Blogia
SD PONTE CARREIRA

A SD PUIDO SENTENCIAR (1-0)

A SD PUIDO SENTENCIAR (1-0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Chino, Meixide, Raul, Cristian , Kiko , Daniel, David Gómez e Gonzalo.
  SUPLENTES: Marco, Zaca, Pablito, Lano e Juan Carlos.

 GOLES: 1 - 0 Daniel. 

   A SD PONTE CARREIRA perdonoulle a vida a un Portazgo que tan só dou sensación de equipo na primeira media hora de partido.

  O Portazgo S.D. saíu enchufado e moi motivado polo que se xogaba no encontro, fútbol preciosista e de toque, con velocidade, verticalidade, provocando espacios, con numerosas chegadas pero sen demasiado perigo. Pola sua parte, os locais comezan o encontro moi nerviosos e desbordados polos acontecementos. Pero esta disposición no campo, duraría trinta minutos, os que tardou a SD en meterse de cheo na eliminatoria. Os locais borraron do campo os coruñeses, que tiveron que facer o primeiro troco pouco antes da conclusión da primeira metade despois dun encontronazo entre dous dos seus xogadores. Gonzalo tería a mellor ocasión da SD cun  remate de cabeza nun centro dende a esquerda de Michel pero o balón sae lamendo o longueiro.

  Na reanudación, aparece a SD de verdade, a do coitelo entre os dentes e o fusil na cadeira, xa amosaba as gañas por resolver ó sair o terreo de xogo 5 minutos antes de terminar o tempo de lecer. Os visitantes intuen esa forza dos azulóns e deciden esperar atrás para aguantar o chaparrón inicial, pero a pesar de esas medidas non son capaces de parar a arremetida local que dispón da primeira ocasión clara no minuto 2 por medio de David Gómez.

  A medida que o cronómetro marca os minutos, o cadro dirixido por kike vaise facendo co mando do partido, cas pilas cargadas e sen dar opción a un rival sen "fuelle" e que en ningún momento da sensación de querer gañar o partido. Con este xogo estaba claro que pronto a SD acadaría o gol e foi dende os once metros por mediación de Daniel facendo xustiza o que se estaba a ver no terreo de xogo.

   Os avisos continuan por parte dos carreirenses, e comeza a despregar o típico xogo de toque toque o que nos ten acostumados, pero nesta ocasión con diagonais onde Daniel e Cristian teñen licencia para arriscar. No minuto 15 desta segunda metade, David prántase so diante do cancerbeiro visitante pero o seu remate sae lixeramente alto. Estabamos a ver a un equipo machacón, constante, moi serio e intelixente pero que nos metros finais non era quen de sentenciar a eliminatoria. No medio do campo, Raul mostrábase impresionante, multiplicábase por mil e cortaba todo o bacalao tanto no medio defensivo como polas bandas, de esa entrega sairon varias xogadas de Gonzalo e David pero Kike, o meta visitante, estábase a convertir no mellor xogador do Portazgo. Tanto e asi, que minutos despois o equipo local dispon dunha nova ocasión de ouro para acadar o segundo tanto, pero Daniel erra a pena máxima.

  Non obstante, ós dous equipos véselle físicamente castigados, Kike le o encontro buscando a efectividade dende a frescura mental e da entrada a Juan Carlos reforzando asi o xogo aereo.  O acoso era constante e antes da conclusión do encontro Crsitian e Lano non poden materializar sendas ocasións.

   A SD toma vantaxe nun encontro que tivo un comezo desastroso pero unha segunda metade impresionante dende o porteiro ata a dianteira, e deixou vivo a un Portazgo que puido colleitar unha goleada.

   O vindeiro domingo ás 17.00 horas no campo do Carrizo (Portazgo) a SD pode ser novo equipo de SEGUNDA!!!!!

8 comentarios

zapateirense -

itinerario pró Carrizo:
1 , strada 55o direucción á Cruña( isto non seise había q poñer-o)
2, onde está o cruce eirís cruña, pues pà la coru.
3, metrse á primeira á dereita pra Palavea.
4, chegamos a enfrente da cocacola( begano sa) e pra derita, costa arriba
5, ás 4 curvas á eskerda, onde xa hai un cartazo do campo
6, kilometro e medio por esa pista eeeeeeeee o campo.

sd ponte -

A ver se ascendemoooos!!!
Asi a todo pareceme que no seu equipo imos sufrir de carallo...eles tocan moi ben o balon e son xoves.Seguramente sairan a morder.

A polo ascenso!!!!

pablooo -

bueno xente ta claro q visto o partido o resultado parece corto. sobre todo na segunda parte ke o portazgo xa pudo salir sin opcions..peo o final foi o k foi..alguns xa o firmarian antes d empzar...asike agoa ai q ir con ganas a coruña e a por eles!!!

este ano si!!!

este ano a segunda..

animo campeons!!!!!!!!!!

raso -

desgraciadamente o resultado é moi malo, ir cun so gol é pouquísimo e vexo a cousa moi fodida, pena do penalty, oxalá q esa xogada non foda o ascenso

SD -

Alguen me pode decir onde está a campo do Portazgo. Algo escoitei de que está detrás do Al Campo, pero exactamente que carretera debo de coller? Grazas

braisinho do bomvo!!jejeje -

tal e como dixo opscar
todo foi asi dende o pincipio ata o final!!!!
o portazgo pudo salir cuna goleada,e quedamos ai...
decir k os penaltis son mu claros!!!
aoa aer se marcamos un goliño ali e asi aer se pasamos!!!
forza S.D!!!
a aficion esta contigo!!!

Manuel -

Si,todo correcto e bastante real,pero tamen hai q falar dos dous penaltis q inventou o arbitro eh....un saudo

paseo -

como ben comenta oscar a S.D. puido sentenciar o partido na ida e asi poder ir algo + relaxados o carrizo.
esperemos a ponte nos ofrezca o futbol do outro dia e con 1 goliño nos primeiros mints nos qite os nervios.

ali estaremos NÓS A AFICIÓN dando todo pa animar os nosos fieis.

ANIMO S.D.!!!!