EXCESIVO CASTIGO (3 - 0)
ALIÑACIÓN: Manolo, Víctor , Jorge Souto, Gonzalo, Meixide, Marco, Elías ,Lano, Toni, David Gómez e Pablito.
SUPLENTES: Zaca, Lino e Budiño.
GOLES: 1 - 0 Abel, 2 -0 Iván Farto e 3 - 0 Ravelo.
Encontro correspondente a Primeira Xornada da Segunda Autonómica da tempada 08/09 disputado no campo do Xabrón, que se amosaba en pésimas condicións e con media entrada.
Resultado moi avultado o que sufriu a SD PONTE CARREIRA na sua volta a Segunda, onde ambos cadros tiveron as suas ocasións de gol. Os dous primeiros goles a balón parado e o terceiro despois dun erro defensivo ó deixalo balón corto ó borde da area.
Comeza o encontro cun Marino máis asentado e levando lixeiramente a iniciativa, ainda que tamén é certo que, axudado polos segundos balóns que a SD cedía con excesiva facilidade. Asi, nun saque de esquina, o cadro local acada o primeiro tanto sen oposición algunha e sen estar a xerar grandes ocasións de gol.
A partir de ahí, o conxunto merense foise crecendo e a medida que van transcurrindo os minutos faise coa posesión do esférico buscando as zonas de circulación e asentamento do xogo, mentras a SD recolle o balón dende atrás pero sen ideas. Antes de chegar o tempo de lecer, sería o Marino en por o 2 -0 no electrónico, de novo a balón parado e sen que Manolo poida facer nada.
Na segunda metade, a SD co resultado moi costa arriba, móstrase con máis empuxe e ousadía ofensivamente e sen compricarse a vida, os locais van deixando o protagonismo e o cadro de Kike comeza a xogar polos extremos buscando as costas pero as reducidas dimensións do terreo, así como o pésimo estado, fan que, unha e outra vez, o balón acabe nas mans do cancerbeiro Javi.
Amplíase o marcador, e o 3 - 0 anotao Carlos estando libre de marcaxe e de fenomenal disparo. E se o partido xa non tiña moita historia con este gol esfumarónse todas as opcións de levantalo resultado por parte da SD.
A SD PONTE CARREIRA é máis equipo do que se puido ver o domingo no Xabrón, onde lle costou manter o estado de concentración durante os 90 minutos e a sua autoestima necesita un chute de orgullo. Unha vez máis, agradecer os numerosos siareiros que acudiron a Mera e de seguro serán a adrenalina do cadro azulón.
O VINDEIRO DOMINGO 14 A S.D. PONTE CARREIRA RECIBE A U.D. PAIOSACO ÁS 5 DA TARDE NA CHOUSA. AGARDAMOSVOS.
1 comentario
Óscar -
Manolo, Meixide, Michel, Lino, Gonzalo, Jorge, Rata, Daniel, Víctor, David e Tony. Agardemos que este fin non teñamos a enfermería tan chea. Saudos.