Blogia
SD PONTE CARREIRA

PASO ATRÁS (1 - 1)

PASO ATRÁS (1 - 1)   ALIÑACIÓN: Cristian, Michel, Chino, David Gómez, Meixide, Raul, Martín, Marco , Gonzalo , Pablito e Daniel.
  SUPLENTES: Elías, Budiño, Lano, Kiko e Zaca.

  GOLES: 1 - 0 Exposición, 1 - 1 Chino.

   Presentábse a SD no Municipal de Toques despois da derrota na casa pola mínima fronte o Melide, e ante un cadro local moi forte na casa e que xa na primeira volta acadara un empate na Chousa. O equipo azulón saltou o céspede ca consigna de gañar, si ou si, e deste modo nos primeiros minutos foi o encargado de levar o peso do encontro, ainda que sería o Toques por medio de Carril o primeiro en dispoñer dunha clara ocasión de gol que Cristian saca fenomenalmente a córner. A SD, demostra porque é o líder e nos seguintes minutos acosa a portería toquense, Pablito e Gonzalo non son quen de inaugurar o marcador, nun balón que saca debaixo dos paos un defensa local.

  Pola sua parte, o Toques continua creando perigo e nunha internada pola dereita envía un balón o longueiro, o rechace cae a pes de Exposición e fai o 1 - 0 para os locais. A partir de ahí, o cadro visitante, con máis corazón que cabeza, busca o empate con balóns o eixe do ataque pero Pablito atopábase moi só e non consegue rematalas xogadas. Con este resultado chegaríase o remate da primeira parte.

  Na segunda metade, o cadro de Kike, sabendo o que xoga, sae volcado na portería local e o gol do empate era cuestión de tempo, xa que por varias veces prodúcense sendos disparos entre os tres paos que Iker despexa con apuros, a SD móstrase como un bloque sólido e compacto moi ben posicionado onde cada xogador sabe das suas cualidades e limitacións, e unha gran selección de pases que chegan o seu destino, precisamente nunha desas xogadas chegaría o penalti que daría pé o empate por medio de Chino (1 - 1).

  A SD tiña a díficil papeleta de darlle a volta ó partido, e máis compricado se lle puxo ca expulsión de Daniel por dobre cartulina amarela, o Toques mostrábase conformista co resultado, sen protagonismo e deixando que o rival movera ficha, buscando máis o erro do contrario que xerando o seu xogo propio, e así na derradeira xogada, Gonzalo non pode acadar o segundo tanto despois dunha maxistral asistencia de Elías. Antes do pitido final, o colexiado deixou ben claro que o mundo da  arbitraxe non é o seu, mandando a Chino os vestiarios.

  Con este empate a SD cae a segunda praza da táboa e de seguro que non vai deixar de loitar nos catro partidos que restan para ACADALO ASCENSO!!!!!    FORZA SD!!!!

   O vindeiro partido será o Domingo 13 ás 17.00 horas na Chousa fronte o Oza Dos Rios, esperamos un día máis a masiva afluencia dos siareiros carreirenses que nos levarán moi pronto ó liderazgo do campionato.

23 comentarios

X PERSON -

vamos a ver.
xa nos enfrontarems po ano
aer ken gana en 2ª...
vamos a ver...peo ke karallo
esvardallades se a sd foi e sera
toda a vida + k vos ainda k vos pese.....se as verdades ofenden...ps sentidevos ofendidos


e un pouko triste ser 1 pobo tan grande e ter un ekipo de merda komo o ke tedes....k pasa k ali nn ai futuras figuras?eña nn me fagades reir gañans.........
atendede a o voso e deixade de pintala mona
e escribir parbadas ou aburridesvos na kasa?pois mercade 1 parchis



adios


dani -

FORZA CIRE !!!!!!

SEMPRE MELIDE!! -

Ostia como están os ánimos,señores.Que si primas,que nos imos líderes,bla bla bla....Oxalá que ascendamos ambos equipos,o cire pola vía directa e vos pola eliminatoria e para o ano que xoguemos ambos equipos en 2ªautonómica.Dende Melide sorte para o que queda de liga e que quededes de segundos,e se ascendedes quero ver os collóns que ten alguen polos comentarios postos aqui a vir a celebralo a MELIDE!...FORZA MELIDE E COMO NON...... FORZA BRIGADAS AZUIS!! SEMPRE ANTIFASCISTAS!!!....juasaaa

dani -

estou totalmente de akordo kon ´de melide´k gañe o mellor a poder ser a ponte

de melide -

eu son de melide e creo k esta rivalidade non serve de nada!!!k gañe o mellor e no meu caso espero k sexa o cire...e eses de melide k se meten ca ponte pois vaia por dios!eles cando ivan lideres non dician nada peo weno ai xente para todo.

sorte neste remate de campionato e k gañe o millor

K sean 2 -

oStiAAAAA 12,50?
k timo.....


FORZA S.D PNTE CARREIRA
e nos non eskribims novoso foro discriminando a naie kando nos ibamos lideres
kvf!!!

BRIGADAS AZUIS -

Non entendo esto de que damos a risa,a realidade e que nos facemos esto para reirnos,e sabemos que o ascenso esta ai,e se non é directo sera promocionado xa que pareceme que o CIRE ten meior plantel que a PONTE,parecemo a min,o de que a PONTE foi toda a liga o lider é unha gran mentira xa que ata o ultimo partido da primeira volta,senon recordo mal o lider foi o CIRE,non valen as excusas de falta de xogadores xa que cando o CIRE perdeu o liderazgo faltabanlle 3 titulares e ademais dos importantes e non nos queixamos xa que nunha liga premiase o máis regular,tamen decir que o CIRE non lle gañou so unha vez a PONTE senon duas e a primeira con bastante solvencia cando vos ainda iades terceiros e o Perillo segundo,en canto o das primas, non sei se e certo ou non a existencia desa primar,pero mentras sexan por gañar non o vexo mal,o fin e o cabo ascendera o máis regular e se vos non ascendes non culpedes o Toques xa que eles fixeron o que debian de facer como bos veciños,recordar que moita xente que xoga no Toques son de Melide e xogaron no CIRE polo tanto menos falar de prima.

FORZA CIRE !!!!!!
BRIGADAS AZUIS
UNHA NOVA FORMA DE ENTENDER O ESPÉCTACULO!!!!




jajajjaajaja



PD:TEMOS A VENDA CAMISOLAS DO CIRE POR 12,50€.

UN SAÚDO dende Melide

Un da ponte -

Jajaja, sinceramente eu pártome vendo á xente despotricar deste xeito. Deixade de vaticinar xa, que non sodes nin rapel nin aramis fuster, e esperade a que acabe a tempada para ver quen ascende

Un_ben_informado -

ós que esta semana visitan este espacio sacando peito, simplemente quería recordarlles que conten cantos comentarios da xente da Ponte contaron nos blogs melidenses despreciando ó segundo clasificado nas úlimas dez ou doce xornadas (cando o primeiro era o PontCarreira e segundo o Cire) . Eu que leo ambos todalas semanas, non recordo nin o primeiro.

rakel -

boas!! so decir unha cousa como academos o ascenso directo penso ir celebralo a melide ca camiseta da sd posta!! e cartos pas primas tedes k ter pork e bastant triste k nun ekipo d 3 rexional cobren 3 euros pa entrar a un campo!!!eu nn teño na en contra da xente d melide o contrario tenho bastantes colegas pero desexo con todas as minhas forzas k traguedes as vosas verbas e un pouco d respeto polo ekipo k foi lider toda a tempada!!FORZA SD!!E O D OTRA MANEIRA D ENTENDER O ESPECTACULO CREO K S VOS FOI A MAN OS D MELIDE PA PONHER ISO DAME A RISA!!! SAUDOS

xurxo -

o paspan que escrebe no comentario anterior deberia decatarse de que se desemos pena , non tariamos a un punto vosa e fai duas xornadas 4 por riba,tivestes sorte que nos faltaban varios xogadores, so conseguistes meter 2 contra nos e pa iso, un de penalti e tendo un porteiro, o cal, e xogador de campo durante todo o encontro.Tede tino porque pode ser que nos non ascendamos directos, xk a cousa ta dificil pero inda tamos a tempo para facelo promocionando,temos distintas opcions.ForCa SD a polo ascenso directo.

arrrerraio señora -

O melide non ghañara o q falta pero nin falta nos fai xq a Ponte da pena e non volve puntuar.

Óscar -

Ca miña modesta opinión, creo que o Melide non conseguirá os doce puntos que restan por xogar, lémbrade a primeira volta na que conseguiron 4 puntos dos doce posibles ante estes rivais...Eso si, nós non podemos fallar máis. O 4 DE MAIO SEREMOS DE SEGUNDA AUTONÓMICA!!!

imparcial -

Que ninguén se leve a engano, a liga aínda non está decidida e o que pense o contrario, (sexa de Melide, ou da Ponte) pode levarse aínda algunha sorpresa. Aínda quedan partidos nos que ambos teñen certas "rencillas" cos equipos contrarios.

afeccionado -

o dos comentarios de que ó toques recibía unha prima se gañaban non saen da xente da Ponte, os mesmos siareiros do Toques o dicían no campo o pasado domingo, de todas formas se é por gañar, non me parecen mal as primas.

azul -

o toques cobrou? jajaja. Dadesme risa con eses comentarios, o q pasa e q jode reconocer q xa na ida vos empataron e este domingo barreron do campo a sd. Veña q andamos a xuntar aora pa pagarlle tamen o sobrado, canto aportades? jajaja. Riome de eses "comentarios". sorte os q razonan

didader -

E logho parece q se fodeu o ascenso???????!!!!!!!!!!!

un_simple_siareiro -

buen pos decir que ai q ganar os partidos q qdan e se se consegue dade por seguros qe o cire pincha.
non vai aguantar a presion....a no ser qe faga coma a semana pasada, a tipica utilizacion das primas...preguntadelle a calqra xgador do toques canto recibian por gañarlle a sd, a inda asi canto recibiron por empatar..con estes habitos o futbol perde toda a sua aficion..a sd e un ekipo modesto e non pode permitirse o luxo de pagar primas os outros ekipos...peo o melide, que e un pobo bastante grande en comparacion ca pontecarreira, fastidialle m8 ter un ekipiño na 3ª rexional..e o ke ai.

un saudo

aficionado -

É certo que o árbitro ensinou demasiadas tarxetas, pero debemos aprender a xogar en contra de certas adversidades, e unha vez visto o modo de levar o partido por parte do colexiado deixarse de protestar continuamente, xa que era ben sabido cales ían ser as consecuencias.
Moitos ánimos para o ´próximo partido e a vencer a pesar das numerosas baixas.

azul -

Elogo a entrada da semana pasada contra o lider (CIRE ) perdeuse??jeje.agora dependedes de nós.E algun aficcionado voso que a semana pasada decia con moita chuleria q seguiades primeiros decirlles q nos dende a nosa modestia e por agora SOMOS LIDERES.

Toquescf -

Felicitar ao Pontecarreira pola grandísima tempada q está a realizar.

Tamén decir q as expulsións nos reflexan o q foi o partido, xa q foi un partido con moita intersidade pero bastante limpo.

Tamén felicitar a vosa aficción xa q é unha das mais numerosas e iso ten moito mérito.

Un saludo

1 aficionado -

osti os q botaron lucironse!!
michel q a sua perda de balon acabou no gol do toqes e daniel q ca sua cagada de dobre amarela e expulsion deixou o eqipo sen opcions.

Moderador -

Ante a publicación de algún comentario contra a SD PONTE CARREIRA, concretamente atacando a un xogador, como moderador e creador deste blog debo manifestarque:
Baixo ningún concepto permitirei verbas que inciten á violencia, insultos ou de menosprecio a este clube. Do mesmo xeito, pídolle os siareiros e participantes deste espacio que non se poñan a mesma altura. Sin mais , FORZA SD, SOMOS OS MELLORES.