Blogia
SD PONTE CARREIRA

MÁIS LÍDER (2 - 0)

MÁIS LÍDER (2 - 0)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, Michel, Chino, Lino, Raul, Martín, Kiko, Zaca, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES: Lano, Gonzalo, Cristian,Budiño e Pablito.

  GOLES: 1-0 Raúl, 2-0 Daniel.

  Cumprironse os pronósticos e a SD acadou unha nova vitoria fronte a un crecido e en racha Atl. Sobrado que malia non dispoñer de grandes ocasións prantou cara nun partido marcado polas numerosas baixas do cadro local.

  Moi pronto chegan as ocasións para a SD, e no primeiro minuto do encontro, un centro dende a esquerda de Daniel non atopa rematador e pasease pola area visitante. O equipo de kike, parecía ter as ideas moi claras e chega en varias xogadas con moito perigo pero Zaca, que voltaba o once inicial, Cristian e David Gómez non son quen de bater o meta visitante despois das magníficas asistencias de Daniel, que estaba a ser o auténtico pesadelo da defensa do Sobrado. O equipo de Lito acusa estas internadas, monta unha liña defensiva moi atrás e intenta saír en contragolpes combinados e por varias veces consegue disparar dende a media distancia pero sen levar perigo a meta defendida por Manolo.

  Pero pronto tería Kike que debuxar un novo esquema, pois David Gómez tiña que abandoar o terreo de xogo por lesión e engadíase ás baixas de Marco, Fontes, Piti, Juan Carlos e Elías. Lano entraba no campo como lateral esquerdo e Michel adianta a sua posición. O que parecía ser un contratempo, convertiríase na clave do encontro. Antes de que o colexiado sinalara o camiño dos vestiarios, a SD dispuxo da maís clara ocasión nun lanzamento que se foi o longueiro.

   Seguramente nos vestiarios se tivo que falar da falta de gol, pois na primeira chegada local, unha xogada moi ben levada polo incansable Daniel, remata Raúl a pracer facendo xustiza o que se estaba a presenciar na Chousa.

   A partir do gol local é o Atlético Sobrado o que domina o esférico e a piques está de conseguilo empate nunha xogada na que Lano saca o balón debaixo do paos despois dunha fenómenal intervención de Manolo. O líder, non podía deixar escapar dous puntos de ouro e vólcase o ataque. Gran intensidade de circulación do coiro, posicionamento mais riguroso e marcando o medio defensivo tan só uns metros por diante da defensa Sobradense pero sacando o balón con moita frescura, así se amosa a SD que chega en numerosas ocasións e consegue o seu segundo gol por mediación de Daniel de forte disparo. O equipo visitante que demostrou o porqué da sua fenómenal marcha nesta segunda volta, nunca perdeu a sua identidade e  fixo un gran desgaste físico.

   Terminaría o encontro con este 2 - 0 a prol da SD, que ve como os seus inmediatos perseguidores van perdendo fuelle, disputará o próximo encontro en Ordes o vindeiro sábado ás 19.00 horas no sempre compricado campo de Vista Alegre. SIAREIROS....ESPERAMOS A CONFIANZA QUE ESTADES A AMOSAR PARTIDO A PARTIDO!!!

7 comentarios

Revol -

A miña mais sinceira noraboa ó millor equipo das ligas rexionais!! (a pesares da ausencia dun melenudo/barbudo metendo medo na banda dereita, jejeje...)
Despois do ascenso haberá que falar cos ruxe, e mirar de facer un himno para o equipo, ou que??
Apertas!!

un simple afeccionado -

bueno...esa sd...a 2ª!!!

no se pode fallar!!!
animo para todos!!

Oscar -

Boas,de anteman dar as gracias a xente que nos felicita día a día pola campaña que está a facer a SD e decirlle o corpo técnico, xogadores e afección que o Sobrado é un claro exemplo de deportividade e honestidade que penso que ten que ser o primeiro neste mundillo do fútbol. Moita sorte,e FORZA SD

Víctor Sobrado -

Moi boas amigos, debo felicitar a SD pola súa victoria, aínda que non puiden asistir o partido comentaronme os meus compañeiros que a Ponte era un equipo que tiña moi claro a qué xogaba e con esa premisa cada día tedes o ascenso un pouco máis preto.
Desexarvos sorte ata final de campaña e que as lesións respeten a todos os equipos.

Saudos

Fernando -

Boas, unha vnova vitoria para a SD que parece non ter teito. Noraboa os xogadores e afección. Tamén me gustaría decirlle o equipo de Sobrado que fixo un gran esforzo e foi quizais o mellor que pasou pola Chousa, tanto deportiva como profesionalmente. Un exemplo de saber estar. Sorte os dous equipos para os próximos partidos.

ANDUJAR OLIVER -

o balon impacta no brazo(màis ou menos debaixo do ombreiro)´mais ao atoparse pegado ao corpo, a xogada é legal.

Tino -

Hola! elogo con que quitou Lano o balon da linea?? jejeje bueno eu quizá esperaba que poideramos dar un pouquiño mais de nos vendo o ben que se nos estaban dando os ultimos partidos pero con Carlos expulsado tan cedo e vos non baixastedes o ritmo pouco que rascar.... Alegrome moito de que a Ponte, terra de onde e miña nai,teña a liga a tiro de pedra e espero que non perdades as gañas agora o final e cheguedes a ultima xornada ca liga xa gañada! saludiños e sorte!!!!