RESULTADO XUSTO (1 - 1)
ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Gonzalo, Meixide, Marco, Jorge Souto, Dani ,Lano, David Gómez e Toni.
SUPLENTES: Víctor, Martín, Elías, Pablito e Chino
GOLES: 1 - 0 Suso Corral, 1 - 1 Gonzalo.
Encontro correspondente a Terceira Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo do Castro, que presentaba unhas excelentes condicións para a práctica do fútbol. 120 espectadores.
A SD PONTE CARREIRA acadou un máis que merecido empate nun campo no que poucos equipos podrán puntuar.
O Carral comeza o encontro moi ben posicionado sobre o céspede e xogando o balón o primeiro toque. O cadro de Kike, pola sua parte, deixa un descomunal oco polo flanco esquerdo que os locais aproveitan para chegar cómodamente pero sin perigo. Sería Dani, o encargado en dispoñer da mellor ocasión da primeira parte, nun penalti cometido sobre Toni que envía fora para desanimo dos numerosos siareiros visitantes.
Os pupilos de Carlos Alberto continuan levando a batuta e xogando ben o esférico, con chegadas pola banda dereita dispoñen de varias ocasións de gol que a defensa azulona envía a corner. Os locais pronto se dan conta da ausencia da SD, xa que por momentos non estreitan os marcaxes e así chegaria o gol do Carral. Suso Corral recolle un balón de costas, desfaise do seu marcador e bate a Manolo por baixo.
Este gol foi unha lousa para os visitantes e comezan a perder moitos balóns que terminan con claras ocasións para os carralenses pero que non conseguen materializar. Con este resultado de 1 a 0 chegaríase o descando.
A entrada no campo na segunda metade de Martín trocou por completo a imaxe da SD. Os carreirenses fóronse ó ataque, moi ambiciosos, buscando a igualada, Dani e Martín recibían con facilidade, aínda que moito tiña que ver o incansable traballo de David e Toni co balón nos pes. A diferencia agora era esa sexta velocidade que a SD PONTE CARREIRA imprimía as suas accións. E chega o recital dos visitantes, presionando, recuperando, distribuindo, xogando e con innumerables ocasións de gol como esa vaselina de Daniel ou esa falta o borde da area de David ou ese centro de Martín o que Gonzalo non pode chegar..o gol máscase nas gradas a prol dos de Kike.
Soese decir que o fútbol é inxusto pero nesta ocasión rompeuse o dito e no derradeiro saque de esquina o bravo xogador Gonzalo, pondría a igualada no marcador, despois dun remate coa testa no que o cancerbeiro local nada pode facer.
Este é o equipo que queremos presenciar o longo da tempada, correoso, involucrado e que en ningun momento da o partido por perdido. De seguro que o resultado será o esperado polos siareiros azulóns.
A SD recibirá o vindeiro domingo 28 ó Imperator, que non coñece a derrota. Na chousa a partir das 5 da tarde. A SD SOMOS TODOS!!!!!
3 comentarios
Oscar -
Manolo
Meixide
Michel
Lino
Chino
Marco
Gonzalo
Jorge Souto
David
Daniel
Toni
Esta será a aliñación...xogamos un café na de Pablo jejeje
xurxo -
pablo -