Blogia
SD PONTE CARREIRA

RESULTADO CÓMODO(4 - 0)

RESULTADO CÓMODO(4 - 0)

ALIÑACIÓN: Manolo, Budiño, Lino, Gonzalo, Meixide, Kiko, Martín, Marco , Cristian , David Gómez e Zaca.
SUPLENTES: Elías e Lano.

GOLES: 1 - 0 David Gómez, 2 - 0 Kiko, 3 - 0 Zaca, 4 - 0 Elías.

  Tarde soleada e apetecible para a práctica do fútbol a vivida este domingo na Chousa. Non parecía un partido de trámite nin moito menos o disputado fronte a un Oza dos Ríos que sempre se mostra moi valente contra os equipos da parte alta da táboa, pero os xogadores da SD amosaron a sua mellor cara e acadaron os tres puntos nun partido que puido acabar en goleada.

  Comeza o encontro con iniciativa dos locais que xa nos primeiros 15 minutos dispoñen de varias ocasións claras de gol por medio de Zaca e un inspiradísimo David Gómez. O cadro local chegaba unha e outra vez buscando sempre a verticalidade e sentido no pase onde nos deradeiros 20 metros era unha constante fonte de recursos e David, Zaca, Martín e Cristian rompían o entramado defensivo visitante, e asi no minuto 32 unha falta que saca Kiko dende a esquerda e enviada ó fondo das mallas por David Gómez.

  O Oza dos Ríos pola sua parte, apenas inquedaba a portería local, agás nun disparo lonxano que Manolo despexa sen apuros. A Sd, ante a pasividade visitante, continua chegando polas bandas onde Martín encontra unha autopista para pór esas asistencias ás que nos ten acostumados, e así nunha internada pola dereita o cancerbeiro visitante comete un claro penalti sobre David que Kiko transformaría no 2 a 0, resultado co que se chegaría o descanso.

  Na prolongación, o equipo carreirense, cun Oza totalmente entregado, continua cun dominio abrumador e non tarda en facer o terceiro gol da tarde por obra de Zaca, que acto seguido deixaría o seu sitio a Elías recibindo unha calurosa ovación. O partido queda totalmente destrozado e ás ocasións son constantes, metidos totalmente no partido e recordando os mellores tempos da Sd, con intensidade e despregando un fútbol raseado que fai levantar das bancadas os siareiros locais.

  Estaba sendo un partido no que tan só había un equipo sobre o terreo de xogo e non era outro que o PONTE CARREIRA, mostra desta superioridade é que o porteiro visitante se converteu no mellor xogador do Oza. Con Lano no campo en deprimento de Marco, os pupilos de Kike conseguen o 4 - 0 ó transformar unha pena máxima por medio de Elías.

  A SD PONTE CARREIRA desprazárase o vindeiro Domingo a terras ordenses para enfrontarse ó Poulo ás 17.00 horas. A SD NUNCA CAMIÑARÁ SOA!!!!!!!

12 comentarios

quén eu? -

tararí que te vi

o chiringuitero -

bueno, parece que por fin volve a sensatez a este blog, espero que siga así, porque o de insultarse sin traza esta ben pa rirse un pouco, pero xa esta.
en fin, sólo queda dicir o mítico de "que gañe o mellor", a poder ser a SD, claro

un de melide -

o problema e que o arbitro non nos axudou en sobrado, mais ben o que nos axudou foi a divina providencia, a deusa fortuna, o partido era de empate a cero, pero o trencilla non tivo ningun tipo de problema, o que fai o blog do sobrado non foi o partido, non ten culpa, pero os que lle contaron como foi o partido aumentaronlle moito moito a troita, sen mais, levarse ben que o final de todo somos todos uns pringaos, tanto uns coma outros, veña noraboa polo blog¡¡¡

Outra vez o chiringuitero -

O máis triste de todo é que os do cire siguen igual: sólo entran no blog pa poñernos a parir, e o peor e que sin razón ningunha. Que pasa, que non tedes casa??? Se non tedes qué facer comédevos un bocadillo de nocilla ou algo, pero deixade de faltar ó respeto á xente da ponte, que tampouco vos fixemos nada que vos poidera ofender.
Se o árbitro vos axudou contra o Sobrado pois recoñecédeo, tampouco é nada malo; o que conta é o resultado e xa está, levades os 3 puntos pa casa, felicidades, xa podedes durmir tranquilos

Dominó -

Vaia, vaia, pero si ata chegades a quieixarvos dos árbitros q nos pitan. Será por eso q sempre perdedes contra nós, ainda xogando 10 contra 12 (Ponte-Melide) e o resultado: 1-2. Vaia panda de nenazas, so poñedes excusas

FORZA CIRE!!!! -

Nos polo menos facemos unha cronica e non coma outros que tras perder un partido(contra o CIRE) non fan ningunha cronica,ahhh e leede ben porque si pon algo dun gol anulado,do outro non pon nada porque a fora de xogo foi obvia e o arbitro asuibiou antes de que se producise o gol.
FORZA CIRE!!!!

FORZA BRIGADAS AZUIS!!!!!

FORZA CIRE!!!! -

Nos polo menos facemos unha cronica e non coma outros que tras perder un partido(contra o CIRE) non fan ningunha cronica,ahhh e leede ben porque si pon algo dun gol anulado,do outro non pon nada porque a fora de xogo foi obvia e o arbitro asuibiu antes de que se producise o gol.
FORZA CIRE!!!!

FORZA BRIGADAS AZUIS!!!!!

entendido -

anda anda...asique o melide non consta dos goles anulados o sobrado...uiuiui no sei q me da que cando non din nada e porque non lles conven...FORZA SD!!

o cire no consegue os 12 ptos ni de coña...jaja

antes salvase o levante!!

chiringuitero -

os de melide si que sodes patéticos. a única arma que tedes pa defendervos é o insulto, e o único que facedes pa defendervos das palabras que se dirixen a vos é responder con evasivas: que si jode perder, que si jode ir por detras, bla bla bla, bla bla bla. ah, si, e tamén outra mitica como que somos nenos de parvularios. a ver se vai resultar que os nenos sodes vos, que non tedes nin argumentos pa defendervos.

arre raio señora -

Pero q panda de choróns sodes os da Ponte, q si falta o porteiro ou q gaitas, jode ir por detrás verdad???
Dous enfrentamentos directos e 2 derrotas!!!!!
Dades pena, a chorar ó parvulario, x certo algún ainda debe andar nel

Internauta -

Vaia, vaia. Menos mal que no blog do Sobrado mostran unha crónica do partido, porque seguíndo a información do de Melide tan só nos decatariamos do resultado, e non dos goles anulados ó equipo amarelo e da extraña situación, con falta ó porteiro, na que se efectuou o gol do CIRE. Hai que dicir, iso si, que no blog do Sobrado mostran o seu punto de vista subxectivo, pero o silencio mostrado dende o blog melidense, resulta sospeitoso.
Por outra parte, quero pensar que son falsos os rumores que din que o Toques recibiu primas polo resultado acadado ante o Pontecarreira. Sería moi triste e PATÉTICO ter que recurrir a esas maniobras para acadalo ascenso.

marcos -

ANIMO CHAVALES!!!
SEGUIDE ASI E SOMOS DE SEGUNDA.
SI SI SI ESTE ANO SI!!!