Blogia
SD PONTE CARREIRA

XA SOMOS DE SEGUNDA (2 - 1)

XA SOMOS DE SEGUNDA (2 - 1)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Gonzalo, Meixide, Raul, Cristian , Kiko , Martín, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES:  Zaca, Pablito, Lano, Budiño e Juan Carlos.

 GOLES: 0 - 1 Daniel, 1 - 1 Luis e 2 - 1 David.

   A SD PONTE CARREIRA acadou o ascenso a 2ª Autonómica fronte o Portazgo a pesar de perder por dous tantos a un, nun campo onde o cadro de Kike parecía xogar na casa polos numerosos e ruidosos siareiros que se desprazaron a terras coruñesas.

   Non foi tarefa sinxela, os locais puxeron toda a carne no asador e despois dunha primeira media hora con ocasións dos dous equipos, Daniel adiantaría a SD nun contragolpe perfectamente finalizado que deixaría muda a afección coruñesa.

  Os carreirenses mostrábanse atrevidos, xogando o fútbol e pelexando cada centimetro, co resultado a prol, presionando ata o derradeiro minuto da primeira parte e sabendo moi ben o que se xogaba neste encontro. Lino e Gonzalo, axudados por Meixide e Michel fan un muro defensivo onde os locais carecen de ideas. Con este resultado chegaríase o remate dos primeiros cuarenta e cinco minutos.

   Na reanudación, o partido dou un xiro de cento oitenta grados e o Portazgo comezou a medrar e a ver que a sua proposta lle facía dano a unha nerviosa SD. Deste xeito, chegaria o primeiro tanto no minuto 22 despois dun corner que Luis remata a rede e establecendo o empate no electrónico.

  Os locais estaban a empregar un fútbol de toque e moi directo, a SD cedía metros e iso beneficiaba os branquivermellos que atopaban a sua recompensa cun penalti que transformaría David a falta de quince minutos.

  Mais costa arriba se lle poñía o encontro os pupilos de Kike despois da expulsión do mediocentro Raul. Tocaba sufrir, pero nesta ocasión a sorte tiña que estar do noso lado e asi o facía ver a afección que non paraba de dar folgos os bravos xogadores azulóns.

  Os derradeiros minutos foron de bombardeo contra a meta defendida maxistralmente por Manolo pero o destino situaría a SD en Segunda Autonómica pese o magnífico segundo tempo do Portazgo.

   P.D....Portazgo s.d. vémonos na seguinte tempada.

   Esta crónica, como non podía ser doutra forma, vai adicada a fenomenal e incansable afección...GRAZAS.  SEMPRE SD!!!!

15 comentarios

diegometadona -

moitas felicidades para todos os q formades parte da SD.q disfrutedes para o ano na segunda e a seguir colleitando exitos.Sr M.Carnota o ascenso xa esta ahora cumpla eso q dixo por Sigueiro q si ascendian a drectiva levaria os xogadores unha semana a gastos pagos a Santo Domingo..

ToquesCF -

Un 10 para vos amigos.

Felicitarvos polo o ascenso tan merecido coma os nosos veciños.
Sorte para o ano en 2 q esperemos q sexa de voso agrado e esperemos q non volvades a 3ª autonómica.

Saudos

braisinho -

buenas xentiña!!!xa tamos en segunda si señor,costou o seu peo o final cumplimolo!!!!ai k decilo todo e a verda e ke sen a afeccion no seria nada esto!!
o da cena ai k facelo k ten k ser a ostia a poñer dia!!!
e o maximo do ascenso sen duda a festa de despo!!ke bote ke bot.....jejejeje
cuidense
vemonos maña no entrenamiento!!!!

Anónimus -

É unha boa proposta, o dificil será poñer o dia...

XIAREIROS -

PROSPOSTA:
UNHA CEA POLO ASCENSO NO K ACUDAN OS XOGADORES E OS XIAREIROS!!!

FLAVIA -

Increible!xa estamos en segunda.Merecemolo todos;o equipo maila aficcion,que vos estivemos apoyando ata o ultimo momento.un saudo.FORZA SD.

SaGuS -

wenas
ps xa tamos en 2ª e pa o ano
pa 1ª komo kampeons
enga e sorte ao portazg0




paz

ROBERTO CARLOS CARBALLO -

TEÑO Q FELICITAR ENORMEMENTE AO AUTOR DESTA PÁXINA. OS SEUS COMENTARIOS SOM SEMPRE ACERTADOS E CHEOS DE PROFESIONALIDADE. O MUNDO DO XORNALISMO DEPORTIVO PERDEU UN GRAN CRONISTA EN TI. PERO NUNCA É DEMASIADO TARDE. TI TERÍAS UN OCO EN CANEANDO

portazgo -

Moitas grazas polo ánimo que nos dades para que ascendamos e nos vexamos na tempada seguinte en segunda. Noraboa a persoa que fai as crónicas, creo que a pesar de ser xiareiro do pontecarreira foi moi obxectivo tanto na crónica do partido de ida como no de volta.
Os nosos parabens dende o Portazgo S.D para a SD Pontecarreira polo ascenso colleitado.
Espero que se cumpran as vosas palabras e nos vexamos o ano que ven porque creo que o merecemos.

P.D: Espero que nos veñades animar(jejejeje) o domingo as 17.00h no carrizo contra o deportivo ciudad(estes si son da coru.jajajaja)

rakel -

A SEGUNDA OE!!!!FORZA SD!!
O MELLOR A CELEBRACION SEN DUDA!!!

afeccionado -

bueno pos todos contentos ca sd en segunda!!!

un non sabia o resultado peo cando empeza a ver os fogos artificiais e as bombas...xa se supon!!


venga a aguantarse e demostrar de onde se e!!!


aupa SD!!


unha siareira -

PARABENS POR ESTE MERECIDO ASCENSO DESPOIS DUNHA TEMPORADA CHEA DE ILUSION E BO FACER POR PARTE TANTO DOS XOGADORES, A DIRECTIVA E OS SIAREIROS SIN OS CALES ESTO NON TERIA SENTIDO.

melide -

noraboa dende melide!!!eke mereciamolo os dous xuntos ascender xa sen necesidade da fase de ascenso!!!agora a intentalo en 2ª.vemonos arriba

yellow chinguirit -

Incrible! xa alcanzamos as 10000 visitas!

BRIGADAS AZUIS -

Moitas felicidades e o final o presaxio cumpliuse e para o ano verémonos en segunda.Vos,nos e o Arzúa(bua).Noraboa a sd Pontecarreira pola tempada e polo ascenso que mereciadelo.E decir que as vosas camisetas non son tan bonitas como as nosas jajjajajaj.Pois eso que noraboa e que nos vemos para o ano. SAUDOS DENDE MELIDE.
FORZA MELIDE!FORZA BRIGADAS*AZUIS