Blogia
SD PONTE CARREIRA

GOLPE DE AUTORIDADE (5 - 3)

GOLPE DE AUTORIDADE (5 - 3)

   ALIÑACIÓN: Manolo, Víctor , Lino, Gonzalo, Meixide, Marco, Jorge Souto, Elías ,Lano, David Gómez e Toni.
   SUPLENTES:  Zaca, Martín, Dani, Pablito e Michel.

   GOLES: 1 - 0 David Gómez, 1 - 1 Manu, 2 - 1  David Gómez (Penalti) , 3 -1 Toni, 4 - 1 Lano, 4 -2 Manu, 4 -3 Suso  e 5 - 3 Toni.

  Encontro correspondente a Segunda Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo da Chousa, que presentaba unhas  excelentes condicións para a práctica do fútbol. 90 espectadores.

  Os amantes do balompé presenciaron o domingo na Chousa un partido que dificilmente esquecerán. Goles, calidade, intensidade e derroche físico nun encontro que máis ben parecía dunha categoría superior. 

  A SD PONTE CARREIRA acadou a primeira vitoria da tempada cunha dinamita que fixo cinzas as ilusións do Paiosaco. Os locais saltaron o campo cunha presión descomunal e titánica, como se foran a subir o alto do Angliru, e cos machos marcando a bragueta do calzón, comezaron metendo o encontro nunha constante presión que daría o seu fruto no minuto 7, despois dunha falta fabricada por Toni, que David Gómez envía o fondo das mallas convertindo no 1 a 0.

  Os coruñeses, lonxe de virse abaixo, buscaban o gol do empate mediante un xogo de posesión e este chegaría despois dun erro defensivo, entre Manolo e Lino, no que Manu "pica" o balón para igualar a contenda.

  A SD decídese a xogar máis en corto polo interior e pola banda dereita buscando as costas ó cadro verdibranco mediante balóns xogados o pé onde Toni e David son un pesadelo para a defensa visitante, de ahí chegaría o claro penalti que o xoven cancerbeiro coruñés comete sobre Toni e onde o colexiado lle perdoa a cartulina vermella. David Gómez sería o encargado de convertilo, anotando o segundo gol na sua conta particular (2 -1).  Con este resultado chegaríase o descando.

  Non puido comezar mellor o segundo periodo para o cadro de Kike. Saque de centro, David abre en banda dereita a Pablito, que acababa de entrar en sustitución de Elías, este chega ata línea de fondo e pon un centro onde Toni só ten que empurrar de cabeza o fondo das mallas (3 - 1). Os carreirenses non dan un respiro e saen dispostos a rematalo resultado, e dispoñen de varias ocasións de gol, no centro do campo estábase fraguando un gran binomio, Marco-Jorge Souto, que estaba resultando un auténtico filón ofensivo dende a medular, con Pablito e Lano como referencia nas bandas abrindo campo e creando uns enormes ocos na defensa visitante. Así, Lano asinaría o 4  a 1 despois dunha gran xogada individual na que se foi de ata tres defensas e de tiro raso bate o porteiro coruñés. Cando se quixeron dar conta a SD xa estaba coa moral polas nubes e impoñendo un fútbol machacón, laborioso e intelixente.

   O Paiosaco busca o balonazo en largo e buscando as costas da adiantada defensa local, a SD cedelle a posesión de balón e comeza a xogar ó fora de xogo, así en duas arrancadas dende a dereita en posición moi dubidosa os visitantes vólvense a meter no encontro con goles de Manu (4 - 2) e Suso (4 -3).

  A SD estaba ausentada do partido e esa páxara dos locais aproveita o Paiosaco para chegar unha e outra vez polas bandas. Co 4 - 3 no marcador os visitantes reclamaron un posible penalti nun forcexeo entre Lino e Manu que se solventou cunha tarxeta vermella para o mediocentro coruñés por dirixirse o colexiado. Na seguinte xogada, o incansable e bravo dianteiro azulón, Toni, faría o 5 a 3 definitivo.

  O resultado é un gran golpe de moral para a SD PONTE CARREIRA xa que enfrente estaba un Paiosaco que incou o xeonllo a base dun gran fútbol despregado polos locais.

  O vindeiro sábado 20 a SD desprázase o compricado campo do Carral, que conta os seus partidos por citorias, para enfrontarse o cadro local a partires das 6 da tarde. SABEMOS QUE ACUDIREDES. FORZA SD!!!!

3 comentarios

jORGE -

BETANZOS B-CIRE MELIDE x
OLIMPICO-BREXO LEMA 1
ARZUA-PORTAZGO 1
EIRIS-VICTORIA X
IMPERATOR-SILVA 1
CARRAL-PONTE CARREIRA 2
PAIOSACO-UNIVERSIDADE 2
MARINO-BURGO 1
QUEIXAS LARIN 2

A POLO CARRAL!!!!!!!!

xurxo -

BETANZOS B-CIRE MELIDE x
OLIMPICO-BREXO LEMA 1
ARZUA-PORTAZGO 1
EIRIS-VICTORIA X
IMPERATOR-SILVA 1
CARRAL-PONTE CARREIRA 2
PAIOSACO-UNIVERSIDADE 2
MARINO-BURGO 1
QUEIXAS LARIN 2

A POLO CARRAL!!!!!!!!

Oscar -

Ahi vai a próxima quiniela... Estes son os meus pronósticos
BETANZOS B-CIRE MELIDE 1
OLIMPICO-BREXO LEMA 1
ARZUA-PORTAZGO 1
EIRIS-VICTORIA X
IMPERATOR-SILVA 1
CARRAL-PONTE CARREIRA 2
PAIOSACO-UNIVERSIDADE 2
MARINO-BURGO X
QUEIXAS LARIN X
Xa sabedes copiar e pegar..Animadevos.