Blogia
SD PONTE CARREIRA

QUE RODE O BALÓN

QUE RODE O BALÓN

   A SD PONTE CARREIRA comeza o vindeiro Domingo 7 de Setembro ás 5 da tarde unha nova etapa na Segunda Autonómica, categoría na que xa militara anteriormente. En fronte terá a un rival que parte como claro favorito para acadalo ascenso, o Marino de Mera.

  O colectivo azulón, acostumado a pelexar polo ascenso nas derradeiras tempadas, loitará agora pola permanencia. Para isto, Kike conta coas incorporacións de Jorge, Víctor e Toño que están a realizar unha gran pretempada. A ilusión, a intensidade no xogo e a imaxinación ofensiva serán os pilares para acadar a primeira victoria lonxe da Chousa.

 Pola sua parte, o novo adestrador do Marino, Pachi,  podrá contar coas novas caras: Javi (Once Caballeros) Guismo (Sta. Cruz) Tito, Luisete (Victoria) e Hugo (Dep. Ciudad).

  O preparador carreirense, que non podrá alinear a Chino por problemas no xeonllo e Rata, formará un once que será a continuación do equipo que acadou o ascenso o ano pasado, cas incorporacións xa coñecidas. Asi pois, o 7 de Setembro en Mera a partir das 5 da tarde .....TODOS OS SIAREIROS COA SD.

 

  

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

5 comentarios

Desaparecido -

Gracias por poñer unha foto na que non saio eu,non avisedes para a foto, è unha pena. Por certo en Mera perdemos 3-0.

Cristian -

Non sei cal será a alineación, pero o Dxt,diario deportivo coruñés na súa edición do domingo, día do partido, pronostica ésta:
Portería: Manolo
Centrais: Meixide e Gonzalo
Laterais: Lino e Michel
Mediocentros: Toñito e Raúl
Bandas: Daniel e Cristian
Punta: J.Souto e Martín
Eu, a verdade non podo ir xogar por motivos laborais (incorporareime nun par de semanas, creo)pero se os do dxt dan este once, algo saberán. Non vou ser eu que dubide da labor xornalística duns profesionais.

xurxo -

A POLA VICTORIA!!!!

eu k sei -

Manolo,Meixide,Michel,Gonzalo,Lino,Jorge,Daniel,Martin,Victor,Toño e Dino. variante marco por victor e xogar martin de interior ajjaja

Óscar -

Ahí vai unha porra pola primeira aliñación:
Manolo, Meixide, Michel, Gonzalo, Lino, Jorge, Daniel, Marco, Víctor, Toño e Dino. O que máis acerte gañará unha viaxe o Caribe ....jejejej
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres