Blogia
SD PONTE CARREIRA

E AGORA O ...PORTAZGO (2-3)

E AGORA O ...PORTAZGO  (2-3)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Chino, Meixide, Raul, Lano, Marco , Budiño, David Gómez e Gonzalo.
  SUPLENTES: Martín, Zaca e Lano.

 GOLES: 0 - 1 David Gómez,  0 - 2 David Gómez, 1 - 2, 1 - 3 Meixide, 2 - 3.

  A SD Ponte Carreira felicita o Cire Melide polo seu retorno á 2ª AUTONÓMICA, noraboa.

   Partido disputado na tarde do domingo fronte a un Vilarmaior que sempre estivo a espensas da SD. E é que, os pupilos de Kike saltaron o terreo de xogo dispostos a resolver o encontro canto antes e despois a esperar un posible "pinchazo" do Cire que recibía a un Visantoña que tan so aguantou dez minutos.

   Pronto se adiantarían os visitantes por obra de David Gómez, que unha vez máis, non lle torceu a cara ó gol e pondría o 0 - 1 no minuto dous de partido. O dominio nos primeiros intres era abrumador para os azulóns e así Gonzalo en duas ocasións preséntase diante do cancerbeiro local pero sen acadalo gol da tranquilidade. Pola sua parte, ó Vilarmaior costáballe moito chegar con claridade a portería defendida por Manolo e poucas veces daba sensación de perigo.

   A SD, continua xogando como se lle require, como un grupo compacto e homoxeneo, onde o balón transita por zonas de influencia de gol con chispa para chegar fresco a dianteira, e así, antes de chegar ó descanso David Gómez que estaba a realizar un gran traballo machacón e de continuidade, convértese no pesadelo da defensa granate e acda o 0 - 2 co que se chegaría o remate do primeiro tempo.

   Na reanudación, cambiou totalmente o panorama, e Kike, co resultado xa coñecido do Cire, da descanso a Lino, David e Gonzalo,  o Vilarmaior faise dono da posesión de balón e do partido. Deste xeito, recurtaría distancias no minuto cinco da prolongación e creando numerosas ocasións de perigo. A SD, coa cadeza posta na promoción, cóstalle buscar o pívote de saída e non consegue encontrar o interruptor que lle de algo de luz o seu xogo.

  Pouco duraría este acoso dos locais, xa que Meixide, amosou nos derradeiros minutos de encontro o porqué é o xogador con máis poderío físico do equipo e despois de varias galopadas en solitario, remata un rechace de Chino o longueiro e pon o 1 - 3 que sentenciaba o partido.

   Xa no desconto, os locais conseguirían o seu segundo gol nun despiste defensivo da SD.

   O fútbol débelle un ascenso os carreirenses e esperemos acadalo o vindeiro Domingo 18 na Coruña. FORZA SD.

 

4 comentarios

un de MELIDE -

Moitas grazas polas felicitacións e desexarvos toda a sorte do mundo para a fase de ascenso pq vos tamén merecedes ser de segunda autonómica e seguro que ides conseguir.Moitos ánimos dende Melide e vémonos na vindeira tempada con toda seguridade!Forza CIRE e FORZA B*A!

un do cire -

Gracias pola noraboa dende este blog carreirense e que teñades sorte na promoción e para segunda, Forza equipos da "montaña", tedes bon equipo e merecédelo, como dixeron por aquí xa tiñamos que subir os dous directos, bueno o dito Sorte e gracias¡¡¡

azul -

gracias polas felicitacions q m esquecia

azul -

O futbol non lle debe nada a ninguen, cada un ten o q merece e polo q fixo meritos. Sorte co portazgo!!!! Nos e`peramos vos xa n segunda