Blogia
SD PONTE CARREIRA

BOAS VIBRACIÓNS (1-5)

BOAS VIBRACIÓNS (1-5)

  ALIÑACIÓN: Manolo, Meixide, David Otero, Gonzalo, Lino, Marco, Martín, Raúl, Chino, David Gómez e Daniel.
  SUPLENTES: Cristian, Budiño, Zaca, Pablito e Lano.

  GOLES: 0 - 1 Daniel, 1 - 1 Oza, 1 - 2 David Gómez, 1 - 3 Gonzalo, 1 - 4 Martín, 1 - 5 Zaca.

 Xusta vitoria da SD PONTE CARREIRA fronte a un Oza que só aguantou os primeiros 45 minutos.
 Moi igualado comezou o encontro en Abegondo, onde nos primeiros 10 minutos se rifaban os balóns na medular sen crear perigo para os gardamallas.
 O primeiro gol chega no minuto 15, falta medida que saca Martín pola dereita do ataque visitante e que Daniel cabecea, libre de marca, establecendo o 0-1. Pero o Oza, co marcador en contra, continuaba buscando as espaldas da defensa carreirense con balóns largos que  creaban moito perigo para o cancerbeiro. O primeiro contratempo para a SD chega no minuto 30, Manolo ten que abandoar o terreo de xogo por lesión, e unha vez máis o equipo ten que afrontar o partido con Cristian baixo os paos. O Oza, comeza a chegar  e consegue empatar nun balón colgado que remata inapelablemente o dianteiro local.
 Remataría a primeira metade con ese empate a un gol.
 Na segunda metade, Kike, pon en punta a Gonzalo e Chino retrasa a sua posición, o dominio da SD é asoballante con un ritmo frenético e continuas chegadas a meta local. O segundo gol non tardaría en chegar, David Gómez introduce o balón na portería no minuto 8 establecendo o 1-2 no electrónico. A partir de ahí , a SD amosou outra cara ben distinta, serio, disciplinado e intelixente, con máis ímpetu a hora de circular o balón e máis garra a hora de presionar a saída dos locais, a iniciativa era visitante e  sería Gonzalo o encargado de por  o 1-3 no taboleiro despois dunha gran xogada individual. A SD, sabía o que quería e non baixou a garda, parecía que o marcador era de empate e continuou con empuxe ata acadar nunha magnifica xogada de tiraliñas o 1-4 por obra de Martín de potente disparo. O equipo azulón era moi superior a un Oza descolocado e antes do pitido final do partido sería Pablito, nunha boa combinación entre Chino e Zaca o que anotaba o 1-5 definitivo.
   A SD PONTE CARREIRA acadaría asi a sua novena vitoria despois de tres partidos sen coñecela. O vindeiro domingo 9 de decembro contra o Poulo o equipo local ten a oportunidade de reconciliarse coa afección e regresar o segundo posto da clasificación, xa que, está a ser na Chousa onde o cadro dirixido por Kike non consegue sacar os partidos adiante.
 

4 comentarios

dani(saguS) -

oxe viktoria da ponte!!!jajaj
sd 6-1 poulo
xauuu

Óscar -

E ahora a polo Poulo...o domingo ás seis da tarde a SD de novo na segunda praza!!
Seguide así que estades a facer un fenómenal tempada. Sorte!!

Quintás (Cire Melide) -

Moi boas.Noraboa polo resultado. Acabo de atopar o voso blog. XA o añadin nos nosos enlaces, gustaríame que añadisedes o noso nos vosos:
ciremelide.blogspot.com
graciñas, un saudo.

paseo -

parece q as broncas de kike son efectivas!!!
volve o bo fútbole aer se seguimos asi q este ten q ser o noso ano a pesar das lesions q estams a sufrir
ANEMO RAPACES!!!