A SD EMPATA NUN PARTIDO QUE FOI SUPERIOR (1-1)
ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Jose Lino, Chino, Gonzalo, Raul, Cristian, Martín, David e Juan Carlos.
SUPLENTES: Lano, Pablito, Marco, Zaca e Kiko.
Pronto se poñería de cara o partido para a SD PONTE CARREIRA, xa que David inauguraba o marcador ós poucos minutos de iniciarse o partido (1-0). Pero despois do gol acadado polos locais, chegaría o primeiro contratempo nunha xogada desafortunada na que Juan Carlos quedou mancado e tivo que abandoar o terreo de xogo (desexámosche unha pronta recuperación...Ánimo!!!!). Kike dou entrada a Pablito.
Os carreirenses dominaban o partido con constantes chegadas a meta visitante, movendo o balón con criterio ofensivo polas bandas.Con este resultado pola mínima chegouse o descanso.
Na reanudación o equipo azulón relaxouse e foi cando o Visantoña nunha xogada un pouco dubidosa encontrou o premio cun penalti moi discutido pola SD. Jacobo transformaríao no empate (1-1).
A partires dese momento o PONTE CARREIRA recobra o mando da situación e comeza a despregar un xogo con constantes cambios de ritmo e rotacións, xogando muy directo e chegando a meta contraria con moita claridade, destacar a entrega no medio do campo feita por Rata.Kike da entrada a Marco, e Chino forma tripleta ofensiva con David e Pablito. A pesares deste dominio, eran poucas as ocasións que disparaban entre os tres paos. Con Lano, Kiko e Zaca no terreo de xogo, a SD siguiu intentando conseguir a victoria sen conseguilo. Asi chegouse o remate do partido co mencionado empate.
Destacar que a actuación do árbitro non foi do agrado dos siareiros da SD.
A SD continua na segunda plaza da clasificación a tres puntos do Cire Melide que será o próximo rival o vindeiro domingo 18 a partir das 16.15 horas. Pedimos unha vez mais á afección que se desprace masivamente para dar os folgos que o euipo necesita nestes intres.
1 comentario
Mascotas -