RESULTADO CÓMODO(4 - 0)

ALIÑACIÓN: Manolo, Budiño, Lino, Gonzalo, Meixide, Kiko, Martín, Marco , Cristian , David Gómez e Zaca.
SUPLENTES: Elías e Lano.
GOLES: 1 - 0 David Gómez, 2 - 0 Kiko, 3 - 0 Zaca, 4 - 0 Elías.
Tarde soleada e apetecible para a práctica do fútbol a vivida este domingo na Chousa. Non parecía un partido de trámite nin moito menos o disputado fronte a un Oza dos Ríos que sempre se mostra moi valente contra os equipos da parte alta da táboa, pero os xogadores da SD amosaron a sua mellor cara e acadaron os tres puntos nun partido que puido acabar en goleada.
Comeza o encontro con iniciativa dos locais que xa nos primeiros 15 minutos dispoñen de varias ocasións claras de gol por medio de Zaca e un inspiradísimo David Gómez. O cadro local chegaba unha e outra vez buscando sempre a verticalidade e sentido no pase onde nos deradeiros 20 metros era unha constante fonte de recursos e David, Zaca, Martín e Cristian rompían o entramado defensivo visitante, e asi no minuto 32 unha falta que saca Kiko dende a esquerda e enviada ó fondo das mallas por David Gómez.
O Oza dos Ríos pola sua parte, apenas inquedaba a portería local, agás nun disparo lonxano que Manolo despexa sen apuros. A Sd, ante a pasividade visitante, continua chegando polas bandas onde Martín encontra unha autopista para pór esas asistencias ás que nos ten acostumados, e así nunha internada pola dereita o cancerbeiro visitante comete un claro penalti sobre David que Kiko transformaría no 2 a 0, resultado co que se chegaría o descanso.
Na prolongación, o equipo carreirense, cun Oza totalmente entregado, continua cun dominio abrumador e non tarda en facer o terceiro gol da tarde por obra de Zaca, que acto seguido deixaría o seu sitio a Elías recibindo unha calurosa ovación. O partido queda totalmente destrozado e ás ocasións son constantes, metidos totalmente no partido e recordando os mellores tempos da Sd, con intensidade e despregando un fútbol raseado que fai levantar das bancadas os siareiros locais.
Estaba sendo un partido no que tan só había un equipo sobre o terreo de xogo e non era outro que o PONTE CARREIRA, mostra desta superioridade é que o porteiro visitante se converteu no mellor xogador do Oza. Con Lano no campo en deprimento de Marco, os pupilos de Kike conseguen o 4 - 0 ó transformar unha pena máxima por medio de Elías.
A SD PONTE CARREIRA desprazárase o vindeiro Domingo a terras ordenses para enfrontarse ó Poulo ás 17.00 horas. A SD NUNCA CAMIÑARÁ SOA!!!!!!!
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: marcos
SEGUIDE ASI E SOMOS DE SEGUNDA.
SI SI SI ESTE ANO SI!!!
Fecha: 15/04/2008 12:10.
![]()
Autor: Internauta
Por outra parte, quero pensar que son falsos os rumores que din que o Toques recibiu primas polo resultado acadado ante o Pontecarreira. Sería moi triste e PATÉTICO ter que recurrir a esas maniobras para acadalo ascenso.
Fecha: 15/04/2008 18:22.
![]()
Autor: arre raio señora
Dous enfrentamentos directos e 2 derrotas!!!!!
Dades pena, a chorar ó parvulario, x certo algún ainda debe andar nel
Fecha: 15/04/2008 20:44.
![]()
Autor: chiringuitero
Fecha: 16/04/2008 02:26.
![]()
Autor: entendido
o cire no consegue os 12 ptos ni de coña...jaja
antes salvase o levante!!
Fecha: 16/04/2008 10:33.
![]()
Autor: FORZA CIRE!!!!
FORZA CIRE!!!!
FORZA BRIGADAS AZUIS!!!!!
Fecha: 16/04/2008 14:41.
![]()
Autor: FORZA CIRE!!!!
FORZA CIRE!!!!
FORZA BRIGADAS AZUIS!!!!!
Fecha: 16/04/2008 14:42.
![]()
Autor: Dominó
Fecha: 16/04/2008 20:00.
![]()
Autor: Outra vez o chiringuitero
Se o árbitro vos axudou contra o Sobrado pois recoñecédeo, tampouco é nada malo; o que conta é o resultado e xa está, levades os 3 puntos pa casa, felicidades, xa podedes durmir tranquilos
Fecha: 16/04/2008 21:23.
![]()
Autor: un de melide
Fecha: 16/04/2008 22:05.
![]()
Autor: o chiringuitero
en fin, sólo queda dicir o mítico de "que gañe o mellor", a poder ser a SD, claro
Fecha: 16/04/2008 22:29.
