Recomenda esta páxina                                                                                                 Envía un e-mail

ALTO VOLTAXE (5 - 0)

20080429122122-gonzalo-remata-a-porteria..jpg

  ALIÑACIÓN: Manolo, Michel, Lino, Chino, Meixide, Raul, Cristian, Marco , Daniel, David Gómez e Gonzalo.
  SUPLENTES: Martín, Budiño e Lano.

 GOLES: 1 - 0 David Gómez, 2 - 0 Gonzalo, 3 - 0 David Gómez, Gonzalo, 5 - 0 Daniel.

  Encarrilaba o partido a SD PONTE CARREIRA que xa no descanso con goles de David e Gonzalo  gañaba con claridade, cimentando a victoria nun gran ataque  e sen permitir os locais apenas acercarse a portería defendida por Manolo. 

  Na segunda metade os locais volcados sobre a portería visitante e marcando un ritmo de menos a máis, dispón de innumerables ocasións de gol e deste xeito consegue facer o terceiro gol os poucos minutos da reanudación. Os dianteiros de kike continuan dando avisos en sendos disparos ante a pasividade da defensa visitante e ata se permiten errar un penalti que Daniel envía a esquerda do meta do Vizoño B.

  Os carreirenses non alteran o seu sistema de xogo e seguen creando moitos ocos onde Daniel e Martín a base de cintura fan estragos. Así nunha internada pola esquerda o centro do bravo interior esquerdo rematao Gonzalo o fondo das mallas.

  Antes de que o colexiado sinalara o remate do encontro Daniel faría o quinto da maña para o cadro azulón.

  Resultado corto para a Sd que ben puido meterlle un serio correctivo a un Vizoño B que en ningun momento amosou sinais de perigo. O vindeiro Domingo a SD PONTE CARREIRA visitará Vilamaior nun encontro que se disputará ás 17.00 horas e si o fútbol é xusto....permitirá o MERECIDO ASCENSO A SEGUNDA. FORZA SD!!!!!!!

Martes, 29 de Abril de 2008 12:21 Autor: sdpontecarreira. Sube. Tema: CRONICAS.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Psycko

veña amigos este ano mereceuse máis pero se non é directos ascenderemos promocionando. aproveito este portal pra mandar ánemos a jimi pra q se recupere do incidente pre champiñonil. estamos contigo!!!

Fecha: 29/04/2008 13:03.


gravatar.com
Autor: ALBERTO

Si o futbol e xusto ascendera o que mais puntos teña,e decir o que mais partidos teña gañado,no o que meteu mais goles ni o menos goleado. e neste caso o que mais puntos ten e o CIRE MELIDE.
Para o ano propoñedelle a federacion que ascenda o equipo mais goleador.
"QUE DIOS REPARTA SORTE, E SE PARA O CIRE MELLOR"

Fecha: 29/04/2008 20:22.


gravatar.com
Autor: ninguen

Alberto: Evidentemente, non vai ascender o que máis goles metera, senon o que máis puntos teña, ninguén dixo o contrario, asi que non fai falta que escribas con ese "tono retórico"

Fecha: 29/04/2008 23:31.


gravatar.com
Autor: de melide

eu volto a dicir o mesmo, porque non suben dous equipos directos, en case que tódolos grupos de terceira suben dous e incluso tres, na zona da coruña tenos marixnados, e o pior de todo e que se subes a segunda poden baixar sete ou oito como este ano, teñen que facer dous grupos da coruña senón non ten xeito, veña sortiña

Fecha: 30/04/2008 13:04.


gravatar.com
Autor: ango

Aupa Aponte

Fecha: 02/05/2008 00:12.


gravatar.com
Autor: eu

veña qe ascendemos!!!!!!!!!!!

o cire pincha!!!!!!

Fecha: 04/05/2008 16:07.


gravatar.com
Autor: Cire

Somos de segunda!!!Sorte na fase!!Espero k ascendades para vernos arriba tamen!

Fecha: 05/05/2008 13:42.


Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.