Blogia
SD PONTE CARREIRA

A SEGUIR LOITANDO (1 - 2)

A SEGUIR LOITANDO (1 - 2)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, David Gómez, Jose Lino, Gonzalo, Marco, Jorge Souto, Martín, Daniel, Pablito e Toni.

  SUPLENTES: Lano, Cristian, Elías e Saad.

  GOLES: 0 – 1 , 1 – 1 Gonzalo e 1 – 2 .

 Décima Xornada da Segunda Autonómica no seu Grupo I  da SD PONTE CARREIRA ante 100 siareiros e  cun céspede pesado  e resbaladizo.

  Unha SD PONTE CARREIRA que necesita máis tranquilidade co balón nos pes e voltar a ser o de sempre, cada recepción, conducción, regate ou pases o compañeiro reflexa síntomas de ansiedade, a solución a esta situación tena o propio fútbol que dende sempre destilaron estes xogadores, son intres para recapacitar.

  Non se pode falar de falla de motivación, nin falla de entrega, nin falla de garra, porque os xogadores entréganse, dano todo no céspede e sudan a camisola, están comprometidos coa causa pero no fútbol, un equipo que atravese un estado de gracia, gañao todo, do mesmo xeito, como un equipo se meta nun bache de xogo é moi compricado sair. E ahí é onde os SIAREIROS xogan un papel fundamental, en dar folgos os xogadores e corpo técnico xa que son os mellores que calquera cadro dexesaría e estan traballando moi duro para solventar esta delicada situación.

  Con todo o arriba exposto , a nova a ser real, sincera, valente e honesta, dende este blog, temos un serio compromiso con todos os nosos lectores diarios que ven en nos a legalidade a hora de facerlles chegar as novas, e por suposto que cremos no plantel e consideramos que teñen calidade mais que suficiente para lograla permanencia.

  Asi pois, dende o blog da SD, creemos total e absolutamente nos xogadores e corpo técnico, sabemos ata onde pode dar cada un e consideramos que son grandes xogadores, este é un bache moi pronunciado, as cousas como son,  pero do mesmo xeito que nos metimos nel, así vamos a saír adiante , todos xuntos e unidos, xogando o balompé como tan ben o fan os nosos xogadores, e dende estas liñas pedimos o máximo apoio para o vindeiro Sábado 15 no campo do Portazgo, que tan bos e recientes recordos nos trae. QUE VOLTE O BOMBO DE BRAISINHO E OS FOLGOS DOS SIAREIROS!!!!

5 comentarios

labeón -

Mi madriña q mal ides rapaces, e pensar q vós nos foderades o ascenso. X certo x aquí témosvos ganas...

raso -

Xogando así ó pelotazo é imposible gañar, hai q baixar a pelota ó cesped, está a cousa fodida

Portazgo -

A ver se é certo e ven xente da SD animar no Carrizo. Foi bonito o ambiente da eliminatoria de ascenso (aínda q non nos foi moi ben a nos), e a ver se se repite. E se tamén se repite o resultado daquel partido estaría moi ben!! jeje
Un saudo

Fendetestas -

Con crónicas así o que non se motive é porque non lle gusta o fúbol. Xa botaba de menos liñas como estas.
Esta claro: A SD NUNCA CAMIÑARÁ SOA

xurxo -

esta semana e a nosa xa lle fodimos o ascenso e agora toca ganarlle pa subir postos vams SD