PREVIA ARZÚA - SD PONTE CARREIRA

Domingo 15, 16:15 h. , O Viso (Arzúa) Chega a SD a este encontro fronte o Arzúa no mellor momento da tempada despois de colleitar duas vitorias consecutivas e abandoar a derradeira posición da taboa que agora obstenta o Cire Melide. Pero non o terá nada doado o cadro de Kike, pois o CSD ARZÚA non sabe o que é perder nos seus sete últimos enfrontamentos. Na primeira volta, o partido xogado na Chousa, acabou cun empate sen goles, pero os arzuanos xa deron mostras do perigo que teñen os seus dianteiros. Pola sua parte, os carreirenses, parece que van esquecendo esa alarmante falla de gol e viaxarán ó Viso con todos os efectivos para poder acadar tres puntos que o alonxen da zona baixa da táboa. O Domingo 15 a partir das 16:15 horas no campo do Viso esperamos de novo a marea azulona que nunca abandoa a SD PONTE CARREIRA. CORAZÓN AZULÓN!!!!!
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: Castor
Noutro asunto, q vos parece a baixada do prezo da leite?
Fecha: 13/03/2009 15:35.
![]()
Autor: Xoan do Spiño
O do leite é unha verguenza chico, non hai xustiza no mundo
Fecha: 13/03/2009 15:39.
![]()
Autor: Marcelino Helena
O do leite xa non te nome amigo, e aquí en England ainda x riba stá polas nibes.
Fecha: 13/03/2009 15:46.
![]()
Autor: Felpeto
Fecha: 13/03/2009 15:50.
