Blogia
SD PONTE CARREIRA

O IMPER FOI SUPERIOR (1 - 2)

O IMPER FOI SUPERIOR (1 - 2)

ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Jose Lino, Gonzalo, Marco, Jorge Souto, Martín, Daniel, David Gómez e Toni.

  SUPLENTES: Budiño, Zaca, Pablito, Elías e Saad.

  GOLES: 0 – 1 Borja, 1 – 1 Daniel e 1 – 2 Alberto.

   Segundo encontro disputado na Chousa da SD PONTE CARREIRA correspondente a cuarta Xornada do Campeonato de Liga ante 100 siareiros e nunha tarde soleada co céspede en perfectas condicións.

  Luis Moya e Carlos Sainz deron a volta ó mundo no ano 1998, cando ó piloto madrileño a 500 metros da meta lle rompeu unha biela do Toyota Corolla e perdeu o mundial na proba do RAC de Inglaterra. As caras de Moya e Sainz eran todo un poema e de resignación, o mesmo lle sucedeu o numeroso grupo de siareiros da SD que asistiron o partido de A Chousa e que non comprendían o porqué de esa "soberbia" amosada.

  Unha maldita biela truncou a exitosa tempada de Sainz e Moya, unha peza en principio tan básica no funcionamento, xa que fai un movemento sempre en líña recta, nun dos extremos atópase o eixe da roda que transforma ese movemento nunha acción de rotación e enganche sobre as bandas de rodadura. Xustamente o que non fixoo a SD o domingo pasado fronte o Imperátor no primeiro tempo, nin fixo rotacións, nin enganchou as liñas, e moito menos tivo circulación do balón nun equipo que precisamente se leva ben co coiro. A "Biela" encasquillouse unha e outra vez nun xogo ramplón e sen ideas.

  E chegada á Chousa, o "Imper", un equipo que sabe ó que xoga, con moi bos xogadores nas suas filas e que dende o pitido inicial se fai co control do balón. O cadro coruñés, con moito peso específico nos pés, físicamente como un roble e tácticamente moi ben traballado foi o encargado de inaugurar o marcador cando tan só se levaban disputados 10 minutos de encontro nunha desafortunada saída de Manolo na que o dianteiro vermellón se adianta e de tiro cruzado coloca o 0 a 1 no electrónico.

  A SD, estaba a amosar a cara máis oscura da tempada e baseaba o seu xogo en balóns longos que facilitaban a labor da defensa visitante. O que está moi claro é que hai que meterse dentro do partido e machacar ó rival, con ou sen balón e a día de hoxe nin os máis "sabios do fútbol" poden explicar o porqué un equipo non ten a mesma mentalidade no minuto 20 que nas segundas partes.

  Continua o "Imper" co dominio abrumador e con continuas aproximacións a area carreirense pero sen conseguir matalo partido, quizais pola maxistral actuación do cancerbeiro, Manolo, que se convertiría no home máis destacado dos locais. E cando un equipo perdoa, xa se sabe o que pasa, os xogadores de Kike nunha das escasas chegadas acadarían o empate despois dun gran lanzamento de falta por obra de Dani que se cola pola escadra.

  O resultado non estaba a reflexar o que se podía apreciar no campo e antes de chegar o tempo de lecer, o xoven dianteiro Tito desanivelaría a contenda nun tiro dende 25 metros, e ante o que Manolo non pode facer nada.

  Na segunda metade, Kike deixou na caseta a Marco e Martín, dando entrada a Budiño e Saad, que debutaba co cadro azulón, pero máis do mesmo, outra vez tocaba o Imper, outra vez chegaba con perigo e outra vez Manolo era o salvavidas.

  Ó cuarto de hora da reanudación, chegaría a xogada polémica do encontro que recolleu moi ben o noso fotógrafo,  na que o cancerbeiro Juancar comete penalti sobre David pero, o colexiado non quixo ver nada, convertíndose así no protagonista do encontro. O empate non faría xustiza ó amosado no campo pero o Imperátor , puído perder dous puntos despois de ter controlado en todo momento o encontro.

  Un conxunto que exerce como local debería de amosar un pouco máis de resistencia os seus rivais e non deixar case en bandexa os tres puntos que nesta Liga non se poden agasallar baixo ningún concepto porque están moi caros.

  O vindeiro domingo, a SD PONTE CARREIRA ten a oportunidade fronte o Eirís de recuperar o terreo perdido a partir das 18:30 no campo de Elviña. Os siareiros non lle darán as costas o equipo. ACUDIDE ¡!!!!!! A SD SOMOS TODOS!!!!!!

4 comentarios

eu -

foi penalti ou non jajaja!!!
A POLO EIRIS!!!

fendetestas -

A verdade e que fixemos un mal partido pero creo tamén tivo algo que ver que os chavales do Imperátor saben ó que xogan. A boa noticia, por sacar algo positivo é que co mal que o fixemos, se o arbitro pitase o penalti claro a Dino sacabamos un punto. Eso si, sería un tanto inxusto. Noraboa ó Imperator, xogan ben e non son para nada marulleiros.

:) -

muy buena la crónica, enhorabuena!.
Mucha suerte en la temporada. Me gustaría saber si podríais mandarme de algun modo las fotos del partido.
Un saludo de un jugador del Imperator desde Coruña!

opinión -

certo que foi un mal partido pola nosa parte, pero toca pensar no Eiris, e non pensar máis neste partido agás pra non repetir os mesmos erros.