan con sendos centros moi pechados que Manolo desvía a corner maxistralmente.
Antes de rematala primeira metade, Gonzalo, un pesadelo para a defensa celeste, tivo o segundo tanto nas suas botas pero a fenomenal actuación do porteiro faría que o electrónico non se movera.
Na segunda metade, nunha aposta moi valente de Kike, Daniel e Lano entran por Budiño e Marco, é o Boimorto o encargado de manexar o balón pero a SD defendía cun orden militar impresionante e digno de eloxio, o que fai, que as escasas chegadas nunca sexan un problema para a meta carreirense.
Antes de que o colexiado indicase o camiño os vestiairos, Zaca que entrou en lugar de Gonzalo, inventa unha xogada na que se vai de dous contrarios pero o seu tiro morre ás mans do porteiro visitante.
Con esta vitoria pola mínima, a SD PONTE CARREIRA, continua no mais alto da taboa e a seis puntos do seu inmediato perseguidor, o Cire Melide que caeu derrotado na sua cancha fronte o Oza Dos Rios.
O vindeiro partido do equipo azulón será o sábado 26 en Dorneda, ás 16.30 horas.
7 comentarios
sonia -
En la primera vuelta si estaba y en este partdo no jugó.
Era el mejor, alguien me ayuda, por fa.
Oscar -
Marco -
Anónimo -
Charetas -
sagus -
ekipo animo
este ano 2ª dew
mola yoni sese
ZACA -